Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 15:47

Eu propondía unha lei na que quen descarga algo puxeranlle unha multa,como ben fan en Francia.Outra cousa que hai que solucionar era que para entrar en youtube hubera que pagar unha cantidade mínima así estaríamos respetando os dereitos de autor.Unha lei tamén boa para respetarar os dereitos de autor era cerrar Ares,porque con progrmas como este a xente descarga música gratis e os autores que compoñen os temas non consiguen nada a cambio ppor compoñer eses temas.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 16:48

Eu estou, en gran parte, en contra da lei SOPA. Internet é libre e é un medio de expresión case incontrolable para os gobernos. E creo que esta lei é unha conspiración e non un simple intento de combatir o tráfico daqueles contidos con dereitos de autor. Pero isto vai máis alá, algo que nós ignoramos. Esta lei non só nos multaría por descargar películas de Internet se non por mediar con aqueles sitios na rede que violan os dereitos de autor. Con isto, Youtube, a Wikipedia ou Google ,entre outros, estarían controlados e censurados. Pero eso si, estou en contra de que uns se enriquezan a costa do traballo de outros. Definitivamente, a solución que a tomen os gobernos , que fagan algo coherente non só pensando nuns.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 16:49

Sobre o que di Amadeo, de que hai que pagar para entrar en youtube, non estou de acordo, xa que moita xente non estaría disposta a pagar, para poder ver un vídeo que subeu un amigo ou ver os vídeos de un canal. Actualmente xa se puxo en marcha unha nova plataforma musical de Google chamada VEVO, onde podemos acceder de forma gratuíta a vídeos musicais oficiais. O obxectivo deste proxecto é a de revolucionar o mercado musical a través de internet, o ofrecer ao usuario contidos de pago de forma gratuíta, incluíndo un enlace para descargar a canción pagando. Pero tamén ten as súas cousas negativas, como a intensa publicidade que nos encontramos ao escoitar as cancións dos artistas que nos gustan, onde obteñen os cartos para pagarlle os artistas, de tal forma que canto máis visto sexa o vídeo, máis publicidade viches e máis cartos gañou o artista. Outro dato negativo é que os usuarios non poden poñerlle cancións aos seus vídeos, os que pertencen o portal musical VEVO, de tal forma que si un usuario sube un vídeo musical cunha canción de VEVO, este portal musical envíalle miles de denuncias a ese usuario nun solo día, provocando que youtube lle cerre a conta, ou nos mellores dos casos lle borre o vídeo.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 18:36

(En resposta a Víctor) Eu creo que a mellor solución para acabar coa piratería sería establecer un prezo razoable para poder descargar unha canción ou unha película, xa que se só che gusta unha canción dun artista, non vas a comprar o disco. E outra das medidas necesarias e imprescindibles para rematar coas descargas ilegais é a baixada dos prezos tanto das entradas de cine coma dun disco de música ou unha película.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 20:07

Concordo co meu compañeiro Damián xa que como el ben di en youtube moita xente sube videos de propia autoria e subeos sendo consciente de que todo o mundo o pode ver e por eso o que di Amadeo non me parece razoable. A plataforma VEVO que menciona Damián foi un gran invento xa que neste páxina todos os artistas que o desean poden subir a sua música e videos e polos cales saben o que poden ganar dependendo das visitas que reciban. Discrepo Damián cando dices que a publicidade e negativo xa que pola publicidade o artista gana e ti podes ver o video sen pagar por el de forma legal co a cal o artista da música está conforme e como conclusión gana o artista e ganas ti.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 20:57

Como xa comentei antes, a miña solución á piratería na rede sería baixar os custos da música, películas e vídeos para poder descargalos, ou pagar unha cantidade razoable nunha páxina web que protexa os dereitos de autor e poder disfrutar de todos os contidos que queiramos.
Eu non estou de acordo con Amadeo polo mesmo motivo que Damián sobre a "privatización" de youtube tendo que pagar para poder disfrutar dos vídeos, pois non todo o que hai en youtube é música, tamén videos caseiros que a xente sube a rede para uso e disfrute de todo o que queira velo sen ánimo de lucro.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 21:13

Por eso mesmo o digo María,que hai que cerrar youtube porque moitos dos vídeos que hai son de temas de músicos que teñen dereitos de autor,e non deben estar expostos a xente sen un prezo.Home youtube hai veces que é necesario,pero habría que pagar un prezo mínimo.E para os vídeos caseiros tendríase que inventar unha páxina internacional onde todo o mundo pudera ver os vídeos de todos,pero en essa páxina só se admitirían vídeos caseiros,a música con dereitos de autor...tendríase que pagar un prezo mínimo para poder acceder a ela.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 22:43

Entón Amadeo pasaría coma con megaupload, moita xente que utiliza a páxina para subir videos porque lle da a gana os perdería porque outros dedícanse a subir videos con música ou imaxes con dereitos de autor. Non sería xusto, e xa cerraron a xa nomeada megaupload, non poden cerrar todas as páxinas que teñen contidos con dereitos de autor, porque tamén hai imaxes con dereitos en blogues, páxinas web y demais, entón que, tamén habería que pechalas, non?
Estou de acordo en ter que pagar unha mínima cuota para disfrutar dos contidos dos que ti falas, pero tamén está o que nomeou Damián de VEVO, que penso que é a pequena solución ao tema que pon youtube.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 23:42

Eu propoño un bloqueo total das páxinas de descarga, tanto sexan webs como os servidores P2P. E que a única maneira de desbloqueala fose poñendo o número de telefono, así, cada arquivo que quixésemos descargar nos mandasen unha mensaxe o móbil, donde nos comunicase que temos que reenviar unha mensaxe cun prezo X para poder descargar o arquivo. Agora señor Souto xa está mellor explicado. Porque as súas anteriores palabras estaban un pouco idas da realidade.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 5, 2012, 23:55

En primeiro lugar para rematar coa piratería creo que a mellor solución sería rebaixar os prezos dos produtos,por exemplo os prezos dos Cd poñelos ao redor dos 6 euros sería un prezo razoable, ao igual que si baixaran os prezos do cine.
En segundo lugar non estou de acordo con Amadeo en que se debería cerrar Youtube, xa que moitísimos vídeos son caseiros e non teñen porque perdelos os seus autores.A mellor medida é que os encargados de Youtube borren os vídeos con contido como películas,música etc, que sube a xente.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.11 segundos.

Os comentarios están pechados.