Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 00:44

Non entendo porque dis que hai que cerrar youtube, Amadeo. Os artistas que participan no proxecto VEVO, foi porque eles o aceptaron, de tal forma que están de acordo con gañar soamente os cartos que recaudan exclusivamente pola publicidade. Eles saen gañando a parte de difundir as súas obras artísticas, tamén gañan cartos. Cada vez costa máis encontrar música en youtube que incumpren os dereitos do copyright. Varios amigos meus que soben vídeos a youtube comentáronme, que si poñen cancións que incumpren o copyright, rapidamente lles detectan o vídeo e quítanlle o son. Youtube en ese aspecto esta bastante legalizado, anque non discuto que poden mellorar. Discrepo que haxa que pagar para acceder a youtube ou para ver un determinado vídeo, e sobre que habería que crear unha páxina exclusivamente para os vídeos caseiros tamén estou en contra, a finalidade de youtube foi a de albergar todo tipo de vídeos (sen incumprir as normas). Victorino, a publicidade non é que sexa algo malo, pero é máis molesto que poder escoitar as cancións ser ter esperar. É un mal menor que nos permite escoitar as cancións actuais de forma legalizada.

faa-antoni-
omrodino
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 01:53

Esta Lei, a chamada lei SOPA, cando escoitamos falar dela o primeiro que pensamos é: Malditos ricos americanos que o único que qeren é enriquecerse eles e facer todo o posible para que nos non dispoñamos de nada en Internet!
Realmente, estou a favor desta lei, aínda que non nun grado tan esaxerado coma o de chegar a ir ao cárcere. Eu, me considero unha das miles de millóns de persoas que fai e dispón de programas e recargas piratas, e cada vez que o penso, me parece moi mal que dispoñamos de todo isto ao noso antollo, sen pagar nin un céntimo. Eu creo que os dereitos de autor é algo moi importante do que dispón unha persoa, e sí estou a favor que o que queira escoitar música, por poeñer un exemplo, que pague algo por ela, empezando por min, xa que amin non me gustaría en absoluto facela sen recibir nada a cambio, cando miles de persoas a están escoitando sen ningún custo, polo que esta estricta lei, por un lado, nos veu moi ben anque só sexa durante un tempo.Cal é o problema entón? Que chegara no tempo de crise que nos rodea.

faa-iagopa-
z
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 02:33

Na miña opinión esta lei non deberia levearse adiante, xa que só contribuiría a aumentar as diferenzas económicas entre os ricos e a clase media. Considero que isto é innecesario, debido a que os grandes artistas só ingresan unha pequena parte dos seus beneficios pola venta de discos e os maiores beneficiados serían as dicograficas, mentres na clase media urbana veríanse incrementados os nosos gastos e limitado o noso ocio.
Probablemente esta lei acabe por ser aprobada apesar da indignación xeral e as protestas e manifestacións xa que os gobernos están totalmente a merced das grandes multinacionais ao igual que a xustiza.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 16:18

María eu sigo opinando que youtube tendríase que cerrar porque non é xusto o que fan cos temas de autores que se mataron a facelos,para que chegue unha páxina e vexas os vídeos sen pagar.O que dis de youtube de cerrala,pois claro que a xente perderá os seus datos e vídeos subidos por eles,pero que é mellor que a xente que gane cartos gracias a música vende cds ,ou que as persoas estraguen o traballo destes autores vendo vídeos deles gratis?Eu como ben digo é que non se compren os cds porque son un pouco caros,o que digo e que pagásemos esa cuota mínima nunha páxina por descargalas.Porque esa xente está vivindo grazas a eses cds que venden ou a música que ofrecen os demáis.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 19:55

Iso non é verdade, os artistas non só gañan cartos cos CDs que venden, tamén cos concertos que ofrecen, coas campañas publicitarias, coas aparicións en televisión, etc.
Estou dacordo con que páxinas como Youtube sérvenlles como medio para promocionar as súas cancións xa que así dispersan os videos oficiais. O que cancelarían desas páxinas serían os vídeos de cancións coa letra ou nos que saia xente cantándoa, que ata agora é moi común atopar esta clase de vídeos.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 20:02

A proposta de Adrián non me parece que solucione nada, baixar os prezos non vai cambiar nada, simplemente incrementará un pouco as ventas, pero sen acabar coa piratería que é o principal problema. Falando de prezos en España para frear a piratería levouse a medida contraria, os intermediarios e as editoriais españois aumentaron bastante o prezos dos seus produtos, comparado con outros países, coa escusa de poñer prezos altos para combater coa piratería. Algo que realmente non se acaba de entender, xa que se demostrou que os usuarios si estarían a comprar se os prezos foran máis económicos, acudindo a páxinas estranxeiras para mercar. A proposta de Angel é moi interesante, xa que pagar co saldo do telefono móbil sería moito máis cómodo para comprar por internet.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 21:40

Eu estou totalmente en contra desta lei, vai en contra a nosa liberdade, o único medio de comunicación totalmente libre. Todo isto vai moito máis alá que unha simple protección de dereitos de autor xa que o que o FBI e os Estados Unidos di é que será unha vixilancia continua, e quen incumpla esta lei será multado ou á cárcere, parécenme medidas fóra de lugar. A piratería está mal, pero pódeselle poñer un baixo prezo para que a xente poida seguir disfrutando das comodidades de ver películas ou escoitar música online, sin embargo non se añaden nin eses dereitos, e aínda que a piratería e as descargas en internet inflúen en ganancias para artistas, moitos cantantes se fixeron grazas a Youtube.
Eu penso que o que o FBI quere é o dominio total de internet xa que é o medio de comunicación internacional para comunicarse e que non poden vixiar nin controlar.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 22:22

Eu creo que a lei SOPA é unha lei que non se debería seguir levando adiante, pois é verdade que así o autor perde os seus dereitos na súa invención, pero supondría gastar moitos cartos en cancións, películas, etc...e eso para xente cun saldo normal non é beneficioso creo eu. Sinceramente eu penso que é unha tontería e terían que retirala xa.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 23:28

Persoalmente paréceme esaxerada esta lei SOPA. Opino que o "mal uso" de arquivos, como por exemplo cancións, sí que estou de acordo en sancionar a esa xente. Por outra banda moita xente copia ou colle na rede arquivos sen lucrarse deles, e incluso me atrevo a dicir que a maioría o fai así.

O que sí é certo e que moita xente trafica con arquivos e iso sí que non me parece ben, xa que a perda de cartos da xente que fai esos arquivos é considerable e pola contra benefíciase o autor da páxina onde che facilita a descarga.

fab-laurag-
onzalez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 6, 2012, 23:34

Eu non estou para nada de acordo con que cerren youtube, xa que moita xente ten os seus propios vídeos subidos aí, o que si me pareceria unha boa medida é que o que queira escoitar unha canción, debería pagar unha cuota mínima por escoitala.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.