Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-elisap-
erez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 21:19

Hoxe converteuse en algo habitual no mundo da publicidade usar a imaxe dunha muller -moitas das veces espida- para vender todo tipo de productos que nada teñen que ver cunha muller espida ou nin sequera son propios de mulleres. Este uso da muller como un obxecto está socialmente aceptado porque os resultados comerciais son mellores cando a "chica do anuncio" é unha atractiva modelo, unha actriz ou unha miss. É necesaria a presenza dunha muller en actitude provocativa para anunciar máquinas de afeitar, coches, bebidas, etc.

faa-veroni-
canoya
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 23:18

Pois claro que as mulleres están tan preparadas como os homes en carreiras científicas ou de calquer outro tipo. Homes e mulleres pasan as mesmas probas, de modo que se tanto homes como mulleres as aproban, ambos teñen igual nivel.
Penso que este problema xa ven de moi atrás, España tivo durante moito tempo unha sociedade machista, e pese ós grandes avances todavía non desapareceu totalmente o machismo, tal como podemos comprobar nos catálogos de xoguetes, nos que a un neno se lle ofrecen ferramentas, vehículos ou armas, mentres que a unha nena lle mostran cociñas, bonecos ou carriños de limpeza.
Penso que dende fai moito tempo, as mulleres imos demostramos que temos tanto nivel coma os homes en todo tipo de ámbitos, polo que merecemos tanto recoñecemento coma eles.

faa-cristi-
naguillan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 00:25

Estou moi dacordo con Verónica: tanto homes como mulleres pasan as mesmas probas para chegar a onde chegan e polo tanto ambos están igualmente cualificados para desempeñar un mesmo traballo, neste caso no ámbito científico.
No referente ás cores asociadas aos sexos e aos xoguetes que se lles ofrecen a nenos e nenas debo decir que non estou nada dacordo co que se supón que está estipulado para cada sexo. Ainda que hoxe en día a asociación ás cores dependendo do sexo xa non está tan diferenciada dado que a maioría de homes e mulleres utilizan ambas cores indistintamente, estas asociacións son propiamente machistas, xa que a nosa sociedade a pesar da ''igualdade'' de sexos actual segue a selo, e se isto se segue a reflexar nos cativos en cousas tan básicas coma os seus xoguetes a sociedade seguirá a ser machista por moitos anos máis.
Un bo exemplo de que a sociedade segue a ser machista é que en anuncios onde venden utensilios de limpeza para a casa e hixiene corporal aparecen mulleres, mesmo en anuncios de produtos de hixiene para homes. Ademáis estas mulleres son sempre mulleres esculturais e presentadas a servicio do home, como ben se pode ver en anuncios nos que o home por utilizar certo desodorante ou fragancia ten moitas mulleres arredor del.
Dende o meu punto de vista homes e mulleres están cualificados para desempeñar os mesmos postos, realizar os mesmos traballos e realizar as tarefas da casa indistintamente.

fab-sporto
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 15:59

Por suposto que as mulleres están tan preparadas coma os homes. Na miña opinión creo que as revistas de xoguetes afectan moito maneira de ver estas cousas xa que como o di no redactado por Víctor abunda moito as cousas de casa, a cor rosa e así... mentras que vas o apartado de homes e ves cousas científicas, de coches,...

faa-martin-
losada
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 16:50

Estou totalmente convencido de que as mulleres están perfectamente preparadas para ser científicas, ao igual que os homes, todos teñen os mesmos estudos, e non varían en nada máis que o aspecto, eu o que creo é que o das pequenas cantidades de mulleres que se dedican a ciencia é un problema que se ven arrastrando dende fai moitos anos a pesar dos moitos avances que se levaron acabo, que esto permanecera así durante tanto tempo e o que creo que fai que sexa tan dificil de cambiar, e unha proba deso é o moito tempo que levan así os catalogos de xoguetes

fab-andrea-
brea
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 20:18

Na miña opinión, valen tatno as mulleres coma os homes, xa que grazas a que agora temos a posibilidade de vivir nun lugar donde o ensino e igualitario para todos, non coma noutros países subdesenvolvidos, onde as rapazas non teñen dereito á escola, están igual de preparados ámbolos dous sexos, e o que de verdade importa non é se es home ou muller, senón se tes os coñecementos necesarios para levar a cabo un traballo, neste caso a ciencia; e isto de poñer unha cor predetrminada, por así dicilo, para cada sexo, ou os xoguetes cos que deben xogar as nenas e os nenos tampouco me arece normal, xa que cada quen pode vestir ou xogar co que lle plazca, ou a caso un neno pode xogar cun action man pero non con unha barbie? Ou unha nena non pode xogar cun camión en vez de xogar coas bonecas?

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 23:37

Pero eles deciden que queren, o problema é que están acondicionados polo que ven na publicidade, eso inflúe nos gustos pero non obligalles a comprar esas cousas

fab-andrea-
romero
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 22, 2013, 23:51

Por suposto que unha muller ten as mesmas capacidades ca un home, ambos sexos podemos conseguir o que nos propoñamos se lle poñemos empeño e traballo. Estou de acordo co que di Rebeca, que no Nadal ós rapaces é máis normal regalarlles coches e robots,tratando de educalos como héroes ( como di Noelia). En cambio ás rapazas regálanlle bonecas e cociñas de xoguete,como se as rapazas naceran xa para coidar fillos ou traballar nos labores do fogar. Calquer ser humano pode facer calquer traballo independentemente do seu sexo. Tamén é verdade que a maior parte da culpa desta absurda distinción témola nós.
Paréceme patético decir que un sexo ten máis capacidades que outro, é absurdo e mais en pleno século XXI.

faa-fatima-
f
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 23, 2013, 16:43

Dende o meu punto de vista, as mulleres están tan preparadas como os homes para adicarse á ciencia, pero esta "discriminación", por chamalo de algún xeito, non só se da nos traballos relacionados coa ciencia. Está bastante claro que a nosa sociedade é, a pesar de que, afortunadamente,cada vez menos, moi machista e os máis grandes e importantes postos soen estar sempre ocupados por homes. Por iso vemos que, no apartado científico, os xefes das grandes empresas e os gañadores de importantes premios soen ser homes, pero eu non creo que iso sexa debido a que non existan mulleres científicas ou a non estean tan preparadas como eles, simplemente que estas mulleres soen estar en postos máis baixos e por iso non oímos falar delas.

fab-mariab-
lanco
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 23, 2013, 21:34

As mulleres están tan capacitadas coma os homes para calquer ámbito laboral, sexa científico ou de calquer outra cousa. Esa idea de inferioridade ven dende fai moitos anos, pero non creo que na actualidade se deban seguir tendo esas mentalidades cerradas e absurdas. As mulleres tampouco deben de sentirse inferiores en ningún aspecto comparándoas cos homes, incluso para moitos traballos é preferible as capacidades dunha muller. Co tema dos xoguetes polo nadal, na miña opinión tampouco o vexo ben. Calquera nena debe de poder mentalizarse de outras cousas que as de cociñar e coidar, como ben se estaba nomeando a de adicarse a cousas relacionadas co mundo da ciencia.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.151 segundos.

Os comentarios están pechados.