Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 18:54

Vivimos nunha sociedade consumista dentro dun sistema capitalista. O obxetivo primordial de calquera empresa é a obtención do máximo beneficio, teña as consecuencias que teña.
Quero utilizar a frase ''o diñeiro non dá a felicidade'', eu persoalmente creo que non, pero hai moitas persoas que están convecidas que sí,que cantas máis cousas teñas, máis feliz es.
Esta (entre outras) é unhas das cousas que nos levou a esta situación, durante moito tempo mercábamos sen pensar,sen ter necesidade delo, e os banqueiros sacaban o beneficio cos préstamos ''lixo''.
Pero ao fin e ao cabo todos temos culpa desta sociedade, porque todos preferimos unha BlackBerry ou Iphone, ou unha prenda de roupa dunha marca boa, aínda que ao mellor non nolo poidamos permitir.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 19:11

O de que os aparatos electrónicos fallen ou se estropeen en pouco tempo non é ningún fallo do fabricante nin da distribuidora, todo o contrario. É un táctica moi ben planeada por empresarios, fabricantes e diseñadores para obligar ó consumidor a volver a tenda a comprar un modelo novo. Esta táctica coñécese como obsolescencia programada. Dende o punto de vista dos empresarios é comprensible que si fan un producto moi resistente e duradeiro non vain a obter unha gran ganancia, xa que se nunca se estropea o consumidor non ten ningunha necesidade de volver a comprar outro... Por exemplo, nesta noticia descubrían que nalgunhas impresoras os fabricantes colocan un chip que, despois dun número de fotocopias, fai que a impresora falle.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 19:52

Unha persoa pode actuar individualmente na sostibilidade en dous dos factores que a forman: na protección do medio ambiente e na responsabilidade social. No primeiro, un individuo actúa, por exemplo, reciclando,utilizando medios de transporte públicos, aforrar enerxía, etc.
A responsabilidade social consiste no compromiso e obrigación que unha persoa ten que asumir ao tomar unha decisión que provocou efectos negativos ou positivos na sociedade.

fab-rosamm-
illan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 20:09

Se nos fixamos ben as persoas de maior idade non tenden tanto o consumismo xa que na súa época non se podían permitir moitas cousas ,en cambio cas melloras económicas dos últimos anos e o aumento da publicidade na nosa vida diaria estamos caendo nunha espiral de consumismo.Con estos sucesos as empresas usan a obsolescencia programada e crean novos modelos de tódolos seus productos de maneira continua.E todo este problema non o crea ninguén máis ca nós,polo que eu creo que deberíamos controlarnos o comprar de forma impulsiva un producto que nin sequera nos fai falla.Na miña opinión para solucionar este problema a publicidade debe de estar máis regulada e ser máis realista a hora de comercializar os seus productos,xa que nos puntos de venta o que ofertan non ten nada que ver con como o anuncian na TV por exemplo.E nos debemos de non ser tan manipulables a hora de seguir modas pasaxeiras e temos que pensar por nos mesmos a hora de mercar un producto.
Ten fácil solución pero nadie quere renunciar a este "privilexio" xa que estamos nunha xeración na que o consumismo está moi arraigado na nosa sociedade.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 20:12

Co tema dos cartos entramos nunha polémica: non traen a felicidade pero si os perdes sí a leva, tamén entrariamos no tópico de que os cartos non o mercan todo, que na miña opinión é practicamente mentira: mercanno todo excepto a saúde e a felicidade.
Dende logo a xente o único que quere é ter máis, e os bancos non deixan de ser unha empresa que busca o seu propio beneficio, e prestarlle os cartos a uns inconscientes para mercar un piso e un BMW, non quere dicir que teñan eles a culpa da crise, porque, como xa dixen, só buscan o seu beneficio, e ca crise perderon millóns de cartos, así que, a culpa foi dos que pedian unha hipoteca para a casa, un crédito para o coche, un microcrédito para a moto, un prestamo persoal para a pagar a hipoteca cando non lles chega...Para mercar unha cousa, hai que ter os cartos, se non endeudaraste para a túa vida.
O que temos que ter claro, é que cando tes unha cousa, non a queres, pero se non a tes, sí. Os millonarios( Bill Gates, Amancio Ortega, Jobe) non son felices, inda que intentar encher ese vacio mercando cousas, como os 6000 coches do Sultán de Brunei, que pasa deses coches e eu desexaria tan so velos, e faríame máis feliz velos, que a él telos.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 23:15

Basándonos en que unha das características máis descacables do ser humano é a necesidade da satisfacción das súas necesidades, tanto primarias como secundarias, as personas nunca nos sentiremos ralmente satisfeitos por moitas cousas que compremos, sexan de última tecnoloxía ou non, sen importar o formais ou conscientes do que supón o consumir compulsivamente.
Esta sociedade, dende o meu punto de vista, para evolucionar a mellor e conservar esta calidade de vida debería respetar máis as cousas, sen ser tan egoístas, apreciar o que ten pensando nos demáis, se todos actuáramos así, de maneira más responsable e pensando no futuro, pode que as cousas cambiaran.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 23:28

Eu sempre dixen que "os cartos son o principio de (case) tódolos problemas...sabemos que nos fai máis felices cubrir unha necesidade non esencial ca unha que si o é e que en certa medida temos unha necesidade real dela.
Todos compramos, tiramos e volvemos comprar productos ,que non nos son esenciais, para encher aquel oco da felicidade que sistematicamente volve a quedar baleiro. Isto débese á incapacidade do ser humano de sentirse pleamente satisfeito. Pero tamén é debido á ignorancia da sociedade, que nos deixamos manipular fácil e inconscientemente a sabendas (en determinados casos) de que a adquisición dese producto nos fará sentir ben ,nun principio, pero que logo o rehusaremos; un exemplo de masificación: as Blackberry.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 15, 2011, 23:54

Discrepo cobre o que Sandra di de que nos fai feliz cubrir unha necesidades secundaria, como ben pode ser mercar un teléfono móbil. A xente quere ir a "última", inda que preferiría non gastar os nesa cousa; EX: cando mercas roupa de outono en outono, e carísima, sen embargo se a mercas en inverno e a deixas para o ano que ven, nas rebaixas, mercaría máis por moito menos, pero non irías a moda.
Como xa dixen antes, todo isto é un invento das multinacionais, chamado obsolescencia programada.
En California, nun departamento de bombeiros, hai unha bombillo que leva 70 anos funcionando, é unha das primeiras bombillas, sen embargo, a mesma marca, ordeou os seus investigadores, que conseguiran que a perfecta bombilla, deixase de funcionar en menos de 10000 horas de uso, senon remataría o negocio, para que matar a galiña dos ovos de ouro? Outro caso, son as in impresoras e fotocopiadoras, que teñen un chip que se adica a contar o número de impresións, e en función do que che custe o aparello, o tope de impresións sera maior ou menor, e cando remata, simplemente deixa de funcionar.
Todo está pensado no negocio, e cos móbiles, fan moi parecido, sacan un mellor, pouco despois de cubris as espectativas do anterior.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 16, 2011, 01:01

Non dixen que nos fixera plenamente felices cubrir unha necesidade secundaria, se non, que no momento en que cubrimos esa necesidade en principio si nos sentiriamos satisfeitos, pero logo xa non.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 16, 2011, 16:03

A todo o mundo nos parece atravtivo ter o último en tecnoloxía, e cando vemos a unha persoa que ten algún teléfono móvil(i-phone, samsung galaxi...), un i-pad ou algun elemento de última tecnoloxía que nos non temos, mostramos certo interés. Pero de verdade necesitamos nos todo iso, a verdade e que os últimos aparellos electrónicos facilítannos moito a vida, pero, vivimos ata agora sen eles, para que os necesitamos? temos un telefono e un ordenador que funciona perfectamente, cado deixen de funcionar xa podemos mercar o último en tecnoloxía, por que hai que ter outro factor en conta, que podemos comprar un móvil, pero ó mes seguinte, xa non será o último en tecnoloxía...
Temos que comezar a ser máis responsables, e pensar se de verdade precisamos todo o que mercamos.
Eu creo, que nos, sendo a nova xeración, sendo o futuro, debemos concienciarnos nos e os nosos amigos de que non e preciso ter o último en tecnoloxía, que con mercar cando o precisamos é suficiente, por que aínda que merquemos todo, nunca vai ser suficiente.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.086 segundos.

Os comentarios están pechados.