Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 12:05

Estou de acordo con Paula Gondar, non vexo cal é a satisfacción que atopa a xente que participa ou que observa estas matanzas. Na miña opinión, creo, que teñen algún tipo de enfermidade mental, por que alguén que disfruta vendo como sofre outra persoa ou animal, non é normal...
Non mirei o video que puxo Victorino, pero xa tiña oído falar "del toro de la Vega" e para min (que non coñezo nada sobre estes costumes) é das peores corridas de toros, e unha auténtica matanza.
E Breixo, será unha tradición, pero non creo que os turistas veñan a España a ver as corridas de toros, por que non hai moito mirei nun programa da televisión, que os turistas de Suecia, Inglaterra, Suiza, Francia... non ven normales estes espectáculos e repúgnanlles, podo que algún veña a velos, pero non é o máis normal. Creo que a o turismo que te refires e a o que se produce unicamente dentro de españa, xente que se traslada dentro de españa para ver as corridas ou ir aos San Fermines. É unha tradición, tes razón, pero as tradicións cambian, se non o mundo non avanzaría, xa que se seguísemos conservando todas as tradicións, as mulleres non poderían votar, seguiríamos a queimar a todas a xente que dixese que Deus non existía ou que a Terra non é redonda... o mundo cambia e as tradicións tamén.
E o de que move moito diñeiro, pois a prostitución e o narcotráfico tamén moven moito diñeiro e están penalizadas, como debería estar esta "tradición".

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 12:58

😉 OUTRAS OPCIÓNS?
Existen noutro países “corridas” de touros sen a morte ao final? Considerades que se fose así, non se trataría de mal trato?

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 14:06

Os grupos de forcados en Portugal, México e no estado de California. Neste tipo de touradas non hai unha morte final nin tanto mal trato, pero eso non significa que deixe de habelo.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 22:50

Eu penso que aínda que non haxa a morte final nas corridas de touros segue habendo un maltrato ó animal, xa que as varillas crábanllas igualmente. E queiran ou non, así o animal claro que sofre.

faa-mariac-
maquieira
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 23:46

O certo é que as corridas de touros simbolizan o noso país, pero aínda así isto non deixa de ser un maltrato a un animal, cada día estas cuestións vixianse máis con outros animáis pero non cos touros e iso non é lóxico.
Houbo unha época na que se tentou protexelos mediante manifestacións pero non se acadou nada xa que seguen sendo víctimas dos humáns, o caso e que cando un touro dana unha persona a xente compadécese dela o que é lóxico pero non se compadecen dos animais cando son maltratados polas personas.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 00:45

Eu estou a favor das corridas de touros, porque, se imos polo maltrato animal, que tal se nos metemos tamén no maltrato vexetal? Que se lle fai as leitugas máis que decapitar?. As corridas de touros son unha fonte de ingresos para o país, e mentres se maten os mesmos que se crían que problema hai?. Na miña opinión sofren máis os cabalos no que vai o picador, o ser investido polos touros, que como ben dice Souto, os cornos téñenos afinados. No sei se asistiron algunha vez a unha corrida de touros, pero todo iso do maltrato,ata donde chega? Porque o touro morre cunha espada cravada, como pensades que se matan os touros, que seguro degustaron os vosos padares?? As orellas córtanselle cando o touro está morto ousexa que non sufre. Haber, sexamos razoables, ten máis cousas a favor que encontra, da postos de traballo, paga os seus impostos e para as cidades, pobos ou aldeas donde se realice o acto da beneficios. Que é o importante ou é mellor que a xente pase fame, pero os touros nin tocarlle.Algún a de dicir que estou "barrenado" da cabeza, pero gustaríame que vos puxerades na pel desa xente que vive das corridas dos touros, que non son só os toureiros. Miren, as costumes e tradición e algo que se debe conservar, non só pola memoria histórica si non que polos beneficios que estes traen.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 13:08

Concordo contigo Anxo en que se recorremos o maltrato animal oxe en día séguese facendo grandes abrerracións contra os animais, e non solo polos touros como se leba escoitando desde fai un tempo pa acá. Eu se a xente de España esta nunha gran malloria a fabor de prohibir os touros (cousa que non é así) pois hai que respectar ese malloría pero tamén con isto débese de prohibir moitas prácticas de caza como xa mencionei, que o único obxectivo e o disfrute do cazador. Xa fai polo menos dous anos uns toureiros case son agredidos polos antitaurinos no seu hotel cando estaban en Pontevedra, pero porque do mesmo modo non se vai a agredir (cousa que nunca ten xustificación para min) a xente con moito diñeiro a cal ven a practicar o tiro o pichón A Toxa ou as cazadores...
Outra cousa que quero puntualizar Anxo e que na actualidade os cabalos non sofren xa que leban o alcolchado de coiro que o que lle permite e non recivir unha cornada (esta vestimenta e moi pesada xa que unha vez vin como o touro tirara co cabalo e cando se quería levantar non era capaz polo peso do traxe e tubo que ser axudado polo menos por 10 homes sen esaxerar. Pero con todo isto antigamente o cabalo si que sufría e na realidade non morrian solo os 6 touros dunha corrida senón que tamén un cabalo como mínimo. Isto pasaba porque o cabalo non lebaba a proteción de coiro o que facía que recibira duras cornadas e nesas feridas enchianas de serrín e o cabalo salía otravez e así todas as veces que aguantaran e non era raro ver como morria un cabalo no ruedo destripado.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 14:13

Ángel, as leitugas, supoñendo, que xa é moito, que sufran na hora da sua morte, non son humilladas publicamente nin maltratadas a hora da sua morte. As corridas de touros so son fontes de ingresos para uns poucos xa que son subencionadas con cartos públicos, así que o de que crean riqueza é mentira, e potencian a violencia dos que a ven, por que quen disfruta ca morte dun animal, pode converterse nunha persoa violenta cara as persoas facilmente. No imperio Romano había peleas de gladiadores á morte e tamén era cultura e tradición e tívose que eliminar.
É como dixo Ghandi, "A grandeza dunha nación e o seu progreso pode medirse en como trata esta os animais". Creo que esta frase non pode aplicarse a España.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 14:58

Ángel, pareceme incríble que compares o maltrato animal con comer unha leituga, que se saiba as leitugas non sofren. E todo o que xere beneficios económicos é válido? De verdade? Logo o narcotráfico como tamén xera beneficios tamén debería ser legal?

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 22, 2012, 18:12

Quería dicir antes unha cousa, como di Aldara, as leitugas non sinten, bueno, cando as cortas morren, pero como di Aldara ,non sofren unha humillación publicamente, porque os touros sinten comas os cans e coma todos os animais e que se as corridas consistiran en facelo dar as voltas coa capa e despois que o matasen no privado para comer aínda bueno ,pero e que lle cravan uns pinchos e cando o pobre animal non dá para máis remátanos ,eso é un puro maltrato e non é arte se non, cando miña nai está a matar os polos tamén é arte e un espectáculo como anda detrás deles a collelos e eu e meu irman estamos alí a mirar, pero non lle agrada, se tuvese medios para comrpar unha máquina que os matase por ela, ela estaría encantada de non os matar ....
Tamén outra cousa os touros non son un atraio turístico porque vin unha chea de programas onde os españois invitaban a ver aos turistas ós touros e os turistas marchaban da plaza coa cara blanca e supoño que avergoñados de ver tal cousa porque é un animal , imaxinádevos que nos poñen alí a nós , que fariamos? sería unha tortura inmensa e penosa , absolutamente penosa eso non é arte nin nada.
En resposta a Victor se non acabase morto como xa dixen antes e mentres non lle craven os pinchos na columna, para min non sería maltrato mentres o animal non sufra nin un pouco solo se segue a capa e non lle fan nada na entrada como dixo Aldara estaría ben .
Tamén quería comentar o que dixo antes Victor en canto á prostutición, creo que se debería legalizar non é nada malo este servizo, se en España fora legal e existira un regulamento que protexera ás porstitutas e prostitutos( que tamén os hai pero non sei moi ben se esta palabra é correcta) e se houbera unhas leis iriamonos moito mellor, pero unhas leis firmes e que non calquera se puidera facer prostituta ;gañaría o estado e gañaría a sociedade porque se non tes sexo non é malo pagar por el ,mentres a outra non estea sometida e o faga de maneira voluntaria e nun sitio propio. Creo que non é nada malo.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.226 segundos.

Os comentarios están pechados.