Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 10:55

A tradición da tauromaquia remóntase xa á Idade de Bronce. Literalmente, esta palabra refírese a todo o relativo coas loitas contra touros, xa sexa a cabalo ou a pe. Actualmente, a súa representación contemporánea son as corridas de touros, que xurdiron no século XII en España, como fonte de espectáculo e que agora xa se popularizaron e diversos países do continente europeo e americano, sobre todo.
O certo é que esta práctica é unha das principias simboloxías que caracterizan o noso Estado, gústenos ou non. Hai, relativamente poucos anos, o mundo taurino conseguía unir a toda clase de persoas, sen facer diferenciacións de tipo económico, social ou político, e foi nomeada festa nacional.
Aínda así, aínda que esteamos acostumados a falar de temas como estes sen cautela e sen reprimirnos, non debemos esquecer, que este tipo de prácticas, por moi popularizadas que estean, non deixan de ser outro tipo de tortura animal. Posto que as corridas taurinas non son máis que espectáculos públicos, onde o maltrato do animal é sanguiñento, cruel e prolongado ata a súa morte, saíndo vitoriosa a persoa que realiza tal fazaña.
Dende hai poucos anos, e afortunadamente dende o meu punto de vista, producíronse numerosas protestas e reivindicacións con respecto a este tipo de prácticas que conseguiron que en comunidades autónomas como Cataluña estean prohibidas. Por outra banda, dando xa a miña opinión, creo que é innecesario que se coñeza a un país como España pola práctica de tortura animal libremente. Dado que se penaliza, con multas e incluso coa cárcere o maltrato a outro tipo de animais como os cans, por qué, en pleno século XXI se seguen permitindo este tipo de espectáculos públicos?

Autora: Lucía Santos

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 14:45

Eu penso, que arte non é, pero hai que ter en conta a longa tradición, e que ademais é unha característica dos españois, que en moitos países se nos coñece polos toros, e inda que non estou de acordo, hai xente que disfruta vento as corridas de toros e non se deberían prohibir, se non tan so regulalos.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 16:31

A verdade e que neste mundo hai xente para todo. Persoalmente dame vergonza que se recoñeza españa a nivel mundial, entre outras cousas, polos toros. Non entendo como hai a xente que lle pode gustar ver como se maltrata a un animal e vaise matando lentamente. Pode que sexa unha tradicion, pero ao igual que a vida avanza e cambias as tradicións tamén o deberían facer. Xa que esta tradición non e nada máis que un atraso cultural. Xa que o que se produce nas plazas de toros non é arte, tan so é maltrato. Pero o maltrato non comenza na plaza de toros, xa e moito antes. Transportase nunha caixa estreita onde non pode ver nada e adelgaza cerca de 30 kg por estrés, 24 horas antes da corrida e encerrado noutra habitación a escuras, para que ao soltalo a luz e os berridos da xente o agobien e busque unha saida rapidamente, esto causa no público a impesión de que o toro e feroz e malo. Antes de sair a plaza retócanselle os cornos para que pareza máis bravo, danselle laxantes para que defeque, úntanselle os ollos con vaselina para dificultar a súa visión e gonpéanselle os testículos e os riñóns para que saia enfurecido.
Esta tradición debería estar máis que prohibida, por que non é unha tradición nin é cultura, tan so é maltrato animal, que está penalizado co cárcere e con multas.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 17:00

Resúltame increíble que haxa xente que lle gusta ver como os toureiros ganan unha cantidade inmensa de cartos por dar un par de voltas a redor dos touros e despois lles fagan sufrir unha morte lenta xa que a espada non os chega a matar o momento. E despois ban subidos nos obros da xente crendose superimportantes, eu son das persoas que pensan que cando sae nas noticias que un toureira esta ingresado nun hospital de non sei donde de gravidade porque un touro o subeu no aire, enganchado nun dos seus cornos, e que non me dá ningunha pena, así tamén pode saber o toureiro o mal que o ten que pasar o touro cando está tirado no chan e case non pode respirar. Si un toureiro chega a morrer por unha cornada de un touro non me daría ningunha pena, porque el é persoa pero ao final todos somos seres vivos e todos temos dereito a vivir.

fab-carmen-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 17:12

Xa pola miña opinión, estoy en contra desta tendenza que da a coñecer o noso país, o cal resulta algo triste. Hay que dicir que isto xa é unha tradición é grazas á tauromaquia temos un sustento económico a España. O tratable disto é que sendo algo ilegal o de matar un animal, isto chéguese a permitir además do recoñecemento triunfal que se lle da ó protagonista que realiza tal acto. Apesar de que hai multitude de xente en contra, segue pesando máis na balanza este espectáculo, o porqué? Aínda é algo que descoñézo na súa totalidade.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 17:37

O maltrato a calquera outro animal penalízase con multas ou incluso co cárcere.Hoxe en día hai moitas iniciativas a favor do antitaurismo por considerar crueis estas prácticas que son nin máis nin menos que maltrato cara os animais. Estas iniciativas buscan acabar con esta tradición, para que protexamos aos animais e evolucionemos como sociedade. E non pode ser que en España a Ley de protección a animais teña unha excepción: os touros.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 17:39

Sexa ou non sexa unha tortura animal, eu penso que é o meirande símbolo de España no mundo, o cal non quere dicir que estea dacordo coas corridas de touros, pero sí que a todos nos gusta cando saimos de viaxe a outros paises ver representada a nosa comunidade, ainda que sexa cun touro.Por outro lado, sí creo que non se deberían celebrar en pleno século XXI esta clase de sangrias con animais, e menos para espectáculo público.

faa-manuel-
busto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 18:15

Por moito que as corridas de touros sexan ou non un símbolo do noso país, estamos no século XXI, e paréceme lamentable que se permitan de tal maneira este tipo de espectáculos, xa que o único que se fai é torturar a un animal co único motivo de divertirse coa súa morte.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 18:22

Penso que esta actividade non é arte, é innecesario que España estea recoñecida como o maltrato a touros. É verdade que as persoas dos diferentes países identifican a España polos touros, non me parece mal que haxa a xante que lle guste esto , xa que o noso país é o único que o fai, e algunhas persoas pensarán que en España maltratamos animais e outran non, é gusto de cada un.
Persoalmente, por unha parte vexo mal que maltraten a un touro e o toreiro gañe cartos e fama a cambio, pero por outra e unha tradición, algúns turistas veñen a España para ver este espéctaculo pero aínda así en España hay moitas máis cousas que ver que isto.

faa-fernan-
dogarcia
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 19:03

Aínda que eu mesmo me atopo no lado dos que consideran a tauromaquia crueldade contra os animais, aínda así, é certo que se trata de unha tradición que botou raíces fai moitos siglos, e que non será fácil de deixar.
Como Raquel, eu tampouco vexo con bós ollos aos toureiros, pero entendo que o seu punto de vista respecto a esta práctica difire do meu, e non podo impoñer a miña visión sobre a súa, xa que é a maneira que teñen de gañarse a vida.
A tauromaquia paréceme unha clara violación dos dereitos dos animais que está sendo moi pasada por alto, e que probablemente só termine por abandonarse cando a totalidade dos españois perda completamente o interés nela

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.172 segundos.

Os comentarios están pechados.