Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 18:41

Eu, sinceramente, penso que esta lei non ten moito sentido, xa que por moito que o FBI se dedique a eliminar páxinas nas que se poidan realizar enlaces externos doutras (como ocorria en megaupload)o único que vai a ocorrer e que se creen outras diferentes e máis complexas. Por outro lado vexo moi inxusto que prohiban a xente descargar música ilegalmente, xa que, se pensan que por prohibilo a xente vai a comprar CDs están moi equivocados por que seguro que como a min, a moita xente lle gusta unha única canción dun grupo, e non por iso me vou a comprar un CD que me custará dez euros para escoitar únicamente unha canción. Como ben di o meu compaéiro Isaac eu son un pirata.

fab-carmen-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 19:03

Como ben se dixo en comentarios anteriores, partindo dende o punto de vista de Rosa, na miña opionión esta lei é demasiado extremista.
Comparto a opinión con ela no asunto dos artistas, actores...etc. en canto a que se desvalora parte do seu traballo, querendo defenter os dereitos de autor ó baixar contidos gratis da rede, pero tamén é certo que o precio que supón pagar por ver un novo estreno de cine ou canción é moi elevado e tal como estamos non hai quen gaste iso. Tamén estou da cordo cando se di que moitos dos personaxes famosos déronse a coñecer por primeira vez grazas a Internete ou concretamente por Youtube e que xa as persoas que posuían esa fama aínda aquiriron máis. Ó meu pensar, esta lei debería se modificada, sendo máis liviana na maneira de actuar, sen necesidade de cerrar Megaupload nin demáis páxinas ou redes sociais vinculadas.
En vez disto, poderíase aportar una suma xusta de cartos ó mes/ano, tendo a posibilidade de descargar ou ver on-line calquera archivo desexado para uso particular.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 19:09

Na miña opinión esta lei SOPA ou PIPA esta a ser moi estrita, eu non estou encontra nin a favor dela. Como toda lei ten cousas que gustan e outras que desgustan segundo o criterio de cada cal.
Neste caso quen se vería compracido pola lei serían as industrias de cine e industria que como ven dicía a introdución pretenden protexer os dereitos de autor e propiedade intelectual pero prexudicando de certo modo a páxinas web e mesmo a Google por teren ou anunciaren sitios de descarga ilegal . Isto todo a larga levara a censura de miles de páxinas e alterará a operatividade de internet.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 20:03

Baixo o meu punto de vista esta non é a mellor vía de actuación para protexer os dereitos de autor. Teríanse que preocupar de baixar os prezos, xa que non é normal ter que pagar 15€ ou incluso máis por un disco, nin 10€ por unha entrada de cine. E, no canto de prohibir as descargas poderían fixar un prezo razoable (menos de 1€) para que se alguén quere descargar música, series, películas... online, poida facelo sen ningún problema.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 20:05

Lamar Smith é o autor da lei SOPA, sobre as violacións aos dereitos de autor e outras actividades ilegais en Internet. Pero descubriuse que no sitio web de Smith utiliza contidos que violan os dereitos de autor, polo que lle valeu ser tachado de "hipócrita".

faa-juancs-
ineiro
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 21:29

O problema é que os que fan os discos de música, películas e demáis cousas que se descargan en internet vas buscalas a unha tienda e balen moitos cartos, e o que fas con esta ley é que a xente que por exemplo non ten recursos para gastar 20 euros nun disco, do que ao mellor che gustan duas cancións, non poida telo, porque os americanos cerran o portal de descarga máis grande e máis bisado do mundo.
Tamén cerran megavidio.
Crearían cuantisas perdas a google, youtube e demáis webs.
E o peor de todo e que o fan por xente que ten moitos cartos e que non necesita vender discos porque de onde sacan máis cartos é de ir a facer xiras e concertos.
E o peor de todo é que afecta a todo o mundo, porque no no fan en EE.UU. se queren que é onde teñen xurisdicción para facelo.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 3, 2012, 22:26

Na miña opinión creo que esta lei está sendo moi estrita,estou de acordo en que non é moi xusto que poidamos ver todo conto se non entoxe.Pero no que non estou de acordo e como din os meus compañeiros, e ter que pagar sobre 15 euros por un Cd ou pagar ao redor de 10 euros por ir ao cine.A min o que me parecería mais correcto é que puxeran un prezo razoable por descargar calquera tipo de arquivo sexa unha película,musica etc.. e que deste importe os autores gañaran un porcentaxe, e desta forma ninguén sairía perdendo.

fab-noelia-
fernandez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 01:28

Na miña opinión, eu penso que esta lei é quizais pasarse , penso que ao final moitos artistas son escoitados e vistos, ou incluso chegan á fama por este tipo de programas, podo chegar a entender que esta descarga masiva de arquivos que se realizan diariamente no mundo poden supoñer millóns de pérdas, pero tamén é de entender que os prezos dos CDs DVD e outros, son bastante caros para que a xente o poida permitir, ou simplemente que de un CD tan só che gusta unha canción. Non estou para nada de acordo con esta lei, igual debería existir unha lei para que a xente non descargara tanto, pero que fora menos estricta.

fab-laurag-
onzalez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 14:53

Eu penso que deberían retirar esta lei, aínda que entendo que queiran defender os dereitos de autor, pero en moitos programas danlle premios a cantantes porque a súa canción é a máis baixada do a no e iso non e máis que gracias a nós que as baixamos mediante arquivos online, e eles tamén reciben beneficios. Levamos moito tempo utilizando este tipo de arquivos e nunca hubo problemas graves. E xa é moi exaxerado que si compras unha película e vela cos teus amigos ou compañeiros xa podes ser multado por compartir esa película. En definitiva, que é unha lei moi exaxerada e non estou para nada de acordo.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 4, 2012, 14:55

Na miña opinión esta lei, ainda que nos afecten a moitas persoas por aforrar uns cuantos "bastantes" euros, quizá non teña un posible debate xa que o que facemos e apropiarnos dunhas cancións ou películas as cales teñen un traballo que lle lebou tempo facer e por as cales gastaron un diñeiro e nós mirámolas e escoitamolas sen pagar e se temos en conta que todo o mundo fixera isto pois xa non habería nin músicos nin actores. Con respecto o FBI esta claro que se cerran unhas páxinas porque uns señores gañan diñeiro sin gasto ningún non solo as van cerrar en EEUU senón que as cerraran en todo mundo xa que unha gran fonte de ingresos e fama dese país e Hollywood e polo tanto ese sector vese prexudicado pola piratería.
Despois de todo isto teño que recoñecer que eu, igual que moitas persoas, descarguei e vin películas e escoitei música sen pagar por elas pero con isto non podo decir que o que fixen esta ben e que polo tanto deben sacar esta lei. Desde a miña opinión non creo que a ninguén de nós nos gustara que pasáramos un traballo a facer unha cousa e que despois todo o mundo se benificiara dela sen darnos nada acambio que a fin de contas era o que facía Megaupload e para min non vale aquelo de que "xa ganan moito diñeiro" xa que entonces teriamos que roubarlles a constructores, empresarios, banqueiros,... xa que eles a fin de contas tamén ganan ou ganaron moito diñeiro.
Para rematar, aínda que fagan leis prohibindo isto non creo que sexa o seu fin xa que sempre hai persoas as cales faran negocio con isto por exemplo os "top manta" e como ben dixo un compañeiro meu antes, crearanse novos enlaces máis complexos pero a o fin e a o cabo seguirase descargando música e películas.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.