Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
faa-santia-
goescudeir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 23, 2013, 22:30

Considero que segue moi extendido o machismo na nosa sociedade. Non me refiro ao da cor da roupa, eso é algo moi relativo, pero tamén é algo me choca, xa que na actualidade vexo adolescentes e persoas máis maiores, que debido a educación que recibiron, seguen vendo extraño e como motivo de burla que un home leve cores asignadas historicamente á muller, tales como o rosa, e viceversa, ou que teñan o pelo largo, que según eles só o poden ter así as mulleres. Esto demostra un claro machismo. Pero eu refírome sobre todo ás dificultades que hoxe en día teñen as mulleres para optar a algúns oficios e postos de traballo. A sociedade evolucionou pero sigue habendo persoas que se quedaron atrás, nun pensamento anticuado e machista a maioría das veces. A pesar da evolución do pensamento da sociedade, hai casos nos que unha muller máis cualificada perde un posto de emprego porque o outro candidato a obtelo é un home. No campo da ciencia pasa o mesmo e aos homes ofrécenselles mellores ofertas laborais, facilitándolles así o seu progreso fronte ás mulleres.

faa-nicole-
corbacho
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 24, 2013, 14:07

Estou moi dacordo con santi, hoxe en día moitos de nós fixámonos na estética da xente, e nos deberíamos dar o mismo como vayan , si o pelo largo, a cor rosa da sua camisa, ou que unha muller teña xeitos similares ca os homes …
É eso realmente o que importa para un posto de traballo? A súa estética? Non, o que hay que valorar é a persoa e a súa calidade no traballo, que tanto o home como a Muller teñen boas capacidades tanto para ser cientifico como para limpar unha oficina.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 24, 2013, 18:39

Penso que a moitas persoas teñen a mente no mundo antigüo, en que as mulleres non serven para as investigacións como é o caso. Para ser investigador, o importante son os coñecementos, non a túa apariencia física ou se eres home ou muller. Na nosa sociedade actual sí que se ven normais feitos moi machistas. Como di Victor, por exemplo o concurso das Mises. Vivimos nunha sociedade que está máis pendente de quen gaña ese tipo de concursos que de quen gaña premios Nobel ou de novos avances científicos. E claro que resultan negativos para a imaxe da muller, pois estase dando a entender que só serven para representar beleza no aspecto físico, cando pode que sexa do que menos debemos preocuparnos, pois cada un somos como somos.

fab-iciaco-
res
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 24, 2013, 18:44

E respecto o tema das nenas e nenos cos colores da roupa ou o tipo de xoguetes, vivimos nun mercado machista. Estas cousas son as que incitan que cando os nenos crezan, comecen meterse cos demáis por levar ''camisetas de nena'' ou as nenas por xogar con ''bonecos para nenos''. Penso que se dende pequenos non lles inculcamos estas cousas de ''rosa para nena e azul para neno'', evitaríamos todos estes tipos de problemas. Ó fin e ó cabo, se collemos a nenos pequenos, ós que os seus pais ou a sociedade non lles inculcase este tipo de prototipos, daríalles igual xogar cunha boneca que con coches de xoguete.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 01:06

Estou moi dacordo con Icía e os demais que comentaron semellante a ela. O importante para un oficio é a experiencia e as cualidades, ó igual que para ser científico investigador o importante é ter bos coñecementos e certos estudos. En nada diso é relevante o feito de ser home ou muller pois haberá homes ós que se lles dea ben a ciencia e haberá mulleres ás que tamén. Pero dentro de todo ese tema, gustaríame engadir que ás mulleres tamén se lles ten menos en conta para ocupar postos de traballo polo feito de quedarse embarazadas, xa que precisan de meses de baixa para ocupalos en coidar do fillo. Por esta razón moitas mulleres non teñen o traballo que quixeran. Agora xa hai menos casos pero todavía seguen dándose algúns e penso que tamén é un claro indicio de machismo.

fab-martar-
odriguez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 08:58

Estou totalmente de acordo cos meus compañeiros, nun traballo o que se precisa e ter estudos, experiencia e cualidades do que traballo que queres realizar. É certo que aínda hoxe en día no siglo XXI non hay igualdade en moitas cousas entre homes e mulleres, pero non por iso deixan de ser mellor ou peor cos homes. A veces que as mulleres ocupen un posto importante os xefes bótanse a tras polo feito que dí Marta, poden quedarse embarazada eso implica meses de baixa e ter que buscar outra persoa que ocupe tan ben como a persoa que está nese cargo. Creo que na sociedade na que estamos debería a ver máis igualdade entre homes e mulleres, estamos en igualdade de condicións para ocupar un posto de traballo.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 10:33

😉
Semella que todos estamos dacordo en que o ser bo investigador ou investigadora, non depende do sexo da persoa. Que en bacharelato hai máis alumnas que alumnos estudiando ciencias e que pasa o mesmo nos centros de investigación; entón,estando así a situación, como explicaríades que os xefes dos departamentos de investigación das univesidades sexan maioritariamente homes?

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 17:05

Tomando de exemplo o noso centro, sí é certo que hai máis mulleres ca homes estudando nas ramas científicas pero no caso das humanidades tamén, polo xeral hai máis mulleres estudantes ca homes. No tema de que haxa nos cargos máis altos só ou maioritariamente homes é moi inxusto, porque tanto eles como elas teñen que ter as mesmas oportunidades, pero por desgraza a sociedade pese a que cambiou respecto a anos atrás segue a ser nalgúns factores extremadamente machista.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 20:06

Pois porque na nosa sociendade, desgraciadamente, séguese considerando superior e máis intelixente ó home, polo que os cargos máis altos soen ser ocupados por eles, mentres que as mulleres soen ocupar cargos menos importantes.

fab-sofiac-
astineiras
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 25, 2013, 20:16

Que os altos cargos estén ocupados por homes é producto de esa sociedade tan machista de uns anos atrás que como se pode ver día a día segue habendo gran parte da poboación con estas ideas de machismo. A sociedade segue considerando que os homes son mellores para traballos importantes e ás mulleres polo contrario fan mellor os traballos doados como as tarefas de hogar, cousa que é moi incierta, xa que hai moitas mulleres que están chegando moi lexos en esos traballos que supostamente os homes fan mellor. Cada os postos de traballo son máis "unisex" por así decilo, e moitas mulleres chegan máis lonxe que un home en determinados traballos.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.172 segundos.

Os comentarios están pechados.