Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Compromiso cidadá e sostibilidade TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 00:47

😉 NOVA CUESTIÓN.- Pero que é o que vos leva a cada un de vos a comprar sen ter unha verdadeira necesidade ou ben a tender a comprar as cousas de marca en lugar das máis económicas?

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 01:25

Coincido con todo o que din os demais, o consumismo parece que é a base das nosas vidas, sempre intentando ter un estatus social, cando o que en realidade importa non é eso. A nosa vida acadaría máis riqueza con menos. Dámoslle demasiada importancia ao que non deberíamos e moitas veces dámoslle a espalda ó que realmente importa.
A maioría das veces eliximos o camiño máis fácil, podendo arranxar as cousas compramos outras novas. Si se che rompen uns tenis, a maioria da xente xa compra outros podendo optar por ir ó zapateiro. Non digo que o capitalismo sexa malo, está claro que por necesidade tamén temos que comprar, pero nada en exceso é bo.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 01:31

o que nos leva a cada individuo a comprar sen necesidade ningunha e cousas de marca en vez de cousas económicas é a importancia que lle damos á opinión que as demais persoas teñan sobre nos, en vez de importarnos que a nosa imaxe á única persoa á que lle ten que gustar é a nos mesmos,e que podemos ser iguais sen ter que posuir cousas de marca.

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 01:33

Supoño que o que nos leva a comprar sen verdadeira necesidade é o capricho de que si esa persoa ten eso, eu tamén o quero ter. Un claro exemplo é a revolución das Blackberrys que actualmente hai. Case a metade das persoas que coñezo teñen Blackberry. Eu non teño Blackberry e non vou morrer sin ela, pero mentiría se dixera que non teño ganas de ter unha.
Entre comprar cousas de marca ou máis económicas. Básicamente é algo estético, aínda que moitas veces o máis económico non ten tanta calidade.

faa-mariac-
garcia
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 14:15

Creo que as persoas compramos sen necesidade por simple capricho ou ben como unha forma de pasar o tempo.Algunhas persoas compran as cousas de marca por que soen durar mais que as cousas que non son de marca,aínda que a maioría das persoas compran as cousas de marca simplemente porque as levan os demais ou polo nome da marca.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 17:18

Dende o meu punto de vista estou de acordo con todo o que din os meus compañeiros, a xente compra cousas sen ter necesisdade delas, compramos por satisfacer os nosos desexos e destacar na sociedade, presumir de marcas e ter o mellor, creo que é o que move esta sociedade, o consumismo, axudando a fomentar cada vez máis o capitalismo.

fab-zoecac-
abelos
Newbie
Mensajes: 1
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 17:30

Na miña opinión abusamos dun consumo excesivo,de acordo cos meus compañeiros, a maioria dos productos que mercamos non os mercamos por necesidade se non porque o medio que nos rodea obriganos en certo modo a consumilos, vivimos nunha sociedade de consumo, e polo tanto estamos rodeados de anuncios que nos dan una idea do modelo de vida que queremos ter, incitándonos de ese modo a consumir excesivamente productos para sentirnos "mellor", penso que nesta sociedade o consumo é necesario pois é do que viven a maior parte das familias españolas pero ás veces esta ansia de consumo sobrepasa uns limites facendo que poida a chegar a ser un problema.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 19:22

Como ben dixo Iago, penso que moitas veces preferimos comprar cousas caras e innecesarias porque queremos ter unha boa fachada ante os demais. Para o qué dirán. Sabendo que en realidade, non gañamos nada. Só perdemos cartos intentando sentirnos mellor con nos mesmos, quedando ben diante da xente. Sobre todo, nestes tempos de crisis, é unha tontería gastar os cartos en cousas inútiles, en lugar de aforrar coa falta que temos deles.
Por outra banda, por que nunca intentamos ser máis solidarios? Refirome a axudar ás persoas necesitadas, aos países subdesenvolvidos que non teñen o que temos nos. As cousas cotidiás que nos parecen tan básicas, ás veces, non o son tanto. Nós fomentamos ao consumismo incontrolado, sen saber, que hai poboacións no mundo, que viven de forma paupérrima.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 20:05

😉 NOVO PLANTEXAMANETO.- Somos suficientemente conscientes do problema e responsables como para comprometernos a cambiar, a racionalizar o noso consumo de maneira voluntaria ou credes que é necesario que esas medidas nos sexan impostas dalgunha maneira?

Necesitamos campañas de información e educación cidadá para conseguir un cambio de hábitos?

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Compromiso cidadá e sostibilidade
on: November 10, 2011, 20:34

Na miña opinión sí que somos o suficientemente responsables como para cambiar e facelo sin que ninguén nos obrigue nin nos impoña unhas normas de consumo pero non creo que moita xente, por moi responsable e consciente que sexa dos seus propios hábitos de compra esté disposta a renunciar a esas satisfacción de ter algo novo e de marca co que poder chamar a atención e ter unha boa imaxe ante os demáis. Por iso creo que, a pesar de todo, sí sería necesario impoñer medidas ou como ben dis, campañas de información e educación cidadá para que todo entendamos o que estamos a facer, e como poderíamos cambiar todo a mellor sen tantos hábitos de consumo.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.305 segundos.

Os comentarios están pechados.