Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 16:07

Estou de acordo con Victorino, de que moitas persoas como cantantes, actrices, programadores de xogos e software foron afectados pola piratería. E non me parece ben que a xente diga que se debe retirar esa lei por aforrar cartos. A razón de que se debe retirar a lei, é que queren cerrar todo tipo de webs. Eu creo que os conservadores de EEUU son demasiados extremistas. O que se debería facer e convocar o G-20 e facer unha nova lei adaptada. Eu creo que se pode acabar coa piratería pero esa non é a maneira, unha idea sería que todo o contido subido a rede fora revisado por un grupo de moderadores e poñer multa aos usuarios que subiran contido ilegal.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 16:19

Dende o meu punto de vista, creo que esta lei é un tanto esaxerada. Estou de acordo que ningún dos autores ou artistas queren perder cartos, pero penso que tampouco nos deberían prohibir a nós ver determinados vídeos, series ou arquivos. Sempre se lle pode dar un control a este tipo de cousas, pero sen chegar a límites coma este e querer pechar todas as páxinas que nos poidan levar a pensar de determinada maneira que aos nosos gobernantes non lles agrada. Penso que antes de aprobar ou retirar esta lei deberíase consultar coa sociedade, xa que o poder reside en nós, e facer o que a maioría decida. Sinceramente, penso que non poden quitarnos o noso dereito de ver ou descargar películas, series ou cancións, que aínda que moitos autores perden cartos se descargamos eses arquivos ilegalmente, penso que hai outras opcións. Posto que cos tempos que corren, moi pouca xente ten o privilexio de gastarse 20 euros nun CD que probablemente escoite un par de veces e non lle gusten todas as cancións, podendo ter as cancións que lle gustan. O mesmo pasa coas películas, creo que moi pouca xente vai ao cine a pagar 6 euros por ver unha película, que ao mellor, non é o que se esperaba. Polo tanto, penso que deberían solucionar este problema, e en vez de retirarnos estas páxinas, por exemplo, facernos pagar unha cantidade simbólica por cada capítulo ou canción, sacando beneficio destas descargas.

fab-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 16:43

Eu penso que esta lei é un pouco esaxerada, xa que nos leva a lugares moi extremos como ata o punto de cerrar certas páxinas ou non poder descargar música ou películas. Tampouco vexo lóxico que se poidan descargar gratis pero e que os CDS e as películas no mercado están moi caras e o que se poderia facer sería pagar un precio razoable para poder baixar unha canción ou baixar todo o CD en vez de compralo.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 17:02

A min paréceme normal que os prezos de música, películas, xogos e series sexan tan caros, pouca xente compra legalmente e para poder subsistir as empresas necesitan elevar os prezos. Se a piratería desaparecera, a xente non compraría nada hasta que baixaran os prezos. Por exemplo no caso de Rusia que o porcentaxe de piratería é máis baixo, os xogos de ordenador baixaron moito de prezo, por poñer un exemplo o Call of Duty 8 alí costa 15€ cos 60€ que custan aquí ou o Batterfield 3 16€ cos 50€ que costa aquí, sendo estes os xogos máis caros do mercado.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 17:17

A lei SOPA, en si, so favorece a un pequeno grupo da industria tanto cinematográfica coma da música. Xa que os cantantes van a gañar igual descarguemos ou non a súa música, xa que como dixo Lady Gaga, os artistas que están a favor da lei SOPA e entontra de que de descargue a súa música e por que non queren traballar, xa que poden obter ingresos facendo máis concertos, mellorando a sía música para que a xente queira ter o CD orixinal, sacar productos co seu nombre... etc. Xa que os artistas non gañan so vendendo CDs e ao fin e ao cabo, se un cantante ou unha película nos gusta moito remataremos comprándoa. O que pasa e que non hai dereito a que ir ao cine coste 6 euros, e que unha película 30 euros ao igual que un CD normal, sen contidos extras, se o prezo fose máis baixo, a xente iria máis ao cine e mercaria os productos en vez de descargalos.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 17:24

A lei SOPA é un proxecto de lei presentado na Cámara de Representantes dos Estados Unidos. Dita lei ten como finalidade combatir o tráfico de contidos que teñan dereitos de autor e ben falsificados a través de Internet. A aqueles que incumplisen a lei, no caso de que entrara en vigor, poderíaselles bloquear o accesoa Internet cunha orde xudicial. Os que promoveron esta lei argumentan que protexería a propiedade intelectual e a súa industria. En cambio, os opositores (a gran maioría da poboación) reafirman que dita lei ameaza a liberdade de expresión en que se rixe Internet, un dos dereitos humanos que na miña opinión está por riba da proiedade intelectual.

faa-manuel-
busto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 17:38

Eu en parte estou de acordo con esta lei, xa que ó descargar música, videos, películas etc o que estamos facendo é aproveitarnos da capacidade intelectual de outras persoas que traballaron duro para sacar adiante este tipo de proxectos, pero por outra banda non me parece ben que xente que ten un poder económico grandísimo se este queixando da piratería en internet e pedíndonos que paguemos o que a min me parece unha esaxeración de diñeiro por ver unha película ou escoitar unha canción...

fab-aracel-
ilores
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 17:54

Esta lei é algo precipitada e non esta ben planeada, esta non é a maneira que se debe de tomar para protexer os dereitos de autor. Estou totalmente en desacordo con esta lei, non creo que pechando paxinas web como megaupload, ou querendo pechar youtube, facebook,... se poida solucionar a piratería. A xente sempre buscara a forma de descargar arquivos gratis ou o menor prezo posible. Unha forma de erradicar algo esta situación seria que se baixasen os prezos dos CD`s, que se puideran descargar cancións de forma legal en internet a un prezo razoable ou que se pagara mensualmente unha pequena cantidade de cartos a cambio de descargar.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 18:42

Non estou de acordo con Aldara, non creo que os cantantes gañen os mesmos cartos si se baixa a canción de forma legal ou ilegalmente. Unha canción costa 99 céntimos en Itunes, e se houbera moita demanda podería baixar a 30 céntimos ou incluso menos, e gañando máis cartos (no caso que desaparecera o pirateo). Eu creo que os cartos non son un problema, o problema é que se sigue pirateando. Para os que dicen que non pensan pagar tantos cartos polas cancións, que non se compren todas, senón as súas favoritas. Por exemplo cando vas a unha tenda de roupa anque che gusta moita, non vas a comprar toda a tenda, senón o que che permite o "bolsillo", pois coa música tiña que ser igual. Sobre que dice Lady Gaga estou totalmente encontra, anque poden gañar máis cartos de outra forma, a súa principal fonte de ingresos tiña que ser a venta de CDs e cancións soltas. E sobre o que se nos gusta moito unha película ou unha canción desgraciadamente, eu creo, que non se acaba comprando, xa que se a tes descargada no ordenador, non me parece lóxico gastar os cartos para tela unha segunda vez.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 19:57

Araceli estou en certa medida dacordo contigo xa que os CDs son caros pero isto non e a maneira de xustificar a piratería. Outra cousa que mencionas que e o cerre de megaupload pois o que facia esta xente era poñer música a disposición de todos sen ter que pagar por ela e aparte os de magaupload facian un negocio sen ter que dar conta a os creadores das cancións, videos,...
Outra cousa como dice Damián que se foran as cancións e xogos mais baratos pois moita xente animaríase a comprar as cousas pero desde o meo punto de vista discrepo disto xa que na miña opinión nadie paga máis se pode pagar menos ou nada pero tamén hai que ter en conta que se fora máis barato pois si que a xente mercaría máis.
Para concluir en España no 2008 aplicouse unha lei que é a do canon dixital. Esta lei na miña opinión si que tiña que ser retirada porque non ten sentido ningún xa que por exemplo porque unha persoa cando compra un móbil ten que pagar 1,10 euros máis por el se esa persoa non ten pensado descargar ningunha música, nin videos,... esta si que me parece unha lei absurda e sen ningunha xustificación posible.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.166 segundos.

Os comentarios están pechados.