Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 22:10

Señorita Aldara, como ben dixo vostede os españois pagan impostos (uns máis que outros). Pero dígame vostede, que prefire pagar por algo que non ten ningún fundamento como é a visita do creador da nomenclatura profiláctico, ou por algo que nos representa en todo o mundo e do cal moita xente vive? Señor Souto o seu comentario sobre os cabalos dáme algo de acritude, posto que me parece incoherente que defenda os touros, e non os cabalos, que son bastante máis débiles. Señor Agra, paréceme asombroso que queira seguir os errados pasos de Cataluña. Fago saber que a clausura das corridas de touros en Cataluña, foi obxecto de múltiples protestas, e dicir, había máis xente contra a lei que a favor. Señor González estou acordo coas súa verbas.

Se tivera capacidade de decisión sobre a Festa Nacional faría máis forte, e dicir, máis calidade e cantidade.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 22:34

Angel sigo dicindoche que te poñas na piel do touro, que matar un animal non é divertido e maltratalo como fan nas corridas aínda é peor, ponte na piel do touro. Moito falades os de dereitas do gasto na seguridade de cando o Papa veu a España, pero creo que se fora por Zapatero o antigo presidente de España non gastaría nin un peso na súa visita pero a dereita ten moito peso no estado, o cal me entristece, e reafirmo a miña opinión dicindo que cando o Papa veu a Santiago ,Zapatero nin se presentou a saudalo o cal me parece algo irrespetuoso porque é un xefe de estado pero vese clara a súa posición, aínda que no outro lugar que fora, creo que en Madrid , si que foi pero por simple respeto. Tamén quero dicir referíndome ó das moscas que elas non sofren ningún tipo de humillación cando as matas.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 22:44

Tamén quería resaltar que non hai tanta xente como pensades enganchada ao mundo dos touros pero si que se destinan moitos cartos públicos ás prazas e demais, en Barcelona fixéronlle un centro comercial na praza e ben que vai todo o mundo, estou dacordo con Ismael e deberíase facer o mesmo aquí en Pontevedra (a cal carece dun centro comercial como dios manda e ten unha praza de touros que se usa dous días ó ano). Creo que sería unha boa proposta por parte dos gobernantes igual que a de marcar a cruz a favor da iglesia, marcar outra cruz para o mundo taurino, xa veríamos que acababa pasando coas prazas porque sinceramente creo que non moita xente marcaría esa cruz, paréceme ilóxico que non exista esta cruz e que haxa unha proposta para marcar a cruz a favor da ciencia, e que se estean cerrando labarotorios, deberíanse destinar máis cartos á ciencia porque nos beneficia a todos e privatizar todo o mundo taurino porque é unha forma de ocio, nada máis e nada menos.

fab-mariaa-
rojo
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 02:31

Estou completamente de acordo co comentario de Ismael, e respondendo á pregunta eu prohibiría esta "Festa Nacional" ou como lle queiran chamar, porque é algo que non me cabe na cabeza, que matar a un touro indefenso sexa algo que nos representa coma españois. Paréceme vergonzoso e non me sinto identificada para nada.
Así que sí, incluso arriesgando os beneficios que poidan ocasionar ditas matanzas e o que se faga con esos cartos (eu xa non me meto, que non sei nada) sí, prohibiría a "celebración" de estas "festas", e aproveitaría os espazos adicados a esta actividade a outras, ou a construción de outros establecementos nas mesmas, dándolle utilidade ao terreo.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 16:32

Angel, pois estou en contra de que os meus impostos se gasten na visita do Papa e aínda estou máis de desacordo en que se gasten nesas matanzas que vos chamades festas. Por que vale, representaranos, pero a min dame vergonza que a España, se lle recoñeza por matar a animais, por que ti que pensas das culturas de África onde se lle amputa o clitorix a muller? ou que opinas da tradición de China de comer cans? pois o mesmo que opinas ti desas tradicións, que tamén son cultura, opínano moitos países de nos. E por 3ª vez, digo o mesmo que dixo Ghandi, a riqueza e progreso dunha nación pódese medir en como trata esta a os animais, e por como trata España e é recoñecida España a nivel mundial, que o progreso é pésimo e a riqueza pois igual. Por que que se pode esperar dun país onde o maltrato animal e subencionado polo Estado, aplaudido por unha maioría considerable da poboación e está permitido?

fab-noelia-
fernandez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 17:12

Dende o meu punto de vista a tauromaquia debería desaparecer, non me parece que se poida considerar Festa Nacional a torturar a animais diante de todo o mundo. Hai xente que dí que e unha costume, ou simplemente un entretemento, pero realmente se pode considerar un entretemento isto?? porque eu considero que non, apesar dos beneficios que poida xerar esta práctica as veces non se pode pensar só no diñeiro, senón tamén no que se está facendo, está claro que aínda queda moito por cambiar nesta sociedade, e este sería un bo sitio polo que empezar. Por outro lado a proposta de converter prazas taurinas en outro tipo de edificios como dicían máis arriba nun centro comercial ou calquer outro establecemento pareceme unha idea excelente.

fab-laurag-
onzalez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 17:15

Persoalmente non me gustan as corridas de touros nin ningún outro tipo de espectáculo que requira a tortura animal, porque a nós tampouco nos gustaría que fixeran un espectáculo con nós para que os demais vexan como nos maltratan e nos matan. Para min todo iso debería desaparecer xa, e meter na cárcere aos que fan o maltrato animal, porque os animais son seres vivos coma nós que senten igual.

faa-rubeng-
onzalez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 17:57

Bueno, na miña opinión estou totalmente en contra das corridas de touros. A razón e moi simple: corridas de touros= maltrato animal. Penso que é increible que as alturas as que estamos exista esta costume que non deixa de ser cruel e sanguiñenta, e que a xente siga apoiando esta acción.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 17:59

😉 Que opinades da seguinte reflexión:

Non se pode pensar que se conseguirá convencer aos afeccionados aos touros sobre que as “corridas” deberían ser prohibidas. A quen hai que convencer é á poboación en xeral de que nunha sociedade avanzada non se pode permitir o maltrato aos animais e menos planterxado como espectáculo. Despois, en democracia a maioría debe decidir e non pode ser xustificación que hai xente que vive desta festa pois terán que reconducir os seus negocios e a súa vida (coa axuda ou non da Administración).

Debemos avanzar cara a unha sociedade máis xusta e respectuosa coas persoas, cos animais e coa natureza. A nosa responsailidade é a boa xestión deste planeta.

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 25, 2012, 18:53

En primeiro lugar, sigo dicindo que me daría vergoña vivir do maltrato a un animal, por moito que meus pais traballasen niso, e opoñeríame totalmente a que se levaran a cabo estes "espectáculos", e non podo entender como hai xente que disfruta co sufrimento do touro. O que si é certo, é que nas corridas de touros os cabalos tamén sofren moito e a "protección" que levan é para tapar as feridas, xa que moitas veces son demasiado desagradables para que o público as vexa, e o animal pode chegar a morrer ou quedar ferido de gravidade.
En segundo lugar, así como hai xente á que lle gusta o mundo da tauromaquia, hai outras que cren en Deus e queren ir ver ao Papa cando este ven a España. Pero non podemos comparar unha cousa coa outra, xa que a visita do Papa tamén xera beneficios e postos de traballo e sen necesidade de facer sufrir e torturar un animal. Pero isto que acabo de dicir non significa que estea a favor da súa visita, xa que me parece innecesario e un gasto inútil de cartos.
Por outra banda, se a decisión estivese na miña man, eu cancelaría por completo a marabillosa "Festa Nacional" porque, como xa dixen, estou en contra de que o maltrato a un touro sexa considerado un espectáculo.
(En resposta a Víctor) Baixo o meu punto de vista esa reflexión é acertada, xa que é moi difícil cambiar a opinión de alguén. Ademais non me parece normal que as corridas de touros sexan legais, xa que dende que somos pequenos, na casa, no colexio... conciénciannos de que non se debe permitir ningún tipo de maltrato ou tortura, tanto ás persoas como ós animais, e menos en pleno século XXI!

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10 11
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.282 segundos.

Os comentarios están pechados.