Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 19, 2013, 20:43

Segue a haber moi poucas mulleres científicas en postos de poder.
Co achegamento das datas do Nadal, os nenos comezan a pensar nos regalos e os catálogos dos grandes almacéns énchense de suxestións. Nas páxina adicadas ás nenas domina a cor rosa e as propostas relacionadas con princesas, o mundo da beleza e as tarefas do fogar; por que non fomentar que se adiquen á ciencia?
Durante a entrega das becas de investigación do Programa “Por las mujeres en la ciencia” de L´oreal-Unesco, tres destacadas investigadoras españolas animaron ás mozas a adicarse a este mundo e debateron sobre a situación das mulleres científicas en España. Coincidiron en sinalar que a pesar de que cada vez hai máis presenza feminina nos laboratorios, os homes seguen a ocupar os postos de responsabilidade.
O problema non é a formación; pode ser que sexa que socialmente está peor visto que unha muller teña máis poder ca un home e por iso as mulleres son tratadas de xeito diferente.
En calquera dos casos, como vedes vos este debate: están tan preparadas as mulleres coma os homes para adicarse á carreira científica?

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 19, 2013, 21:11

Por supostísimo que están preparadas! Unha muller ten exactamente as mesmas capacidades ca un home, e paréceme absurdo que en pleno século XXI sega habendo estas diferenzas tan notables de sexo. Na miña opinión hai moitas cousas da sociedade que deberían cambiar, empezando por esta.
Unha muller non ten que pasar a súa vida cociñando, coidando dos seus fillos e do fogar, senón todo o contrario. Unha muller ten que traballar fóra da casa, ao igual ca os homes. Ten que ter os mesmos privilexios ca una persoa do sexo oposto.
Tamén é certo que moita culpa desta distinción témola nós, porque como ben dicía Víctor antes, no Nadal aos rápaces o máis típico é regalarlle un coche teledirixido, un robot, etc. Sen embargo se é rapaza pois moito mellor regalarlle bonecas e cociñas de xoguete. Eu sinceramente pensó que isto é absurdo, é algo que hai que ir cambiando co tempo, porque o que facemos así é darlles a entender que as mulleres só sirven para iso, cousa que é totalmente incorrecta.

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 19, 2013, 21:29

Eu estou de acordo con Sara, as mulleres teñen os mesmos dereitos caos homes a asumir un emprego, sen que se discriminen por elo. Ademáis estudos realizados no 2012 demostra que, as mulleres teñen mellores notas que os homes, sobre toda na área da Medicina. Eu penso que é absurdo, porque todos pensamos que as mulleres só sirven pra cociñar, amas de casa...
Eu penso que serven pra algo máis, e teñen o mesmo deireito a desenpeñar un traballo coma os homes, e temos que ir cambiando cos anos, porque o que facemos así é ter una idea das mulleres errónea.
Penso que a máis de un nos darian unha lección...

faa-esteba-
npintos
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 19, 2013, 21:54

Desde o meu punto de vista creo que calquer muller está perfectamente preparada para calquer posto de traballo se ten os requisitos necesarios, indiferentemente de si é home ou muller. E ademáis sigo sin entender que haxa xente ve de mala maneira que no traballo unha muller esté nun posto por riba dun home, e aínda que por culpa diso moitas non estén no sitio que de verdade se merecen.

faa-elenaf-
ontenla
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 00:36

Pois claro que as mulleres están preparadas, e , ao igual caos homes, tenos dereito a poder aspirar a postos de traballo superiores e remunerados xustamente. En canto a por qué hai máis homes ca mulleres é certo que pode ser provocado pola situación e opinión social, ramén pode ser por como nos educan dende pequenos a ver ao pai culto e traballador e á nai na casa sen ter interés por nada. Obviamente isto é un gravísimo erro, tenos que comezar a incitar ás rapazas a escoller outras ramas, falando no sentido académico e laboral, para poñer fin a esta ridícula situación.

faa-ricard-
op
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 11:14

Eu penso igual ca Elena, se dende pequenos nos ensinas iso, nos educan así, nos cremos o que os maiores nos din, pero cando chegamos a certas idades de madurez, dámonos conta de que poden ser algo máis...
Por exemplo, na nosa clase, Elena entre outras, son unhas rapazas moi listas, e aposto que se as deixamos, chegaran a metas que para moitos de nós son impensables. Así que, ánimo rapazas!

faa-begona-
suarez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 16:39

Estou de acordo con Sara, por suposto que as mulleres están igual de preparadas que os homes. O da diferenza sexo eu no o vexo ben porque somos capaces de ter os mesmos estudos e preparación que os homes. No ámbito científico penso que deberá haber máis mulleres, porque seguro que moitas preparadas e intelixentes e non poden acceder a eses postos. E nas revistas as diferenzas de páxinas rosas para nenas e para nenos que se lle adique o resto tampouco o vexo moi ben. Eso dalgunha maneira é como marcar unha diferenza xa dende nenos que non tería porque habela.

fab-iriama-
rtinez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 17:07

Claro que as mulleres están de igual de preparadas para asumir calquer trabllo, ambos temos as mismas capacidades. Esta forma de pensar, desprestixiando as mulleres no pasado aínda ten algunhas lagoas hoxe en día, como estas, pero penso que xa hemos avanzado moito e na gran parte da poboación xa non existe o machismo..

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 17:12

As mulleres, ó igual que os homes, son seres humanos, esto quere dicir que, a pesar das diferenzas físicas, están tan preparadas para un traballo a nivel mental como os homes. O problema está no machismo que, a día de hoxe, segue existindo en gran medida no noso país, aída que menos que en épocas anteriores debido ás movilizacións pola loita da igualdade. De todos xeitos, na miña opinión unha muller pode realizar este tipo de traballos, ou outros, coa mesma efectividade ou incluso maior dependendo do compromiso da persoa. Unha carreira científica e lograr un bo traballo conséguense con esforzo e dedicación, o sexo non inflúe á hora de ser unha persoa que traballa e está comprometida co que fai.
O tema dos xoguetes rosas para as meniñas ven sendo un pouco o tema que antes comentei, o machismo todavía existente na nosa sociedade. Cara as nenas van dirixidas cociñas, bonecas, perruquerías... Non somos conscientes delo pero estamos, de algún modo, encamiñando as nenas cara as cociñas, cara coidar dos fillos... En cambio, os nenos teñen figuras de acción, camións... Tratando de educalos como heroes, ou traballos como a conducción que son "propios de homes".
Na miña opinión, cun gran esforzo poderemos ir sacando pouco a pouco estes rasgos de machismo que existen na sociedade, pero esto non é un traballo de un ano ou dous, é traballo de moito tempo e de moita xente comprometida. Aínda así dubido que sexamos capaces de borrar por completo o machismo da sociedade.

fab-anaoub-
ina
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 17:50

Estou dacordo cos meus compañeiros, por supostísimo que as mulleres estamos preparadas para calquera tipo de traballo as mulleres somos tan capaces como calquera home de lograr o que nos propoñamos, depende do esforzo de cada persona. Unha muller si se empeña en algo pode conseguilo de igual forma que un home o faría. Pero é triste que aínda exista o machismo nalgúns lugares. Eu si creo que as mulleres teñen moitas capacidades e poden ser mellores cós homes noutros aspectos.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.