Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
faa-laurav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 01:11

Calquer muller, o suficientemente capacitada, pode desempeñar un cargo de poder e responsabilidade ainda que actualmente estes postos sigan sendo para os homes. E é certo que a capacidade non ten que ver, o verdadeiro problema é a sociedade e o papel que se lle da a muller. Dende pequenas, nos medios de comunicación, a figura que se inculca é de amas de casa e de nais. Eu non estou de acordo con iso. Tanto homes como mulleres poden adicarse á ciencia e aspirar a cargos importantes, sempre que se teña a formación adecuada.
O dos xoguetes na miña opinión non deixa escoller ós nenos con que xogar e orientaos cara o sexismo. Relacionado con este tema topei a opinión dunha rapaza. Se ata unha nena se da conta, porque nos non nos decatamos?

faa-christ-
iancacabel-
os
Newbie
Mensajes: 24
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 09:46

Boas!
Na miña opinión non debería estar mal visto que unha muller ocupe postos de responsabilidade, xa que home ou muller están igual de capacitados é polo tanto son tan aptos tanto un como outro

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 12:01

Así é! As diferenzas de sexo teñen que ir cambiando co tempo. Aínda así, eu como muller, recoñezo que hai certos traballos nos que o home é máis eficaz. Un claro exemplo é o mundo da albañilería e da construción, xa que eles están moito máis capacitados ca elas, é todo cuestión do físico e da forza. Pero independientemente de todo isto, en cuestión de investigación e medicina, non se poden establecer diferenzas, porque non as hai.

fab-mmendo-
za
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 12:25

Eu penso que a día de hoxe calquera que se poida permitir estudar pode facer calqueira cousa, tanto na rama científica coma en calquera outra, penso que se hai menos mulleres científicas simplememnte é porque porque en xeral non lles gusta tanto a ciencia como para adicarse a elas. No meu caso, pareceme moi ben todo o tema da ciencia, pero ainda que sexa algo tan importante non se me ocorrería estudar nada que ten que ver con ela porque non me gusta nada.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 12:30

Citado de fa-victor en November 20, 2013, 19:38
😉
Con respecto do que di marcos, que non hai machismo no mundo da ciencia, creo que se equivoca. Non hai máis que ollar quen se levan os Nobel de ciencias. Está claro que é por unha cuestión de estatística pero os datos demostran que hai unha descompensación entre homes e mulleres premiadas que é difícil de aceptar de non recorrer ao machismo.

Pero se hai moitos máis homes científicos é normal que haxa moitos máis homes galardoados co Nobel, aparte das mulleres doutoradas só o 41% dos doutorados foron en ciencia, matemáticas e computación, e tan só o 25% nas áreas de inxeniería, fabricación e construcción. Así que se dicimos que hai só un 30% de mulleres científicas neste mundo, realmente falamos dun 14% adicada as ciencias como bioloxía, física... Isto tamén é un gran hándicap. Non hai que olvidar que as veterinarias e as farmacéuticas (que representan o maior porcentaxe de mulleres científicas) non reciben un Nobel comúnmente neses campos da ciencia.

Ademais, o descubremento de Marie Curie considérase un dos máis importantes do século XX sen ter en conta que Marie Curie sexa unha muller e iso demostra que non hai machismo.

Citado de faa-lauravazquez
O dos xoguetes na miña opinión non deixa escoller ós nenos con que xogar e orientaos cara o sexismo

Eu estou dacordo, pero moita xente non se dá de conta de que isto é unha forma de machismo e de que fomentan a desigualdade de sexo, eu creo que ese é o problema, a ignorancia. Dubido moito que exista un machismo real, digamos que aposta.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 12:46

Marcos, pero ti pensa. Como imos explicar todas estas diferenzas sen falar de machismo? Resúltanos case imposible.
Tamén é certo que hai cousas que facemos por tradición, sen querer. Un claro exemplo é a roupa dos bebés. Ti cando vas a unha tenda para mercar roupa a rapaces pequenos, atopas dúas seccións. Unha na que predomina o azul, para os nenos; e outra na que predomina o rosa, para as nenas. Estamos tan acostumados a isto que xa nin lle poñemos importancia, pero en certo modo, xa estamos causando unha diferencia de sexo dende o momento no que chegan a este mundo.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 12:58

Exactamente a iso me refiro, non nos damos conta e somos nós os que estamos creando unha fronteira de desigualdade de sexo pero non é machista comprarlle a túa filla cousas rosas. E os empresarios, os que son culpables desas diferenzas de productos, soamente buscan un máximo beneficio e se vender productos por separado para nenos e para nenas funciona non van parar.
Eu non considero que algo que fas sen querer sea machista, por iso digo que non hai un machismo real nese sentido, somos todos os que a pesar de querer evitala, fomentamos a separación de sexos.

faa-saraca-
stro
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 13:08

Vale, non che nego que niso tes razón, pero é que desta maneira o que facemos é fomentar a diferenza entre sexos, e por este motivo incluso poden descriminar a unha persoa. Por que digo isto? Pois moi sinxelo. Se a un neno lle gusta a cor rosa e se sinte cómodo vestindo desa cor, querrao facer. Sen embargo, ao chegar a escola o que igual se atopa é o rechazo e os insultos dos seus compañeiros, xa que estes están tan adaptados a relacionar o rosa coas nenas, que algo así lles parece absurdo, e por elo levan a cabo unha especie de bulling hacie ese rapaz.
Cousas así son as que temos que evitar comezando por rexeitar todas esas modas das cores para bebés e nenos, que pode que non sexa nada relacionado co machismo, como ben dis ti, pero o que sí que está claro é que de certo modo inflúenos a todos nun futuro.

fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 13:18

Estou de acordo con Sara no tema da roupa. Se vas a unha tenda de roupa, a maioría da xente separana en cor rosa para as nenas e o azul para os neno. Eso ,dentro do que cabe, pódese considerar machismo. Porque, ¿Por qué non pode unha nena vestirse de azul se lle gusta? e un neno, ¿ten que vestir obgrigatoriamente o cor azul so por ser un rapaz?
Agora xa se lle da menos importancia, xa que ós xovenes de agora vistense de cor rosa sen que os miren mal, cando anteriormente facíano.

fab-tcores
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 21, 2013, 13:24

No tema da ciencia comparado co sexo, creo que non ten moito que ver, o único que te educaran nunha posición de marxinación, cousa que dudo nestes momentos. Creo que cada persoa escolle o que de verdade lle gusta, e escolle a raíz pola cal esté máis cómodo. Nadie pode pensar que as ciencias son para os homes e as humanidades para mulleres, porque na miña maneira de pensar, eso sería unha estupidez. Como dixen, cada persoa sexa do sexo que sexa, ten os seus gustos, as súas preferencias e os seus pensamentos hacia calquera idea.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.107 segundos.

Os comentarios están pechados.