Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 19:47

Agora mismo, para o meu entender, creo que tamén os homes teñen dereito a estar ausentes uns meses no traballo cando teñen un fillo recén nacido. Creo que empezase a tratar os dous sexos no mesmo nivel, aínda que seguen despreciando, como ben dixo Sara, a algunhas mulleres en algúns traballos. Pero a verdade é que tamén menosprecian a un home en outros. ¿ou vichedes algunha vez un home costureiro? ¿e unha limpiadora? Por exemplo no noso instituto non hay ningún home que limpe os baños ou as aulas, só son mulleres.

fab-martap-
alacios
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 21:13

Penso que Ángel ten razón e non está dicindo nada machista, todo o contrario, é unha verdade. A constitución física dunha muller é menos axeitada para traballos de forza como a construcción ou a mecánica como ben di Sara, ainda así podería, e de feito seguro que hai algunha que outra muller á que lle guste un oficio como éstes é traballe del.

faa-manuel-
cacabelos
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 21:35

Eu creo que a ciencia, como outros moitos campos da sociedade, por desgraza na actualidade segue a ter unha mediana diferenziación de sexo, aínda que nun grado moito menor que antigamente. Se nos paramos a pensar en conferencias científicas ou en calquera entrega de premios de calquer tipo a nivel científico remontándose anos atrás, poderíamos ver claramente como a presenza masculina era total, frente a unha escasa e case nula minoría presenza feminina. Os homes, por natureza, foron e son máis fortes fisicamente que as mulleres, o que os levou a un pensamento erróneo sobre a visión do mundo no papel de enfrontar a vida, deixando ás mulleres a un lado ou ámbito único e exclusivo, que era e en algúns casos segue sendo, o doméstico.
A ciencia, na súa totalidade,segue a ser un ámbito moi complexo onde o razoamento e a opinión crítica e persoal, ademais da comprobación e das afirmacións e conclusións teóricas, basadas sempre no método científico, están moi presentes, motivo polo cal os a maioría dos homes víanse na obriga de realizar esas tarefas xa que tiñan ás mulleres por persoas non capacitadas para realizar esas funcións; era algo moi semellante ata o que pasaba no sistema electoral ata antes do século XX, xa que se cría que as mulleres non podían votar porque se daba por certo que non estaban mentalmente capacitadas. Eu realmente espero que esto cambie e se poda superar ese pensamento machista que aínda ronda por algunhas mentes. Que aínda que a muller e o home nos sexamos iguales físicamente, ambos temos as mesmas capacidades mentais.

faa-sergio-
serantes
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 22:06

As mulleres teñen a mesma capacidade, tanto intelectual como de calquer outro tipo, ca os homes. Este feito é verdade, e compróbase en que en igualdade de condicións e coa mesma formación, calquera muller pode competir con calquer home, en calquer ámbito. A discriminación da muller existe polo feito de que o home considera, cunha atitude primitiva, que ao ser o varón medio máis forte fisicamente ca a muller media, os homes son mellores, nada máis lonxe da realidade. Esta realidade é que non se é mellor polo sexo ao que se pertence, se non polas túas capacidades de traballo e innatas.

faa-marcro-
mero
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 26, 2013, 23:51

Por suposto que as mulleres estan exactamente igual de capacitadas cun home.

Realmente todos é cada un de nos independentemente do noso xénero temos en teória as mesmas posibilidades laborais. É certo que hay persoas mais traballadoras ou mais intelixentes polo tanto esas perosoas tendrán mais facilidade, pero o feito de ser un ser humá masculino o femenino non deberia influenciar en nada.

O machismo existe dende fai moito tempo é todavia existe, a unica maneira de erradicalo educar a sociedade contra este modo de pensar e crear leys que protexan algo a as mulleres, por exemplo: Si una muller quedase embarazada é o jefe a despide, que esta muller poida ir a un xulgado a denunciar.

Pero hay que ter coidado é non sobreprotexer so un xénero porque isto sería discriminación tamén, por exemplo: Supoñamos que agora o goberno decida crear una ley que consista en que en todos os postos de traballo debe haber o mesmo número de mulleres que de homes, supoñamos que temos 100 candidatos moi ben formados que viven creca da empresa na cal queren traballar, destes 100 candidatos 45 son mulleres e 55 son homes ou vicebersa, a empresa contratará 50 homes, 45 mulleres e quedarian 5 bacantes as cales tendrian que chear con mulleres procedentes do pobo mais cercano, ou vicebersa, polo tanto 5 persoas cualificadas quedarían fora, non ten sentido.

faa-laurar-
ey
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 02:53

Na miña opinión, considero que calquera muller, en igualdade de condicións e formación, ten a mesma capacidade intelectual que un home, e polo tanto esta analogamente apta para a ciencia.
A idea de que nós somos seres inferiores con respecto o outro sexo, paréceme un pensamento primitivo máis propio de sociedades pouco desenvolvidas que de unha propia do século XXI.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 10:07

😉
Para ir rematando, reflexionade sobre a seguinte frase, por certo, moi utilizada na actualidade: “detrás dun gran home sempre hai unha gran muller”.

faa-adrian-
barreiro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 17:31

É verdade que detrás dun gran home hai unha gran muller, pero penso que esta frase da a entender que as mulleres non teñen un papel tan importante cando o teñen tan importante coma o dos homes ou máis. Menos mal que, co paso do tempo se lle está a dar á muller a importancia e o respeto que merece e a sociedade estase volvendo menos machista. Agora non e tan raro ver a unha muller en calquer posto de traballo, e en moitos casos mandando sobre homes con grandes postos. Esperemos que a sociedade siga avanzando desta forma e esa frase cambie para poñer en igualdade a homes e mulleres.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 17:31

A verdade é que esa é unha frase que se emprega moito hoxe en día. Para min iso xa significa un gran paso para todo aquel que a di. Con isto demóstrase que día a día vai habendo menos diferenzas entre nós e que, á súa vez, se valora moito máis á muller como tal. Que quero dicir con isto? Pois moi sinxelo, con isto quero dicir que antigamente que unha persoa dixera isto era impensable. Como se lle ía ocorrer á xente falar tan ben dunha muller? Imposible! Hoxe en día, grazas a Deus, as cousas cambiaron, e, como ben se ve nesa frase, cada día máis e máis poboación di que un home sempre é mellor home se está preto dunha gran muller, o cal é moi bonito escoitar.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 27, 2013, 17:38

Adrian, acabo de ler o teu comentario, pero é que en verdade esa frase pódese interpretar dende dous puntos de vista, un é o que lle deches ti e outro é o que lle din eu, porque depende de como se diga pódese tomar dun xeito ou doutro. Se o dis con cariño e respeto hacia a muller non ten porque ser un menosprezo hacia ela, senón todo o contrario, pode ser ata todo un alago, xa que destacarías que grazas a ela o home é mellor.
No caso de que se diga como o interpretaches ti, pois entón si que me segue parecendo un acto un pouco machista..

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.103 segundos.

Os comentarios están pechados.