Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-cporto
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 17:50

A frase "Detrás dun gran home hai unha gran muller" trouxo grandes enfrontamentos. Non obstante habería que reformular a situación feminina, abriuse camiño nos ámbitos laboral, político e social.
Antigamente a muller só se lle considerou capacitada para ser filla, esposa, nai e amiga. A pesar diso atribuíaselle algunhas debilidades como mal humor e hipersensibilidade. Afortunadamente a poboación feminina conseguiu recoñecemento grazas ás súas habilidades intelectuais e humanas o que permitiu que desempeñaran postos importantes que eran "exclusivos de varóns".
Agora recoñécese a muller por importantes dotes, como intelixencia e amplo criterio, así como por saber traballar baixo presión e tomar decisións, ademais de manter o control das situacións, o que lle deu seguridade en si mesma.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 20:53

Citado de fa-victor en November 19, 2013, 20:43

En calquera dos casos, como vedes vos este debate: están tan preparadas as mulleres coma os homes para adicarse á carreira científica?

Por suposto que as mulleres están tan preparadas como os homes,as mulleres son persoas, como os homes e hai persoas máis preparadas que outras. Vimos de unha época na que as mulleres se dedicaban a coidar da casa e dos fillos mentres que os homes traballaban, e as mulleres que traballaban facíano co nome do home para que non estivese mal visto. Agora hai un gran aumento deste xénero neste mundo da ciencia, porque os tempos cambia, non obstante creo que falar de cantidades agora é moi relativo, posto que hai un aumento das mulleres, pero o que non podemos esperar e que nun período moi corto de temo haxa unha igualación, este proceso ocorrerá proporcionalmente e de forma continua.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 21:03

“detrás dun gran home sempre hai unha gran muller"
Esta frase, para min, ven a demostrar que as mulleres teñen cada vez mais recoñecemento e como xa dixen antes e se lle iguala, as calidades do home e tamén ven a dicir que a unión entre homes e mulleres é boa e trae bo resultados para ambos, facendo de dúas unidades "distintas" unha unidade moito máis forte.

faa-manuel-
montes
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 21:05

Sara ten razón. Esta frase pode interpretarse de varias maneiras e dependendo de quen a di e como. Na miña opinión a frase expresa que se non chega a haber unha muller que axudara nos actos e nas desicións dos homes, poderíamos acabar moi mal e por eso estou dacordo con Sara. Aínda que tamén pode interpretarse coma se a muller quedase nun segundo plano.

fab-jessic-
apineiro
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 22:14

Evidentemente,unha muller está perfectamente preparada para sacar unha carreira científica.Non é cuestión de ser home ou muller,e cuestión de de gustos persoais,un home e unha muller teñen a mesma capacidade para estudar ciencias se a calquera dos dous lle gusta o mundo da ciencia,e si,deberia haber máis mulleres na ciencia.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 22:16

Eu creo que con esa frase o que pretenden é dar a entender que o home é así de bo pola influencia que exerce nel a muller e, polo tanto, igualar ós homes cas mulleres, dar a entender que eles non son mellores polo simple feito de nacer varóns, e que o que fai que un sexa mellor ca o outro é a forma de ser e de comportarse, independentemente do sexo de cada un.

fab-fatima-
chaves
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 22:22

Claro que unha muller está capacitada para ocupar un posto importante no mundo da ciencia.É evidente que segue a aver algo de machismo no aspecto de que está mal visto que unha muller ocupe un cargo mais importante que un home,pero calquera dos dous,sexa home ou muller teñen a mesma capacidade para ocupar postos importantes.

faa-igonza-
lez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 22:44

Eu penso que as mulleres si están capacitadas para este traballo. É máis, penso que as mulleres farían un moi bo traballo, xa que soen ter boas ideas e tamén, a maioría de mulleres, teñen unha mente bastante amplia. Non estou diciendo que os homes non pensemos coma as mulleres, pero refírome a que elas destacan neste tipo de cousas. No caso de que os homes predominen na ciencia, será porque poucas mulleres pensan nestes sectores. Cada persoa ten dereito a escoller o que quere, e posiblemente, unha gran parte femininia, non pensa na ciencia. Certo é que hai moitos lugares que, a día de hoxe, son machistas, e por iso as mulleres non destacan nestes labores.

fab-ariadn-
acordal
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 17:11

Creo que “detrás dun gran home sempre hai unha gran muller” é unha frase sexista. A pesar de que unha das súas posibles intencións é deixar claro que todos os hombres que trunfaron nalgún aspecto da sociedade sempre tiveron ás súas mulleres realizando as tarefas da casa e coidando e educando aos seus fillos "por detrás", homes e mulleres pertencen a unha mesma especie e deben ser considerados da mesma maneira. Ambos sexos son totalmente capaces de desempeñar as mesmas funcións ou oficios, tanto no ámbito científico coma en calqueira outro.

faa-noelia-
parracho
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 17:23

Estou completamente dacordo con Ariadna, ese tipo de frases son sexistas e parecenme unha falta de respeto, tanto cara ás mulleres, coma neste caso, como para os homes, que tamén hai ese tipo de frases, aínda que en menor medida. A frase “detrás dun gran home sempre hai unha gran muller” é un tipo de machismo encuberto, tratando de facer que a sociedade pense que é unha cousa boa cando, en realidade, ó profundizar nesa frase decatámonos de que non é unha loubanza, senón un tipo de machismo.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.128 segundos.

Os comentarios están pechados.