Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
faa-mariac-
garcia
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 14:52

Eu creo que a crise económica axudou moito a que compremos por necesidade e non por simple capricho.
No futuro coa crise comprarase moitos menos produtos sen necesidade xa que os prezos van ir aumentando e xa non nos fixaremos se é de marca ou non,fixarémonos no produto que sexa máis barato para non gastar tanto.

faa-mariac-
maquieira
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 15:18

A crise económica si axudou moito, hoxe en día recapacitamos máis si realmente necesitamos o que queremos comprar e tomamos a molestia de comparar prezos. Nun futuro si seguiremos pensando o que en realidade precisamos para compralo non comprar por capricho, pero si nos recuperamos da crise moita outra xente esquecera o pasado para volver a comprar sen límites.

faa-rubeng-
onzalez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 18:10

Eu creo que e moi dificil que se consiga cambiar o costume que temos de despilfarrar todo, e de comprar cousas que non necesitamos, dende logo isto (en parte) non e culpa nosa, a maioría dos obxectos que compramos teñen "fecha de caducidade", e dicir, están fabricados para que nun determinado momento se lle acabe a sua vida útil e teñan que ser reemplazados por outros. Como conclusión diría que as grandes coorporacións e empresas apoian o despilfarro, así que, se por algún sitio ai que empezar para solucionar este problema e por ahí.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 18:43

Pois eu creo que o consumo é un motor fundamental para a economía haxa crise ou non. Como ben din moitos dos meus compañeiros a crise axudou a regular a demanda de moitos produtos que non precisamos e que mercamos por capricho. Tamén é certo que antes cando queríamos mercar algo como un coche recorriamos a aforros mentres que agora pedimos prestamos a bancos,créditos, etc. Algo racional sería que cada familia se axuste os ingresos que teñen e antes de mercar algo que non van empregar ou non lles é necesario que o pensen. Para min o consumo é un problema sen solución.

fab-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 19:49

O consumismo vese afectado pola crise xa que a maioría da xente está afectada polo paro e por tanto ten baixos ingresos. Esto impídelles comprar caprichos e fraccionar o seu diñeiro para ter unha calidade de vida digna. Eu creo que nun futuro os consumistas, ou sexa nós, veremonos influídos por máis factores que nos inciten a consumir así que o consumismo e un factor irradicable.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 19:55

O benestar, non se mira pola riqueza, sen embargo, esta claro que a xente que non se pode permitir mercar as cousas que lle gustan, viaxar... pasarao peor que os que si o poden facer, mais con todo, a felicidade ven por outros lados: a familia, os amigos, a saúde...Non é máis rico o que máis ten, se non o que menos necesita, e é certo.
Os carton no o mercan todo, e é moi frutrante no coñecer o amor, estar enfermo e non poder curarte, mentras coleccionas coches de luxo, e para que?? Os cartos son insubstanciais, e inda que son necesarios, a xente debe pensar que debe facer con eles, en que invertilos, e non subirse o carro do consumismo ni da obsolescencia programada.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 20:36

A crise non é máis que un reaxuste nas conciencias das persoas que o único que facian era desmadrarse pedindo préstamos para comprar un BMW e agora estanno a pagar, pero porque o buscaron así a maioria das persoas. A xente debe aforrar nos tempos de bonanza sen embargo son uns incosciente e crean as súas propias tumbas financieiras, inda que tamén e certo que outros simplemente tiveron mala sorte, pero se no foran tan inconscientes non lles iria tan mal.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 21:10

Claro que axudou. Se hay crise, non hai cartos, e se non hai cartos non podemos comprar todo o que queremos. O problema da crise é que quixemos gastar máis do que tiñamos, e agora o estamos pagando, tanto a sociedade como o estado. Co pouco que temos nestes instantes non nos queda máis que aforrar, comprar con cabeza e deixar tanto consumismo inservible.

faa-iagopa-
z
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 11, 2011, 23:12

Dende o meu punto de vista penso que a crise limitou os nosos recursos pero non chegou a alterar o noso consumismo. Creo que a nosa sociedade occidental e a propia esencia do ser humano lébanos a mostrar a nosa posición social através das nosas pertenzas e bens materiais, o que dexenera en un aumento constasnte das compras innecesarias e recursos derrochados, e cando pasemos a crise volveremos a consumir da mesma forma incontrolada.
Sen dúbida as grandes multinacionais e os gobernos bombardeannos con publicidade e mensaxes subliminais, intentado fomentar este pensamento consumista.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 12, 2011, 12:41

Sí, claro que a crise económica axudou a que as persoas non consumisen tanto,agora, a maioría da xente compra o necesario, e se compra algo máis párase a mirar o prezo ou se de verdade o necesita.
Mais creo que, nun futuro, se a crise se soluciona e a xente volve a dispoñer de máis recursos, seguirá a consumir como o facía antes.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.188 segundos.

Os comentarios están pechados.