Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 00:13

Se o que de verdade pretenden con esta lei e que os artistas reciban unha compensación polo seu traballo deberían mirar que é o que conduciu á xente a esa descarga masiva en internet. Ben é certo que é moito máis cómodo e doado estar metido na casa e descargar unha película ou un disco e miralo tumbado na cama, pero a subida dos prezos dos cines e das tendas de música non favoreceu a que a xente saíse a ver ás películas ós cines ou a comprar os CDs orixinales.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 00:54

- Eu estou de acordo a medias, xa que o artista ten que ganar algo polo seu traballo, pero o que non poden pretender e que se pague moito por un CD. E hasta hai veces que compramos un CD porque un artista saleu nun progama e cantou a mellor canción que tiña en todo o CD, e como esa canción nos gusta, compramos o CD pero despois levamos a sorpresa de que as outras non nos gustan, por eso se baixa moita música de ares e se ven péliculas de páxinas como a famosa Megaploud ou megavideo, xa que unha película vese unha vez ou un par de veces máis e non merece a pena pagar moitos cartos por unha película que só vas ver unhas cuantas veces.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 01:45

😉
Para rematar o foro reflexionade sobre se considerades necesario algún tipo de lexislación que controle as descargas ilegais ou que as cousas debe seguir como ata o de agora.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 02:06

Si, debería existir algún tipo de lexislación porque como ben indica o nome son ilegais, e todo aquilo que sexa ilegal debe ser penado, seu con sanción económica ou un expediente disciplinario. Eu só vos pido unha cousa, poñédevos na pel dos encargados de empaquetar os CDs, ou nos que barren a nave donde se prepara a loxística. Xa vos dixen, que por moita fama que teña o famoso se non ingresa efectivo mal van todas esas familias que dependen del. E outra cousa gustaríame que reflexionarades contra o de que non queredes toros porque é un maltrato animal e agora que se queren parar os atentados que viñemos facendo contra os dereitos de autor, estades encontra, a verdade e que me fascina a vosa ideoloxía.

faa-antoni-
omrodino
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 03:31

Eu creo que sí debería existir un tipo de lexislación para este tipo de abundantes descargas ilegais. Como di o señor Anxo, toda ilegalidade debe ser penada. É que é algo moi simple, non miremos esta privatización de redes como algo froito de persoas ricas, se non pensemos en todas as consecuencias que pode conlevar a piratería. O primeiro síntoma o atoparíamos e todas as persoas ou comerciantes que son encargadas de repartir CDs etc, por exemplo. Debido a que a piratería de música está presente, estes comerciantes non poderían vender, ou pola contra, reduciríanselle as súas vendas, polo que o seu soldo iría descendendo, ata poder mesmo acadar unha total quebra do seu pequeno comercio, e veríase na obriga de despedir a todos ou moitos dos seus empregados, e tal como ese comerciante moitos outros.
Eu creo que a culpa de todo isto, anque por un lado me parece ben pero polo outro non, é a facilidade que oxe en día hai para poder ter acceso a Internet, cando antes só dispuñan del unha minoría, iso, moitas veces, conleba ao número destas piraterías.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 16:45

Eu penso que as cousas deben seguir como ata agora se fixeron. Seguramente moita máis xente prefire seguir igual.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 17:00

Eu creo que ten que haber unha lexislación que controla as descargas unha por unha de cada un dos cidadáns,como fan moi ben en Francia.E si incumples esa lei detéctante e mandanche unha multa ou aparecenche directamente na casa.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 17:45

Na miña opinión sí, debería existir unha lexislación, pero que favoreza tanto aos cidadáns coma os artistas, porque polo visto so se busca a riqueza dos artistas e non se pensa en que se non fose grazas a nos, a xente que traballa neses mundos non podería vivir do seu traballo. Aínda así penso que a maioría da xente prefire seguir coma ata agora, descargando.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 17:52

A lei sopa, (na miña opinión),é unha medida que fastidiara moito aos "Piratas" que se aprobeitaban das facilidades de descarga de internet (grupo no que me inclúo) pero despois de reflexionar bastante, chegei á conclusión de que en parte teñen moita razón, xa que por moito que nos baseemos na tese de que os cantantes xa teñen moito diñeiro e lles da igual perder os cartos en CDs, non nos paramos a pensar nas persoas que traballan para eles , en discograficas, vendendo discos etc, xa que para eles resultaralles tan molesto como se por exemplo nosos pais comezasen a cobrar a metade do seu soldo porque a empresa na que traballan, perden diñeiro porque outra empresa allea esta regalando os productos que eles venden.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 18:07

José Chaves, ese tipo de comentarios que fas deixan moito que desexar. Quro opinións elaboradas e razoadas, non valen frases superficiais.

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.072 segundos.

Os comentarios están pechados.