Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 17:10

Estou de acordo na parte da prohibición da tortura dos touros e opino que non se deberían facer as corridas nin toureiros toureando ós touros. Pola contra penso que se segue facendo por tradición e que a tradición merece un respeto. Aínda sendo así podería modificarse en canto ó trato dos touros. No caso das corridas penso que a xente non debería correr no mesmo lugar dos touros que provocan numerosos accidentes como por exemplo nos San Fermíns. En canto á plaza de outros, concretamente o toureiro penso que podería cambiar o final tan tráxico de meterlle a estocada ó touro.

A prohibición depende de varios factores pero temos que ter en conta que ser toureiro é unha profesión.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 17:31

Eu, neste tema, o que quero recalcar é a longa tradición que ten, xa non polos cartos que move, que iso en insuficiente para facer sufrir o animal, se non a moi longa tradición e cultura que os toros supoñen para este pais.

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 18:01

Eu non estou de acordo na opinion de que é unha longa tradición e cultura para este país as corridas de touros, eso non ten que ver...os touros sofren moitísimo ata que os matan. Por moita tradición que haxa neste país é unha barbaridade a cantidade de touros que se matan tódolos anos neste país só polas corridas de touros e así. De verdad compensan os cartos que dan as corridas para tantos animais mortos? Eu, sinceramente, creo que non compensa.

fab-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 19:32

Dende o meu punto de vista a tauromaquía é unha tortura aos pobres animais e é de interés económico para moitas persoas que están detrás disto. Ó fin e ao cabo é unha tortura a un animal que non ten a culpa de que o seu destino acabe en corridas de touros. Pero por outra parte hai xente que coñece España polos touros debido a súa tradición.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 19:40

Como dixeron algúns compañeiros, a tauromaquia é sinónimo de crueldade e tortura e, por desgraza, un símbolo do noso país. Aínda que esta práctica estea regulada, segue sendo unha violación dos dereitos dos animais. Si maltratas un can vas ó cárcere, pero cando un touro acaba morrendo afogado co seu propio sangue, todos os asistentes victorean ao toureiro. Se eu fose unha turista, estivese de vacacións en España e fose a mirar unha corrida de touros, daríame vergoña e pena ver como hai xente que pode disfrutar vendo morrer a un animal.
Xa o di o título << A tortura non é arte nin é cultura >>. A verdade, aínda que esta práctica estea regulada, non ten xustificación ningunha e menos polo simple feito de ser unha tradición. Se a ciencia e a tecnoloxía avanzan, por que non o poden facer tamén as tradicións? Estamos no século XXI !!

faa-xosema-
rtinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 20:00

Penso que se deberían de prohibir este tipo de espectáculos, xa que, se hoxe en día está prohibido torturar e facer sufrir ós animais, me parece moi mal que as corridas de touros estean fora da lei. Ademais de que en pleno século XXI non me parece ético que se defendan estes espectáculos baseándose en que son unha tradición.

faa-breixo-
alonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 21:54

Persoalmente non estou a favor nin encontra deste tipo de espectaculos, respetoos porque son unha tradición coma outra calquera e queirase ou non xa forman parte da nosa historia, e quiza sexa un dos grandes iconos turisticos do país pero tamen é certo que é unha grave sintoma de maltrato animal.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 22:47

Estou de acordo con todos os meus compañeiros que nas corridas de touros os touros sufren pero cando máis sufren non é cando chega a sua morte como moitos pensan senón que é cando sale o picador no cabalo e o pica no lombo o que fai que sexa máis bravo e fero e polo tanto discrepo da información de que lle untan os ollos, golpean os testículos... (pero tampouco o sei con certeza). Temos, eu tamén, que ter coidado cando busca información xa que non e a primeira vez que vexo que a os touros lle cortan os cornos cando iso e totalmente falso porque o que se fai e todo o contrario xa que se afian porque a o estar ceibos nas granxas teñenos polo xeral estropeados na punta.(Todo isto con respecto das corridas de touros).
No seu momento dixen unhas cousas as cales me fixen quedar como anticatalán sin nigún fundamento xa que todos os que me coñecen saben que iso non e certo e incluso me chaman catalán de forma cariñosa. Con isto quero decir que non me entendades mal pero que pensedes nos touros enbolados e porque non se prohibiron igual ca as corridas de touros, haberá algo máis de fondo?. (Os touros embolados son tradición no noreste da Península Ibérica).
Non solo son as corridas de touros crueis con iste animal, oxe buscando información descoñecia a práctica dos touros de Vega a cal me deixou moi solprendido. Isto, a min persoalmente, paréceme máis animalada ca as corridas xa que o video que vin deixoume totalmente impresionado. (Se algunha persoa se sente mal a ver a un animal sufrir diríalle que non mirara o video, pero gustaríame que todos miraran unha corrida e este festexo de Vega para que así fixerades unha comparación e que cada un fixera a sua opinión http://www.publico.es/espana/252124/asi-se-mata-al-toro-de-la-vega.
Para rematar estou de acordo que un can sofre igual ca un touro e polo tanto deveria ter os mesmos dereitos. Con isto quero decir que habería que prohibir máis cousas como caza de xabarín con arco (realízase en Cataluña), caza de coello, tiro o pichón (realízase na isla da Toxa), etc. Todos istes animais sufren e o seu fin e dibersión do cazador xa que hai otras maneiras de matar estes animais sen que sufran tanto.

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 01:05

É incríble que en pleno século XXI aínda se considere esta lenta tortura dos touros como unha tradicíon, e é unha vergoña que isto sexa algo simbólico en España. Por moi antiga que sexa esta tradición, non deixa de ser maltrato animal que ten como fin dar un espectáculo, na miña opinión, nada agradable. Resúltame imposible imaxinar cal é a diversión que unha persoa con dous dedos de frente atopa en ver como un animal que non lle fixo nada a ninguén, é maltratado en público clavándolle espadas, cortándolle as orellas, pegándolle.... E tampouco entendo cal é a satisfacción que atopa un toureiro en facer isto.

fab-rosamm-
illan
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 21, 2012, 02:41

Eu estou totalmente en contra da tauromaquia,non me parece normal que o noso país sexa coñecido por dar morte a animais en actos multitudinarios.Aínda que entendo que todas as persoas que traballan neste negocio e viven del,se se prohibira perderían o seu traballo;e lóxicamente non estamos na mellor situación na nosa historia falando económicamete como para mandar todas a esas persoas o paro.
Unha situación intermedia entre estas dúas propostas sería non utilizar instrumentos que danen ou maten o animal,por exemplo se se utilizara algun tipo de pintura ou semellante para marcar o touro sen efectos nocivos podería realizarse igualmente esta actividade sen recorrer a esas sangrías.É unha idea demasiado abstracta pero atopariamos unha solución máis ou menos aceptable sen ter que renunciar a nosa cultura.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.146 segundos.

Os comentarios están pechados.