Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 18:54

Din que Lei ''SOPA'' servirá para cotrolar a piratería e evitar que arquivos con dereitos de autor sexan descargados da rede. Pero a lei vai máis alá e permite ao goberno estadounidense pechar unha páxina web cando teña a mínima sospeita de que nela se poden aloxar arquivos pirata.
Dende o meu punto de vista, as descargas deberían estar controladas de algún xeito, pero os primeiros que teñen que tentar buscarlle unha solución son as productoras e discográficas posto que se un CD ou un DVD che pode costar 25€, é normal que a maioría da cidadanía descargue eses arquivos.
Tamén cómpre diferenciar entre páxinas desde as que se descargan directamente calquera arquivo con dereitos de autor con páxinas de comparir arquivos como Ares.
Pero o que non se pode permitir é que uns se fagan multimillonarios a costa do traballo de outros, como é o caso dos donos de Megaupload.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 21:20

Sinceramente, ata o de agora, ninguén se queixou de como estaba controlado este tema na rede, posto que nos beneficiaba a todos o que dispoñiamos deste medio. E ben, agora que nos quitan, ou intentan quitarnos ó que estabamos acostumados, non sabemos qué facer para paralo. Creo que na actualidade hai temas moito máis importantes que este e necesitan máis apoio e movilización, pero posto que este afecta a gran parte da sociedade, dámoslle máis valor. Penso que non é necesario pasar dun extremo a outro tan drasticamente: de poder descargar todo tipo de arquivos, a ter limitacións nos mesmos. Creo que o mellor sería buscar unha solución onde as dúas partes saian gañando. Como xa dinxen antes, creo que sería mellor permitir descargar arquivos ás persoas que queiran ou precisen, pagando por exemplo, por cada canción ou película, sempre e cando sexan cantidades non moi altas. Así, a xente continuaría estando interesada neste ámbito e ademais, suporía ganancias para os autores, en lugar de pechar páxinas deste tipo ou páxinas nas que se nos informa de cousas que non interesa que a sociedade saiba.

faa-juancs-
ineiro
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 23:35

Eu penso que todo debe seguir igual, ou por exemplo que parte dos cartos que gaña a xente que fai as páxinas e por ter publicidade cobran, debían de darllos ao que ten os dereitos de autor. Pero tamén penso que eles non deberían de poñer discos, películas... tan caras, porque se se fai a ley sopa, moita xente non vai poder ver películas que lle gustan ou escoitar cancións.

faa-monica-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 7, 2012, 23:41

Na miña opinión, non estou moi de acordo con esta lei, pois aínda que non queiran, a xente buscara novas alternativas para poder descargar e non ter que compralas.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 00:16

Eu non estou de acordo contigo Monica,pois si poñen a misma lexislación en España que en Francia,haber como baixas música ou vídeos...,xa que só intentalo ao día seguinte xa che están na casa cunha multa.É imposible librarse dunha multa por descargar música,vídeos... en Francia.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 00:19

A ver, na miña opinión creo que non é necesario que teñamos oposicións para descargar o que queiramos. Hoxe en día moita xente utiliza internet para descargar todo tipo de cousas para entretemento persoal, etc. E se ademáis queren pechar tamén páxinas de redes sociais tan famosas como Twitter ou Facebook, creo que a maioría da xente deixaría de andar en internet. Agora mesmo é normal descargar todo tipo de cousas de internet sen que sexa ilegal e iso non o poden cambiar así de súpeto, na miña opinión...porque, por exemplo, se che gustan dúas ou tres cancións dun disco, non vas a descargar o disco enteiro penso eu. Está ben que nos manteñan vixiados por se acaso facemos algún delito, pero as descargas "ilegais" lévanse facendo moitísimo tempo e non creo que deba cambiar.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 01:51

Estou abraiado co comentario de Maria Rojo, xustamente na parte donde dice,"polo visto so se busca a riqueza dos artistas e non se pensa en que se non fose grazas a nos, a xente que traballa neses mundos non podería vivir do seu traballo".Agora voulle facer unha aclaración. Mire, imaxínese que vostede monta unha distribuidora de patacas 100% legal. O cal vostede vai depender dos clientes, e dicir, vai depender de todos (espero que lle quedase claro que todos vivimos de todos). Pero sigamos, resulta que vostede acada uns resultados a fin de mes abrasadores. Pero un pouco máis abaixo da súa distribuidora atópase un individuo que montou unha distribuidora ilegal que ofrece patacas gratis, a conta da publicidade que meteu polas paredes da nave. Como é normal vostede vai perder o 80% dos clientes, e que fai, denunciar. Ven a denuncia e dita que a distribuidora ilegal ten que cerrar. E agora pregúntovos, estades de acordo en que ten que cerrar a distribuidora ilegal?

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 16:28

A min pareceme fatal que se fale do ben que vivian os donos de "megapload" fruto do seu negocio, cando Justin Bieber, Lady Gaga, Penelope Cruz, Jonny Depp... e así ata conseguir a lista inmensa de artistas cubertos de cartos, viven moito mellor que eles.
Canto ten que baixar o prezo dun CD para que me compense mercalo e non descargalo? Non paga a pena mercalo nunca.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 16:33

Esta claro que hai que controlar a piratería, pero non ata o extremo de meter 50 anos na carcel a uns empresarios que se adicaron a un negocio reprobable. Nin Mario Conde por roubar pasou máis de 6 anos, nin os asasino de Marta del Castillo 20 anos. Pero así respira o noso sistema xudicial, é o paraíso dos delincuentes de verdade.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 17:07

Contestándolle ó meu compañeiro, Ángel, eu non creo que teña nada que ver unha cousa con outra. No exemplo que ti pos, as patacas ós clientes sálenlles gratis, en cambio, por internet paga todo o mundo un tanto, sexa un fixo ou só polo que gastes. Por eso penso eu que ese exmeplo está mal formulado.
Nese caso, os clientes dirían que non se cerrase a distribuidora porque non teñen que pagar por moitas patacas que se leven, en cambio, o propietario da distribuidora 100% legal estaría totalmente dacordo conque se cerrase esa outra distribuidora porqe lle está quitando o seu negocio que levou adiante, pode que con moitos sacrificios.

Páginas: First << 6 7 8 [9] 10 11 12
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.068 segundos.

Os comentarios están pechados.