Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 18:46

Un dos temas máis polémicos na actualidade é o da futura aplicación da lei “SOPA” (“fin da piratería online”); é un proxecto de orixe estadounidense que se sitúa no centro do debate mundial tras provocar o peche da web máis grande de intercambio de arquivos “online”, megaupload.
Esta nova lei instaura un dispositivo de censura na web coa idea de loitar contra o tráfico “online” de arquivos, “favorecendo” aos dereitos de autor e á propiedade intelectual.
Pero a verdade é que esta lei vai máis alá que a defensa dos dereitos de autor, xa que as consecuencias serían enormes, pois páxinas mundialmente coñecidas e utilizadas, como YouTube, Twitter, Facebook ou incluso Google veranse obrigados a modificar e reorganizar todos os seus contidos non autorizados para evitar ter problemas coa xustiza. O esaxerado é que aparte de que o FBI anda de por medio, esta lei ameaza co control total, ademais de penar con multas ou ata coa cárcere a todas as persoas sospeitosas de levar a cabo calquera acción que prexudique os dereitos de autor.
Mais a rede non está disposta a perder este único lugar de liberdade total e “hackers”, usuarios e ata xefes de importantes empresas como Twitter e Facebook ameazan con bloqueos, apagóns e ataques aos órganos oficiais.
Cal é a vosa postura con respecto a este asunto? Seméllavos unha lei axeita?, habería que modificala?, retirala?
Pensades que se deben defender máis os dereitos de autor na rede? Como facelo?

Autora: Antía Chantada

fab-rosamm-
illan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 19:17

Eu penso que un autor,cantante ou actor debería importarlle máis que moita xente aprecie o seu traballo e non só os beneficios económicos que acade con él.
Esta lei ten parte de razón pero só no apartado de ver peliculas-libros etc on-line xa que deberíase introducir un prezo razonable para que as persoas puideramos conseguilas de forma legal na rede,as redes sociais non deberían ser censuradas xa que nelas a persoa entra por decisión propia e comparte información que ela mesma crea e envia.
Esta lei é moi extremista e debería de ser renovada de modo que non afectase tanto a Internet xa que se nos poñemos así só usaremos o ordenador para xogar o buscaminas a este paso que vamos...

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 19:44

Eu creo que calquera persoa é famosa xa que foi vista por moita xente na rede,se as súas cancións en teoría tuberan "copyright",compraríanas pouca xente o que dá lugar a que as oiría pouca xente e non se faría famoso.Osea que os famosos teñen que dar grazas as redes que publican os seus traballos,porque grazas a eso e só a eso son munidialmente famosos.
Como ben di Rosa,esta lei ten parte de razón porque así os autores non ganan tantos cartos,pero unha pregunta que me fago é:que é mellor ser famoso ou gañar cartos?Na miña opinión creo que é mellor ser famosos porque ao selo vas gañar cartos nas túas actuación.osea que da igual que presenten os teus traballos na rede.
Esta lei debería ser modificada,por exemplo que poidas descargar tres cancións o mes e a partir desas tres que pages 0,80 cétimos por cada una,o que non vexo normal é que vaias a comprar un disco e un dos máis baratos che valga 12 euros.Ten que ser retirada ou modifica axiña,na miña opinión

faa-breixo-
alonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 19:54

Penso que deberían intentar chegara un acordo e non tomarse a xustiza pola sua man, como foi o caso do FBI cerrandoa megaupload xa que non me parece normal que unha das principais ramas de invetigación de EEUU cancelase unha pxina web a todo o mundo,o normal sería que a cancelase so no seu país non en todo o mundo. Dende o meu punto de vista a lei SOPA deberiase modificar, penso que deberían deixar seguir descragando pero que os artistas se quedasen con unha porcentaxe de beneficio por cada descarga xa que as paxinas reciben beneficios por cada visita polo que non me parece ben que se beneficien do trabllo de outros, desta forma conseguiriamos un pacto amigable.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 20:09

Amadeo, non estou dacordo contigo en absoluto. Hai unha gran cantidade de artistas, a maioría, (músicos, escritores, actores...)que son famosos desde hai moito tempo antes de que internet tivera a presenza que ten agora. Ademais o argumento non me parece sólido porque se da a entender que na rede non debe haber ningún tipo de barreira.

faa-xosema-
rtinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 20:19

Na miña opinión a solución para resolver este problema non é enfrontarse á rede e ós seus usuarios, senón que sería preferible que pensaran no que leva ás persoas a descargar calquera contido ilegalmente. Xa que, ó meu modo de ver, por exemplo, si se cobran ata 10 euros por unha entrada de cine moita xente non se pode permitir ese gasto e acoden a outras formas de ver a película. Esta claro que para a xente do cine (directores, actores...) 10 euros parece unha cantidade ínfima por ver unha película, pero para o resto da xente este prezo é considerable e non facilita que se acuda ás salas de cine.
Outro tema do que me gustaría falar é sobre o cerre da web de descargas "Megaupload". Esta páxina web cerrouse polo FBI para intentar frear o gran número de descargas pirata que se realizaban neste servizo de almacenamento. Pero intentando solucionar un problema crearon outro moi grande, xa que sobre 15 millóns de persoas se quedaron sen poder acceder a arquivos da súa autoría, relacionados ca súa vida privada ou laboral.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 20:19

Eu non quixen facer referencia a todos os artistas en absoluto,expreseime mal.Quixen dicir que os artistas actuales como por exemplo Lady Gaga,Pitbull...só se fixeeron famosos no mundo enteiro pola rede,o mellor no seu país era famos desde antes,pero mundialmente coa axuda da rede ou de saír en programas...en definitiva pola comunicaion audiovisual.Pero fago referencia aos artistas famosos da actualidade.
Xa sei que os artistas máis antigos fixéronse famosos por méritos propios,non grazas a rede,xa que antes non había ou non se usaba internet,fíxeronso famoso por ir tocando por todas as comunidades e distintas zonas desas comunidades.Eu en todo o texto anterior só fixen referencia aos cantantes.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 22:07

Todos os artista gañaron algo de fama na rede e neso estou dacordo con Amadeo, toda a xente que é famosa, toda ten cartos e se os artistas non foran tan avariciosos e non puxeran o prezo dos CDs tan altos ou os das películas posiblemente non habería tanta piratería. Non todo o mundo como di Xosé ten tantos cartos como para gastalos no cine ou nos CDs, e máis agora. Pero si é normal que haxa restrinccións se se quere vivir da música ou do cine e cada ún produce o seu é normal que se pague porque eles estano a vender, pero esta lei tampouoc comtenpla aos artistas que suben voluntariamente os seus temas á rede xa que lle chega de abondo cos cartos que se gañan nos concertos etc.
Esta rede tamén hai que dicir que é proposta polos republicanos estadounidense e que só escoitar que cen deles non trae nada bó, non lle chega con controlar o país e practicamente o mundo que agora queren controlala rede totalmente... xa non podemos ter liberdade.Paréceme moi mal que o FBI se poña a deter os de Megaplaud( aínda que o merecen porque se fan ricos a costa dos demais)xa que según eles perseguen ista páxina porque se fixeron ricos a costa dos demais, pero non perseguen ós grandes bancos nin ás grandes empresas estadouideneses que fan o mesmo, esto quere dicir que a parte disto hay algo máis detrás, os republicanos queren que se acabe intercambio de archivos para así controlalo todo e evitar revolucións coma as de África.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 22:28

Eu estou en desacordo, coa forma de actuar da lei S.O.P.A. Non me parece a mellor maneira cerrar megaupload (o servidor máis grande de descargas directas), sin dar ningún tipo de aviso, nin establecer un plazo mínimo de tempo, para que as persoas que usaron megaupload de forma legal e profesional, poidan recuperar os seus arquivos. Tampouco me parece acertado que cerrando este servidor acaben coa piratería, xa que hai miles de serves que ofrezan os mesmos servizos, anque sexan menos coñecidos. A xente vai seguir descargando ilegalmente cancións, películas, videoxogos, libros... Tamén me parece excesivo que empresas como Google, Youtube, Twitter, Facebook... entre outras moitas se vexan afectadas por esta lei.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 2, 2012, 22:30

Eu penso que o FBI foi demasiado duro con esta lei. Ben é certo que non é xusto que algunhas persoas utilicen o traballo de outros con fins lucrativos, pero tamén me parece que están defendendo demasiado ós artistas. Non vin que durante estes anos nos que se podían descargar archivos gratis, as vidas dalgúns famosos que están a favor desta lei empeorasen. Siguen tendo millóns de cartos e millóns de casas repartidas por todo o mundo. Ademáis, moitos cantantes actuais que son coñecidos mundialmente fixéronse famosos gracias a internet; algúns incluso agora non serían coñecidos se ninguén se houbese fixado neles en YouToube ou outras webs.
O FBI busca con esta lei lograr o dominio sobre internet, pero iso é algo case imposible. Na actualidade as redes socias serven de canle para organizar manifestacións e folgas e para amosarnos a verdadeira realidade das cousas que algúns políticos esfórzanse en ocultarnos. Eu creo que os altos cargos teñen medo de que os internautas adquiran moito poder sobre eles e por iso buscan o control na rede.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.139 segundos.

Os comentarios están pechados.