Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:A CIENCIA TEN SEXO? TEMA CERRADO
fab-noerod-
riguez
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 18:59

Claramente, mulleres e homes están igual de capacitados para facer calquera cousa coa mesma eficiencia. Pode que haxa moitas diferencias físicas entre nós, pero isto non inflúe á hora de realizar un traballo. O único que fai falta é a decisión e a habilidade para facelo, cousa que non depende ningún dos diferentes sexos, senón da mentalidade. A pesar disto, o machismo e feito de pensar "que o home é superior" está presente hoxe en día, e parece que vai tardar moito en cambiar a pesar dos nosos esforzos. Xa desde a antigüidade se tiña este concepto, e imos tardar moito en cambialo. Todos somos seres humanos, non hai máis que dicir.

fab-beatri-
zcasal
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 19:13

Eu opino igual cos meus compañeiros , as mulleres estan igualmente preparadas que os homes, non por ser mulleres estamos menos preparadas para realizar a carreira científica ou outra carreira. Eu opino que polo simple feito de que as mulleres teñan diferenzas físicas con respecto o home non quere decir que sexan menos intelixentes nin moito menos.

fab-marcos-
daporta
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 19:14

Eu creo que non hai machismo tal no mundo científico, aínda que é verdade que se promove p.e. nos catálogos de xoguetes, os xoguetes que se venden para as nenas teñen máis que ver con vestir e as tarefas do fogar; o que realmente influe é a educación que recibiron os seus pais. Os seus pais recibiron unha educación máis machista por iso tratarán ás súas fillas de forma machista.
Isto cambiará progresivamente xa que estamos nunha sociedade menos retrógada

fab-jairot-
roncoso
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 19:29

Dende logo que as mulleres están cualificadas para traballar no sector científico, as mulleres están tan preparadas ou aínda máis que os homes para traballar na ciencia. Pero para traballar no mundo da ciencia hai que prepararse e estudar unha boa carreira, relacionada coa ciencia claro.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 19:38

😉
Con respecto do que di marcos, que non hai machismo no mundo da ciencia, creo que se equivoca. Non hai máis que ollar quen se levan os Nobel de ciencias. Está claro que é por unha cuestión de estatística pero os datos demostran que hai unha descompensación entre homes e mulleres premiadas que é difícil de aceptar de non recorrer ao machismo.
Non pensades o mesmo? Aportade outra explicación, de ser o caso.

fab-lorena-
soto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 19:46

Como din os meus compañeiros, as mulleres están tan capacitadas como os homes para realizar calquera tipo de traballo, só fai falta ter a carreira e os coñecementos necesarios. As diferenzas que hai entre ambos sexos son solo físicas, non de mentalidade, polo que non debemos ser tratadas de xeito diferente.

fab-manuel-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 21:31

Si,a muller esta tan preparada como calquer humano,non é moito menos inferior. A cuestión de convertirse min gran científico ou non,depende de cada persoa,do empeño que lle ponga,e as horas de investigación que adique,por eso,socialmente,cesé mellor preparado o home,porque estés traballos son de abdicar lle horas e horas de investigación,é o ser só Homes,vense que son máis capacitados e traballosos cas mulleres,pero para nada,existen grandes científicas,como Marie Curie,gañadora de premios Nobel,que lle adicou toda a sus vida a radioactividade.

faa-laurap-
az
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 22:33

Por suposto, na miña opinión, as mulleres están tan capacitadas como os homes para dedicarse a calquera traballo. Por desgraza, na sociedade actual hai moitas diferencias entre os dous sexos, un exemplo moi claro, que xa comentaban antes, que nos catálogos dos regalos, para as nenas asócianse os xoguetes relacionados coa tarefas da casa, e aos nenos os de acción e relacionados coa ciencia. Eu penso que deberían empezar por cambiar neste ámbito, xa que non convén que haxa estas diferencias desde tan pequenos.
Tardarase moito tempo en cambiar, non é fácil, pero esperemos que co paso do tempo estas diferencias desaparezan e as mulleres estean tan recoñecidas como os homes en calquer aspecto, como por exemplo na ciencia, xa que actualmente a maioría dos científicos son homes.

faa-fatima-
lago
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 23:14

Claro que as mulleres están tan capacitadas coma os homes para preparar unha carreira científica! Non hai que relacionar aos homes cos seres dominantes, os máis listos. Isto é un erro, e que a día de hoxe, no siglo XXI, o seguimos a facer. Dende pequenos, os pais, cunha gran influencia, acostuman aos fillos a xogar con coches eléctricos, xogos para as videoconsolas, etc... mentras que ás fillas as acostuman a xogar con bonecas, barbies e todo iso relacionado con mundo de cor rosa. Isto é unha idea moi equivocada, un prototipo que hai que intentar desfacer, pero que vai costar, poque xa son anos e anos tratando ás mulleres de forma distinta aos homes. Dende fai moito tempo a imaxe da muller está representada por unha ama de casa, e a imaxe dun home por o marido que trae os cartos á casa. Hoxe en día, e sen ter en conta a crise, tanto o home coma a muller son os que aportan cartos á casa, por igual. E co tempo, e espero non estar errada, acabaremos tendo unha imaxe por igual dunha muller e dun home científicos.

fab-gretag-
eorgieva
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A CIENCIA TEN SEXO?
on: November 20, 2013, 23:20

Eu penso que tanto as mulleres como os homes deben ter os mesmo dereitos en todo, e que non se dea esa diferenza de que as mulleres teñen que ser amas de casa ou ter empleos máis femininos. Estan exactamente igual de preparados os homes que as mulleres para levar a cabo un traballo científico, ademáis nos últimos anos estase a demostrar que son moitas máis as mulleres que obteñen unha nota máis elevada que os homes nos seus estudos e que cada vez hay máis mulleres que se dedican ao ámbito da mediciña e ciencia.
Eu penso que se segue a dar estas diferenzas de sexo a causa da maneira que reciben alguns de pequeños e polo machismo que se seque a dar e de que a xente debe empezar a mentalizarse que a non ser polas nosas diferenzas fisícas somos iguales.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.558 segundos.

Os comentarios están pechados.