Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 7 8 9 [10] 11
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-aidago-
nzalez
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 18:08

Eu penso que a frase "detrás dun home hai unha gran muller", por unha parte quere referirse a que os homes non o fan todo e que as mulleres tamén contribúen ao traballo deses homes homes e que, dalgún xeito, é correspondido a unha muller, participando ela tamén. Pero por outra parte, como din as miñas compañeiras, tamén é unha frase sexista xa que se refire a que os homes van primeiro e que as mulleres van despois del.

fab-alejan-
drocosta
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 18:29

isto creo que ven de que as mulleres son mais listas que os homes, e os homes solemos ir a pedir consellos as muleres por eso son elas a que nos aconsellan e nos dan a mellor opinión.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 18:34

😡
Mensaxe para ALEJANDRO COSTA: EVITA AS FALTAS DE OROGRAFÍA, COMÉZASE A ESCRIBIR POR MAIÚSCULA E NON HAI QUE SER TAN SIMPLÓN NAS OPINIÓNS.

fab-robert-
opineiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 18:38

Creo que a frase "detras dun gran home sempre hai unha gran meller" quere decir que todo home ten que ter detras unha muller que lle axude a todo (pensar,...).E esas mulleres sonche do mellor que hai para un gran home por iso se lle chaman grandes mulleres, e se di esa frase.

fab-saulmo-
ndragon
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 28, 2013, 22:37

Non cabe duda de que as mulleres están preparadas ao igual que un home.Pero o problema neste país e que sempre se escolle o mais barato ou amigo,non o mais cualificado.

faa-adrian-
martinez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 29, 2013, 00:04

Citado de fa-victor en November 19, 2013, 20:43

Segue a haber moi poucas mulleres científicas en postos de poder.
Co achegamento das datas do Nadal, os nenos comezan a pensar nos regalos e os catálogos dos grandes almacéns énchense de suxestións. Nas páxina adicadas ás nenas domina a cor rosa e as propostas relacionadas con princesas, o mundo da beleza e as tarefas do fogar; por que non fomentar que se adiquen á ciencia?
Durante a entrega das becas de investigación do Programa “Por las mujeres en la ciencia” de L´oreal-Unesco, tres destacadas investigadoras españolas animaron ás mozas a adicarse a este mundo e debateron sobre a situación das mulleres científicas en España. Coincidiron en sinalar que a pesar de que cada vez hai máis presenza feminina nos laboratorios, os homes seguen a ocupar os postos de responsabilidade.
O problema non é a formación; pode ser que sexa que socialmente está peor visto que unha muller teña máis poder ca un home e por iso as mulleres son tratadas de xeito diferente.
En calquera dos casos, como vedes vos este debate: están tan preparadas as mulleres coma os homes para adicarse á carreira científica?

O machismo segue a estar desgraciadamente moi presente en medios coma as revistas de nadal, está claro que iso debería cambiar. En canto a se están tan preparadas coma os homes, está claro que capacidades teñen as mesmas, pero eu creo que feitos coma o anterior das revistas de xoguetes e demais fan que moitas mulleres non se interesen polo mundo da ciencia, xa que se ven influídas por outro tipo de cousas na súa nenez.

faa-larafe-
rnandez
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 30, 2013, 00:41

As mulleres, foron dende hai décadas o chamado "sexo débil", e relacionadas coas tarefas do fogar, entre elas as de criar os fillos, coidar o fogar, barrer, cociñar, etc., pero co paso dos anos a muller foi reivindicando o seu dereito a igualdade ( no voto, no dereito a traballar...) e introducíndose pouco a pouco, entre outras cousas, na ciencia. A súa presenza neste campo, coma noutros, foi sempre moi escasa. As opinións que podía dar unha muller eran ignoradas, polo simple feito de ser feminina ( o que parece ser un inconvinte para os homes de que poidan dar opinións e ter a mesma importancia que a súa), ignorando durante moitos anos importantes descubrimentos levada a cabo por mulleres científicas.

faa-diegoc-
ores
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 30, 2013, 02:04

En resumo, a miña opinión e que estase avanzando neste tema de introducir ás mulleres na ciencia, que este proceso é lento pero que vai adiante. Polo tanto non se pode seguir falando tanto de discruminación. Eses tempos xa pasaron, e as persoas que ainda pensan que as mulleres teñen que ser como antes acabaran por desaparecer e a igualdade neste campo será algo normal, pero quero insistir en qye esto para min necesita tempo.

faa-mbarre-
iro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 30, 2013, 19:20

Na miña opinión os homes é as mulleres somos exactamente iguais. Non debería estar mal visto que unha muller teña máis poder ca un home se traballa por el como culalqueira persoa. Eu persoalmente noto o da publicidade agora que o Nadal está a volta da esquina, pero non todo o mundo o nota, por iso creo que deberían vixiar os tipos de anuncios que fan.

faa-mbarre-
iro
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 30, 2013, 19:27

Citado de faa-saracastro en November 19, 2013, 21:11
Por supostísimo que están preparadas! Unha muller ten exactamente as mesmas capacidades ca un home, e paréceme absurdo que en pleno século XXI sega habendo estas diferenzas tan notables de sexo. Na miña opinión hai moitas cousas da sociedade que deberían cambiar, empezando por esta.
Unha muller non ten que pasar a súa vida cociñando, coidando dos seus fillos e do fogar, senón todo o contrario. Unha muller ten que traballar fóra da casa, ao igual ca os homes. Ten que ter os mesmos privilexios ca una persoa do sexo oposto.
Tamén é certo que moita culpa desta distinción témola nós, porque como ben dicía Víctor antes, no Nadal aos rápaces o máis típico é regalarlle un coche teledirixido, un robot, etc. Sen embargo se é rapaza pois moito mellor regalarlle bonecas e cociñas de xoguete. Eu sinceramente pensó que isto é absurdo, é algo que hai que ir cambiando co tempo, porque o que facemos así é darlles a entender que as mulleres só sirven para iso, cousa que é totalmente incorrecta.

Eu estou totalmente de acordo con Sara. Quizás unha maneira de que isto cambie é que nos cambiemos a nosa forma de pensar e nun futuro eduquemos de outra maneira ós nosos fillos. Non todas as rapazas prefiren a cor rosa é as bonecas e non todos os rapaces prefiren os xoguetes de guerra. Temos que empezar de cero, unha casa non se comeza polo tellado.

Páginas: First << 7 8 9 [10] 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.127 segundos.

Os comentarios están pechados.