Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 18:16

Estou totalmente en desacordo con Ángel. Como dixeron Aldara e Ismael, non se pode comparar o maltrato animal con comer unha leituga.
En primeiro lugar, o diñeiro non é o que importa nestes casos xa que estamos falando de MALTRATO ANIMAL. Algúns defensores deste tipo de espectáculos din que os touros que se matan son criados especificamente para isto, como se fose o seu destino e naceran para morrer. Baixo o meu punto de vista, ese razoamento é estúpido. Sería como dicir que as mulleres nacen para facer felices aos seus homes.
Eu nunca fun a unha corrida de touros nin teño pensado ir, pero cando sae na televisión algo relacionado con iso, vese claramente o sufrimento do animal. Primeiro crávanselle tantas banderillas como se queira(algunhas teñen un arpón de 8cm), e cando o toureiro lle crava a espada (de 80cm), o animal non morre nese instante, senón que aínda pasa un tempo ata que cae ao chan e morre afogado co seu propio sangue. Moitas veces, remátano coa puntilla (de 10cm) e despois é cando lle cortan unha orella ou as dúas, dáme exactamente igual, xa que por fin rematou a tortura.
Xa para rematar, gustaríame que os que defendedes estes espectáculos vos puxerades na pel do touro. Como credes que sería? Gustaríavos morrer deste xeito porque así xerades beneficios económicos, postos de traballo...?

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 20:04

Como ben di Ismael paréceme incrible que Angel, compares unha leituga con un maltrato a un animal. Cando comemos unha leituga e a cortamos no sufre ningún tipo de dor, é un vexetal, non ten ningún sentido. En cambio, neste caso, os touros sofren unha humillación pública e brutal que é vergonzoso para o século no que estamos, xa que supostamente melloramos cos anos, pero así como o machismo, que non está superado nin nada polo estilo, o maltrato animal nas circunstancias das corridas de toros son totalmente fora de lugar e nada propias da época na que nos atopamos e aínda que sexa unha tradición española non me parecería mal que se plantearan en retirala definitivamente.

faa-monica-
gonzalez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 20:24

Na miña opinión, eu creo que aínda que simbolicen algo no noso país, non debería estar permitido, pois, maltratan a touros sin motivo ningún.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 21:53

Portugal é un exmeplo de lugar donde a matanza de touros durante as corridas foi suprimida en 1928.O que fan en Portugal é primeiro tourealo e despóis levalo ao matadero,na corrida participan 3 matadores e 6 touros e as corridas duran 20 minutos.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 22:39

Pois eu, ao contrario, estou totalmente en contra destes espectáculos.E, sinceramente, penso que non pode compararse o maltrato animal co vexetal, como di Ángel. Certo é que as plantas tamén sofren e todo iso, pero cortámolas para alimentarnos, como facemos cando comemos carne vacuna ou porcina, pero con respecto ás corridas, qué finalidade teñen? Entreter vendo a tortura dun animal ata a súa morte? Dende logo, a min non me parece razonable. E ben, pode ser unha tradición, estou de acordo, pero como dixo Aldara, o mundo cambia, como a forma de pensar da sociedade, e avanza, por iso non chego a comprender cómo a estas alturas da época contemporánea se sigan a realizar tradicións propias, como mínimo, da Idade Media.
Ademais, repito, que as corridas de touros son consideradas a máxima representación da cultura española, e eu penso que hai cousas mellores e máis interesantes que estas.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 22:45

Penso que sen a morte final segue habendo maltrato pero lóxicamente cambia o tráxico final. Penso que se seguen crecendo os antitaurinos pode que algún día se acabe este maltrato innecesario ós touros e xa non sexamos identificados pola "arte" de torear. Esto vén dado pola avanzada mentalidade que temos actualmente e o sentido común.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 22:49

En resposta a Víctor, estas práctias estendéronse enormemente. Na actualidade están presentes en países hispanoamericanos, como Ecuador, Bolivia, Panamá, Costa Rica, México, Venezuela, Perú ou Colombia; tamén se realizan no sur de Francia e en Portugal. Neste último país, non se lle dá morte ao animal, publicamente, dende 1836.
As corridas de touros ao estilo portugués distínguense principalmente das españolas en que a loita contra o touro é a cabalo, e para protexelo, o touro leva os cornos cunha capucha. O espectáculo en sí consta de dúas partes, na primeira, o xinete, loita contra o touro provocando que corra perseguindo ao cabalo, para clavarlle distintos tipos de armas, baderillas parecidas ás españolas, que producen dor e pérdida de sangue.
Unha vez o animal está totalmente cansado comeza a segunda parte, o xinete abandona a pista e entran os forcados (un grupo de oito homes), que desafían ao touro directamente, para que envista. Finalmente, este grupo deixa tamén o ruedo, e entra un grupo de touros castrados e domados para atraer o touro protagonista. Ben, o certo é que en Portugal, o touro non se mata públicamente, posto que sería ilegal, mais, non obstante, sí se mata na maioría das ocasións aínda que se realice a porta pechada.
Dende o meu punto de vista, esto continua a ser un maltrato cara o animal, que aínda que non morra na pista, maltrátano e esgótano, para que finalmente, acabe morrendo, aínda que a xente presente non sexa consciente.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 23:49

Eu si fun a unha corrida de touras, e a pesar de que para min era coma velo na tela, a xente o difrutaba como se foran o toureiro, e non xera cartos, se non que xeran fortunas. A xente lles encanta e a maioria dos portugues envidian as corridas de España. Non me gustas os touros, e moito menos o que lles fan, nin consinto que se diga que naceron para morer, pero defendo o que simbolizan, e acepto que haxa xente que difrute con ese espectaculo, que iso é o que é.

faa-mariac-
garcia
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 23, 2012, 14:05

Eu creo que isto non debería estar permitido xa que non se fai por que sea necesario senón como un simple capricho ou unha forma de pasar o tempo.Isto e unha forma de maltratar aos touros e penso que moitas veces esta ben cando os touros lle meten unha cornada a unha persoa xa que igual que nos facemos sufrir aos touros eles tamén nos poden facer sufrir a nos.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 23, 2012, 20:20

Considero que aínda que o touro non morra, ségueno a maltratar polo simple feito de que el sofre. Tamén creo que non é o mesmo comparar un animal con unha leituga , é dicir, un ser que non sente e ten estímulos como o animal.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.118 segundos.

Os comentarios están pechados.