Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 20:34

Esa contradicción de máis mulleres nas aulas e menos nos laboratorios débese á hora na que se fan as entrevistas de traballo. Moita xente, por desgraza, segue cos prototipos de que os homes traballan máis que as mulleres, e deciden escollelos para realizar un posto de traballo antes que a elas. Por outra banda como di Marta, o embarazo das empleadas supón dificultades para algunhas empresas, aínda que non debería de ser así.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 21:29

Penso que os cargos máis importantes e os postos superiores respecto á ciencia están ocupados por homes porque "en teoría" os homes están máis capacitados para dirixir funcións importantes, e aclaro que poño "en teoría" entre comas porque é falso pero é o que ainda hoxe en día se cre. Ademais dese razoamento machista ó que por desgraza todavía hai xente acostumada, outro dos motivos é o que ben dixen antes: ás mulleres non se lles confían altos cargos polo feito de poder quedar embarazadas e ter que ausentarse unha tempada. Por unha parte o medo é lóxico pois un alto cargo non pode quedar desatendido durante meses, pero por iso non deixa de ser un feito machista da sociedade pois as mulleres tamén teñen dereito a desenvolver o traballo que lles gusta e chegar tan lonxe coma os homes.

faa-alicia-
feijoo
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 22:17

Eu estou totalmente dacordo cos meus compañeiros.As mulleres somos capaces a facer o mesmo cos homes, xa que os dous somos seres humanos. Si é certo que en algúns traballos sobresalgan os homes, debido a que teñen máis forza e esas cousas que se soen decir, pero a hora de facer estudos e exercer a carreira de científicos, tanto homes coma mulleres, están totalmente capacitados para facer o memo traballo e non se debería descriminar a muller dese xeito, senon que se debería deixar que se encargaran deses traballos nos que agora a presenza da muller non destacan e absoluto para demostrarlle ós que pensan que non servimos para eses postos de maior importancia que si somos capaces de desempeñar ese traballo.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 22:52

Por suposto que si. As mulleres son tan capaces coma os homes de adicarse á ciencia e á investigación. Pareceme moi mal que aínda haxa estos prexuízos coa diferencia de sexo. Acontece o mesmo cós traballos relacionados co deseño de roupa, estos están asociados ás mulleres, pero os homes tamén poden realizar estos traballos.En resumen, eu non estou dacordo en que se menos prece o traballo das mulleres no ámbito da ciencia.

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 23:43

Os cargos superiores do campo da ciencia estan desenvoltos por homes xa que aínda en segue a haber prexuízos, foron moitos anos desprestixiando as mulleres e hoxe an día hay persoas que conservan esa mentalidade, pero contamos con que a maior parte da poboación xa eliminou estes prexuízos, e o que hoxe pense así poémoslle chamar ignorante, xa que as mulleres e os hombes teñen as mesmas capaidades para desenvolver os campos da ciencia, ou calquera outro.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 23:53

Totalmente de acordo! E que como xa ben dixen con anterioridade, as capacidades duns ou doutros son exactamente as mesmas.
Eso sí, o que di Marta é totalmente certo. Unha muller pode quedar embarazada e isto implicaría unha baixa de maternidade e, polo tanto, un posto de traballo que quedaría libre durante un tempo. Todo isto significa ter que buscar un novo empregado que faga unha substitución durante o tempo que a muller esté de baixa. Visto así, é todo máis sinxelo contratando a un home en vez de a unha muller, e moitas veces é o que se fai, por moi inxusto que nos pareza.

fab-angelp-
ineiro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 01:24

Opino que todos chegamos a un consenso neste tema. As mulleres están igual de capacitadas que os homes para realizar calquera labor ou acceder a un posto de traballo. Por desgraza, isto non ocorre. Por qué? Non o sei... Vivimos nunha sociedade chea de desigualdades e inxustizas que por desgraza non se corrixen nin co tempo.
Unha mente humana, pertencente a un sexo ou a outro, é igual en condicións básicas. Isto quere decir que unha muller pode realizar un mesmo traballo mental e físico que un home...pero neste último quería pararme un momento; Pode unha muller facer un mesmo traballo físico bastante duro que un home? Eu opino que non. E tampouco creo que a miña opinión sexa machista (decídemo en tal caso) pero en canto a constitucións físicas, un home é máis forte (na maioría dos casos) e pode realizar un maior traballo físico que unha muller.
Iso si, esto que dixen non implica que as mulleres non poidan acceder a realizar un traballo de este tipo igualmente...e aquí o dilema.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 10:54

Angel, eu, como muller, estou totalmente de acordo contigo. Está demostrado que os homes físicamente adoitan ser máis fortes que as mulleres; e hai traballos nos que a forza é unha calidade moi importante, como é o caso da construción. Pero en canto á medicina, que é do que principalmente estamos falando neste foro, non pode ou, mellor dito, non debería haber diferencias en canto ó sexo, aínda que todos sabemos que segue habendo.
Algo do que tampouco falamos é do físico. Aínda que pareza mentira, o físico tamén influe á hora de acceder a un traballo. Unha persoa delgada e con boa presenza sempre terá máis posibilidades de ser contratada que unha que esté máis gorda. Isto por desgraza é así, por moito que nos custe asumilo...

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 16:22

Estou de acordo con Sara. A veces inflúe máis a presenza física que a capacidade que ten unha persoa para facer determinada labor. Por outra banda, unha das razóns polas que as mulleres non sexan contratadas é o feito de poder quedar embarazada. A pesar diso, as empresas seguen preferindo contratar homes que padezan unha enfermidade como o Daltonismo ou enfermidades exclusivas do xénero masculino que unha muller san.

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 17:44

Moi dacordo co que din as miñas compañeiras, non polo feito de que as mulleres teñan que estar ausentes durante uns meses por quedar embarazadas son menos dignas para os traballos, teñen o mesmo dereito a ese traballo que os homes e a formar unha familia. Que algunha muller se plantee non ter un fillo por medo a perder o seu traballo pareceme algo lamentable.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.092 segundos.

Os comentarios están pechados.