Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-javier-
carou
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 16:58

É verdade que no mundo da ciencia poida haber machismo. Na miña opinión as mulleres e os homes están igual de capacitados para realizar un traballo. Afortunadamente estase vendo que cada vez a sociedade é menos machista, así que dentro dun tempo non nos teremos que preocupar tanto por este tema.

faa-javier-
estevez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 17:24

Eu penso que as mulleres están perfectamente capacitadas para desempeñar os mesmos traballos ca un home, e creo que poden facelo incluso mellor. Coincido con Sara coa idea de que me parece decepcionante que nestes anos ainda haxa empleos nos que se pense que unha muller non o pode desempeñar tan ben coma un home...

fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 18:16

Estou de acordo con Tania. A opción de escoller unha alternativa de estudos é cuestión de gustos. Non hai ningunha proba de que se oriente a homes ou mulleres a ir por algunha rama. Por outra banda, estou tamén de acordo con Marcos, as empresas deseñan só para gañar cartos. E se funciona facendo xoguetes para nenos e nenas por separado... É unha fortuna que non están dispostos a deixar pasar. Se o novo xoguete que sacan non é atractivo para nenos e nenas, perderían moitos cartos.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 19:02

Como xa mencionaron Laura, Marcos e Sara, a clasificación de xoguetes por sexos é un tema bastante grave ao que se lle debería prestar máis atención. Non obstante, non me parece de todo correcto o que afirman acerca de que as empresas obteñen maiores beneficios facendo esta diferenciación. A eles o que lles importa é vender, ben sexa a nenos ou a nenas; os pais educan ás súas fillas para que xoguen con bonecas e xoguetes relacionados coas tarefas do fogar, mentres que cos seus fillos usan coches eléctricos e outros xoguetes do ámbito da mecánica. As empresas limítanse a seguir esta tradición.
Polo tanto, eu penso que se as familias (e os profesores das escolas) incidisen máis nunha educación sobre a igualdade de sexos, isto provocaría que as xogueterías tivesen que cambiar as súas maneiras de anunciar os produtos. Ademais, conlevaría a que máis mulleres se interesasen antes no mundo da ciencia, aínda que a educación secundaria posiblemente sexa a que máis inflúa neste tema. Penso que só é cuestión de tempo que as mulleres ocupen altos cargos na ciencia, ou polo menos nas sociedades máis avanzadas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 19:06

😉
Non considerades que, en xeral, na sociedade se ven como normais algúns feitos que son puramente machistas (por exemplo os concursos de "mises")e que, ao longo do tempo, resultan moi negativos para a imaxe da muller?

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 19:17

En primeiro lugar, completamente dacordo con Sara. A roupa dos bebés ten matices machistas, sen máis nin menos que se vemos a un rapaz pequeno con roupa rosa parécenos raro porque tradicionalmente, por costume, "debería" vestir de azul. Por outro lado, creo que no tema dos premios Nobel non é que haxa machismo, é simplemente o que se dixo ó principio: se no mundo da ciencia hai menos mulleres que homes o que máis se vai premiar son os homes simplemente porque hai máis. E para finalizar, respecto á última pregunta que fixo Víctor, penso que é certo. A sociedade estamos tan acostumados a certas cousas que non nos chaman a atención pero se nos paramos a pensar hai bastantes feitos machistas. Un deles é o das misses, non entendo porque se ten que valorar a beleza dunha muller como diversión. Tamén están os anuncios de cochazos nos que aparecen ó lado dun Ferrari dúas mulleres mostrando o coche, coma se fosen incluídas nel. E así con moitas máis cousas. Ao mundo todavía lle queda moito por madurar.

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 20:01

Discrepo no comentario de Marta nas seguintes razóns, na miña opinión a roupa dos bebés non é machista, esas cores asocianse ao sexo, porque é o tradicional e é raro ver a un neno vestido de rosa e no tocante aos premios Nobel hai claramente unha maior porcentaxe de que os premios os reciba un varóns pola proporción numérica pero non llos dan a un varón ou a unha muller porque si, hai que gañalos.
En resposta ao que di Víctor acerco do concurso de mises pois a verdade é que é machista pero tamén hai concurso de mises para os homes.
E por ultimo como ben apunta Marta, na publicidade botan man dese tipo de cousas por chamar a atención dos "posibles compradores" dese tipo de artículos, xa sexa para homes (nos cales aparecen mulleres "presentando o anuncio") e nos anuncios dirixidos a mulleres aparecen homes realizando esa mesma función e nos cales xeralmente sempre aparecen tanto homes como mulleres cuns corpos esculturais.

faa-javier-
estevez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 20:17

A ese ultimo comentario de Victor doulle toda a razón, como di Marta hai cousas moi machistas da que non nos damos de conta ata que xa é algo tarde para remadialas. Ainda que é certo que na publicidade usan moito esos trucos de poñer homes e mulleres "perfectos", non é asi en todos os casos, e como tamén aparecen homes para os anuncios de muller nese punto discrepo con Christian porque se tamén usan modelos de homes non é machista, na miña opinión.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 20:41

Estou de acordo con que existen feitos machistas no día a día que a maior parte da poboación acepta, como dixo Víctor. Dende concursos de beleza (incluso en Cambados se acepta a competencia da 'raíña do Albariño') deica publicidade, como ben dixo Marta, na que a imaxe que se lle intenta atribuír á muller é normalmente a mesma: un ser do que o importante é a súa beleza. O da publicidade é un tema bastante polémico do que xa se ten discutido. Os anuncios con desnudos ou nos que un icono feminino aparece vestido de maneira provocativa, por desgracia e a pesar de ser obxectos baseados exclusivamente no machismo, venden.

fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 21:05

As mulleres están tan preparadas como os homes, ou máis. Non vexo ningunha diferencia entre uns e os outros. As mulleres poden chegar a ter cargos moi altos e desempeñalos tan ben como o faría un home e defeito, está demostrado que as mulleres maduran antes ca os homes e aínda asi continúase pensando que as mulleres só serven para estar na casa. Eu vexo unha actitud moi machista, xa que, por exemplo: no caso de que un home e unha muller igualmente cualificados vaian a unha entrevista de traballo para un cargo importante, o máis posible e que escollan ao home porque hai moita xente que aínda está concienciada en que un home o fará mellor e sen cometer tantos erros como o faría unha muller.
Esta actitud tamén pode frear ás mulleres, e que nin sequera intenten acadar o que queren ao non ver ningunha posibilidade de conseguilo. Esta actitud debe cambiar por completo dunha vez por todas e nós, as mulleres, non podemos deixar que nos infravaloren.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.232 segundos.

Os comentarios están pechados.