Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8]
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fab-aracel-
ilores
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 16, 2011, 19:45

Vivimos nunha sociedade consumista, no que todos (ou case todos) desexamos ir a última e ter os mellores aparellos que saen a venta. Isto pode converterse nun problema cando se fai de forma continua, converténdose nun problema psicolóxico que sofren cada vez máis persoas, cando compran sen control. Os xóvenes somos un dos sectores mais proclives a practica da adicción consumista, comprando cousas que nunca usaremos. O que debemos facer é reflexionar das cousas que realmente necesitamos, antes de compralas, comprar o que realmente vaiamos a usar e non comprar por comprar.
Todo isto ven dado pola moda que o mundo quere que sigamos. Cada un ten que ser como é, non como o mundo quere que vistamos, que móbil deberiamos ter, que coche...

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 16, 2011, 20:51

Eu penso que é certo que todos queremos ter sempre o mellor un exemplo é o que ocorre coa tecnoloxía. Certo é que hai aparellos que están feitos para se empregar durante un período de tempo curto e outros que practicamente duran toda unha vida todo isto depende dos factores que se dan na sociedade.
Cando saíron os primeiros móbiles o mercado eran todos iguais e tiñan a mesma función a de chamar eu coñezo caso de persoas que levan máis de 8 anos co mesmo móbil. Agora na actualidade teñen máis función que a de chamar como a de usalo como reprodutor mp3, cámara fotográfica, etc... Despois disto chegas a conclusión de que nunca vas a ter o mellor xa que as cousas sempre están en proceso de innovación.
Antes de comprar o que sabemos que un capricho e non precisamos é mellor que o pensemos dúas veces.

faa-borjav-
arela
Newbie
Mensajes: 1
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 17, 2011, 12:51

Creo que o consumo é fundamental para o crecemeto da sociedade pero tamen as empresas en vez de intentar que os consumidores comperen tan amenudo fixeran inventos que durasen máis xa que si duran moi pouco ó final convertese en vasura que é moi dificil desfacerse dela e acumulase nos vertedeiros das cidades é asi teñen un impacto ambiental tanto visual por ver esos vertedeiros cheos de vasura como polo feito de que esos restos poden acabar contaminando o solo e si se queiman tamen a capa de ozono

faa-xosema-
rtinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 17, 2011, 13:47

Cada vez vivimos nunha sociedade máis consumista, promovida por empresas e multinacionais de todo tipo que o que fan é cambiar cada pouco tempo de productos para enriquecerse a partir da xente, xa que os compra só pensando que son novos e están de moda sen case pensar no seu prezo, e que poden vivir perfectamente sen eles. A esta práctica é moi difícil poñerlle freo, xa que a innovación é crucial para ó noso desenvolvemento, pero si que as persoas podrían parase a pensar no que máis lle convén, sobre todo nos tempos que corren.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 17, 2011, 13:54

Actualmente estamos nunha cultura de usas e tirar, e dicir, que hoxe compramos isto pero mañán pasou de moda e tirámolo a basura. Este feito proboca que usamos os recursos do planeta de unha maneira acelerada e eu case diria descontrolada e nun futuro non moi lexano pois teremos falta de recursos como o petróleo que e a fonte de enerxía que nos permite fabricar e transportar todos os productos que compramos. Esta tendecía xa é moi difícil de remediar xa que todos decimos iso de que o consumismo e malo pero a o final sacamos o carne de coche e queremos un BMW mellor ca un SEAT por exemplo e o mesmo cos móbiles, a roupa,etc. A parte disto as multinacionais queren ganar mais diñeiro o cal pois sempre melloran os productos para que asi os cidadáns pois merquen outravez e aumentar os ingresos.
Un dos problemas que ten o consumismo e que fai os cidadáns mais egoistas e sempre queren ser os mellores en todo tanto as multinacionais como os cidadáns de apé. Eu afirmaría que na actual crise moita da culpa tena o consumismo o que fixo que moitas persoas se edeudasen asta as orellas para a aparentar o que non son e na actualidade moitas persoas deben diñeiro de todo o que teñen. Na miña casa sempre escoitei este refrán:"non todo o que reluce e ouro" e tal e como vexo as cousas con esta crise pois é verdade.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 18, 2011, 00:44

Vivimos nunha sociedade consumista na cal nos gusta comprar todas as novedades do mercado, a maioría das veces
adquirimos artículos que nunca imos a usar ou é innecesario renovar, contribuíndo a formar grandes vertedoiros de lixo.
Na miña opinión o consumismo é bo pero dentro dun límite, xa que mantén postos de traballo e favorece a investigación
en xeral. Pero comprar algo que nunca vas a usar e gastar os cartos danando lixeiramente o medio ambiente.

faa-manuel-
busto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 18, 2011, 18:27

O esgotamento do petróleo é só unha mostra da non sostenibilidade da nosa sociedade consumista,en realidade estamos a esgotar practicamente de todo, os bosques, os caladoiros de pesca, recursos minerais…
Na miña opinión a xente non se tomará en serio as consecuencias que isto pode traer ata que se esgoten determinados recursos , por iso debemos darnos conta que desta maneira non imos por bo camiño, e debemos cambiar este sistema de consumo desenfreado para deixar un mundo en condicións ás xeracións futuras.

faa-luismd-
oval
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 19, 2011, 00:39

Eu opino que moitas cousas non as necesitamos,pero nesta sociedade importa moito a apariencia,e tamén mercámolas ao verllas a outra xente,porque sentimos a necesidae de telas nos tamén.
Pensamos que así somos máis felices e crémonos ,tal vez,máis importantes cando non é así.Podendo comprar outras cousas de non tanto nome e que teñen a mesma función e que che duran o mesmo ca unha de marca.Moitas cousas non son tan necesarias na nosa vida pero unha vez que as temos, pasan a selo,cousas das que poderiamos prescindir perfectamnte na nosa vida, ou simplemente necesidae de comprar algo por comprar,por un capricho do momento e que ao mellor nen se quera o imos usar.

faa-juancs-
ineiro
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 19, 2011, 13:07

eu creo que, moitas veces mecamos as cousas porque é a tendencia social ou porque están de moda. Pero tamén creo que é produto das publicidades. Tamén penso que ter cousas de última xeneración é bo porque nos permite ter unha mellor tenoloxía e se a aprobeitamos ben é útil.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 19, 2011, 20:07

Seguiremos traballando este tipo de temáticas en futuros foros, pero que quede moi claro que a sociedade empeza a cambiar por un mesmo

Páginas: First << 5 6 7 [8]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.082 segundos.

Os comentarios están pechados.