Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 17:47

[/b][b] 😉 A sostibilidade e algo do que escoitamos falar a cotío e todos estamos dacordo en que é imprescindible se queremos preservar a habitabilidade do noso planeta. Hai varios camiños a seguir para acadala e ningún deles exclúe os outros: eficiencia, coherencia e suficiencia.
Eficiencia: mellor aproveitamento da materia e da enerxía, é dicir, conseguir unha maior productividade dos recursos materiais (facer o mesmo con menos recursos e menos degradación ambiental, reducir o impacto das nosas actividades). Coherencia: promover tecnoloxías compatibles coa natureza que aproveiten os recursos sen destruíla. Suficiencia: menor consumo deses recursos a través dunha menor demanda de bens materiais.
A esperanza está posta sobre todo na eficiencia: facer máis con menos, máis km coa mesma gasolina, máis traballo coa mesma enerxía… Pero se queremos que o impacto sobre a biosfera non supere o que pode soportar, isto non será suficiente. Haberá que aceptar restricións e austeridade no consumo e buscar estratexias de aforro a través de cambios no noso comportamento como consumidores. Isto significa someterse a unha privación individual para conseguir un beneficio colectivo, e podemos atoparnos con barreiras á hora de poñelo en práctica:
a) Cando se produce un crecemento exponencial (problemas e deterioro ambiental) as consecuencias parecen lonxe aínda nos momentos en que é inminente, porque nas últimas fases se acelera moito.
b) A degradación ambiental é o resultado conxunto de múltiples e moi dispersas accións individuais (un fumador si percibe o dano na súa saúde, pero o incremento da contaminación por un desprazamento en coche e menos clara).
c) Como somos moitos non podemos estar seguros das condutas dos demais, de forma que á hora de elixir entre solidariedade e austeridade ou pasar, elíxese a segunda.

Austeridade pode implicar decantarse por obxectos que duren máis, reparar en lugar de substituír, cambiar os nosos fogares sobreequipados (temos toda a variedade de electrodomésticos aínda que se usen pouco) e naqueles casos que sexa posible, compartilos a nivel comunitario incluso, optar polo aluguer en lugar da compra e outras medidas que impliquen menos despilfarro e menos residuos.
Que opinades, cando a tendencia xeral é máis, máis grande, máis rápido…? Que nos movería á austeridade?
Credes que o motivo do noso consumismo é sempre por necesidade e por utilidade ou hai unha compoñente importante de necesidade psicosocial (status, recoñecemento)? Tamén parece que se mide o noso benestar pola abundancia; pensades que inclúe unicamente riqueza de bens?
[/b][b]

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 18:15

Na miña opinión, o principal motivo que nos leva ao consumismo, non é a necesidade en si, senón que son os motivos máis persoais e sociais os que nos levan a adoptar este comportamento que o único que nos aporta é unha mellor visión social para outras persoas pero ningún beneficio para a nosa sostibilidade.Por outra parte en canto ao tema do noso benestar opino que non ten nada que ver o benestar persoal de cada un coa abundancia de bens materiais que esa persoa posúa.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 18:21

Na miña opinión moitas veces cando a xente compra algo non é só por necesidade. Está claro que precisamos mercar cousas pero hai veces que o facemos influenciados polo "que pensarán os demais?". Na sociedade na que vivimos, a imaxe é todo e parece que abundancia é sinónimo de felicidade pero en realidade, as cousas pequenas son as que nos fan grandes.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 18:41

Na miña opinión creo que o que de verdade nos leva ao consumismo, é a imaxe que damos ao exterior ,porque por exemplo para desprazarnos poderíamos comprar un coche barato que total fai a mesma función,pero como o que importa é a imaxe optan por comprar un audi ou un BMW que é un coche de maior calidade.Por iso que o que compramos, a maior parte das veces non é porque no faga falta senón para dar boa impresión.
Eu creo que o benestar non o ten o que máis abundancia ten ,senón aquela persoa que menos necesita para vivir.Porque de que che vale ter moitas cousas se a túa vida e igual que si tiveras a metade e outro cun cuarto das cousas vive moito mellor.

fab-noelia-
fernandez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 19:38

Eu comparto opinión cos meus compañeiros, tamén penso que unha gran parte das cousas que mercamos non son por necesidade realmente, senón pola imaxe que queremos dar na sociedade, de haí que se merquen tal cantidade de coches de alta gama, a roupa de diseñadores, vivendas, etc, eso é o que realmente nos leva a ser unha socidade consumista.
En canto a ao do benestar, penso que non ten que ver coa abundancia, pero si reconocozco que a case todo o mundo lle gusta ter cousas aínda que non sexan realmente necesarias para sentirse máis cómodo, pero en realidade non é o que se necesita para ser feliz, hai moitas cousas non materiais que sí que son realmente importantes.

fab-laurar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 19:38

Eu penso que a xente non compra por necesidade. É certo que se compran cousas que son necesarias, pero máis da metade do que a xente compra non é indispensable. Moita xente compra cousas pola apariencia que dá aos demáis, comprando marcas caras poidendo comprar a mesma calidade por un precio moito máis baixo. Ésto é debido a que queremos encaixar nunha sociedade pensa que hai que consumir para ser feliz.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 19:51

Como di Laura, penso que actualmente, a xente non compra por necesidade. Compramos cousas por necesidade, é certo, pero tamén hai que recoñecer que moitos dos utensilios que temos non os precisamos, simplemente os temos ahí porque nos gustan ou son un capricho. Así non nos damos conta de que fomentamos que o capitalismo medre máis e máis. Na sociedade actual, desgrazadamente, dáselle máis importancia aos bens materias, por que? Porque os relacionamos co estatus social ou coa riqueza sentimental, sen ter nada que ver. Non por ter máis imos ser máis felices, ou imos aprender a vivir mellor. Penso que nos deberiamos concienciar máis nestes aspectos, intentando poñer da nosa parte, buscando solucións na investigación e nas novas tecnoloxías, deixando a un lado os nosos intereses materiais, e moitas veces, innecesarios.

fab-laurag-
onzalez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 9, 2011, 22:53

Na miña opinión tamén penso que a xente compra cousas caras para encaixar e destacar na nosa sociedade, sabendo que moitas das cousas que compran só as usarán unha vez ou ningunha. Creo que en vez de satisfacer os nosos caprichos, deberiamos preocuparnos por outros problemas que están afectando gravemente a nosa sociedade.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 00:09

Estou dacordo cos meus compañeiros, compramos cousas sen necesidade para satisfacer cousas que cremos que son necesarias eu creo que a vida debería ser totalmente diferente,sen marcas, sen tantas diferencias sociais; que por exemplo se queremos adquirir un coche que sexa igual para todos aínda que a todos nos gusta ter un BMW o un Audi como di Adrián pero porque nos deron esa educación porque a veces pensamos que mirar os anuncios non nos fai efecto( dirixindome a que nos dan ganas de comprar os productos que se anuncian ) pero en realidade si, xa que a todos nos gustaría ter un bmw porque eso implica mellor imaxe como di María, pero creo que o progreso non sería posible sen un sistema capitalista ou mixto como temos aqui en España, polo tanto que os avances tecnolóxicos non se producirían sen él.

noguecatoi-
ra
Newbie
Mensajes: 1
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 00:40

A todos nos gusta ter cousas bonitas como camisetas,xoias, coches... Pero, temos que ser máis solidarios e envez de gastar esess cartos en "darse luxos" axudemes a outras persoas que o necesitan máis que nos mesmos

Noguecatoira

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.