Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
faa-antoni-
omrodino
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 19:49

Bueno:
En primeiro lugar dicir que non estou dacordo co que di Lucía de que ata hai poucos anos estes espectáculos conseguían reunir a xentes de todo tipo xa sexa tanto no ámbito económico coma no político. Políticamente moitas persoas, sendo dun partido común, xa hai anos atrás non veñen defendendo este tipo de espectáculos, polo que estes veñen determinados primeiro pola ideoloxía. En segundo lugar, gustaríame dicir que no ámbito económico, dependendo de se o espectáculo fose ao aire libre ou bordeado dunha praza, non acudían xentes de calquer ámbito a nivel económico, no primeiro si podía acudir calquera, no caso do segundo so o permitían algúns, xa que daquela, aínda que o país fose bastante mellor que agora, a xente non pasaba sen vestir, comer ou mercar un coche antes que ir a unha praza ver a un toureiro tourear un touro.
Agora que o que sí é certo, é que os touros nos representaban e nos representan como país que somos, pero Lucía penso que se equivoca ao tratar estas verbas: creo que é innecesario que se coñeza a un país como España pola práctica de tortura animal libremente; xa que non todas as corridas son de tortura, é ahí o famoso caso do San Fermín.
España non é coñecida polas torturas a touros, se non polo feito e a grandeza de " tourear", ademais de polos bos touros que se crían neste país.
Dende a miña opinión, afirmo que este tema hai moitas formas de tratalo, o que non convén é esaxerar en certos aspectos, si é certo que tanto en España como en outros países se fan torturas aos touros, como cravarlle pequenas espadas no solombo, pórlle lume nos cornos etc... Iso si que debería estar prohibido, pero o feito de un día ir a unha praza e pórse a ver un espectáculo deste tipo pero onde o touro non sufra, simplemente se touree, non o vexo mal.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 20:15

Eu penso que sobre este tema o que hai que ter claro é que son moitos anos de tradición, e que para a xente é un espectáculo. Ademais os toreros din que son as persoas que máis queren os toros, haberá que saber como os queren, porque é diferente a como queren as persoas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 20:26

😕 Vexo que algún de vos non valora de xeito claro o que significan as touradas.
Paréceme inaceptable que se poidan defender as corridas de touros porque económicamente son rentables para o Estado Español. Con este mesmo razonamento poderíase defender a prostitución ou a trata de blancas ou o narcotráfico. Está claro que neste caso a econonomía non pode ser un argumento de peso para defender o que se fai cos touros.
Desde logo tampouco se pode recorrer á tradición para seguir asumindo o que se fai con estes animais; claro que somos coñecidos polas corridas de touros, pero que opinan de nos os países culturalmente avanzados (que pensades que opinan de nos os ingleses, suecos ou alemáns).
Que opinades dos países que se comen os cans (métense vivos a ferver nunha pota: é unha tradición culinaria); e que opinades dos países onde se practicxa a ablación de clítoris (é unha tradición ancestral).
Ata hai pouco tempo as mulleres non podían votar porque era unha tradición que as consideraba inferiores aos homes.
Que algo sexa unha tradición non quere dicir que sexa aceptable na actualidade e está claro que chamar espectáculo a matar un animal facéndoo sufrir non é aceptable.
Para os romanos matar aos cristiáns no circo era unha tradición.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 21:05

Na miña opinión, o diñeiro foi, é e será o principio de todos os problemas. Sempre se recurriu ao pretexto das tradicións en moitas actividades para esconder a súa verdadeira intencionalidade sexan de tipo festivo, lúdico, sanitario, relixioso, etc. Polo tanto salta á vista de que a cualidade de "tradicional" que se lle atribúe ás touradas, nos días de hoxe, namáis que é un pretexto que esconde a verdadeira finalidade desa actividade, que é conseguir diñeiro á costa de torturar animais.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 21:22

Esta claro que as touradas ao igual que outras moitas cousas son grandes fontes de ingresos para o Estado español.Todo o que está relacionado coas touradas xera cartos ao Estado, comezando no lugar onde crían os touros,e rematando cos cartos que xera a praza de touros xa sexa pola venda de entradas ou por calquera outro negocio.
E en canto a tortura dos animais,non sei como a estas alturas non dan tomado medidas para rematar dunha vez por todas con esta tortura xa sexa cos touros,cos cans etc
Non se pode considerar tradición ,a facer sufrir a un touro durante un longo tempo e menos consideralo como un espectáculo para a xente.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 21:58

Dende o meu punto de vista, como xa espuxen, penso que é innecesario, e case avergoñante, que un país como España se lle recoñeza mundialmente por este tipo de espectáculos, tengo unha cultura tan rica e aproveitable e moitos máis ámbitos. Sinceramente, pareceme moi cínico que nun país industrializado, desenvolvido e de libre pensamento, estén permitidas torturas públicas deste tipo, e, por exemplo, descargar música de Internet ou piratear películas sexan delito con penas de cárcere. Novamente, quedan ao descuberto os intereses económicos de todas esas persoas que están no poder, posto que é certo que o mundo taurino recuda moitos beneficios e atrae moitos turistas, mais sigo pensando que esa non é razón para permitir estos maltratos. É certo que pode ser considerada tradición, pero tamén moitas destas, nesta época do século XXI, xa se quedan moi atrás, con respecto aos avances ideolóxico e culturais da época que estamos a vivir.

faa-damian-
lores
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 23:03

Nestes tempos debería xa estar prohibida esta tradición, xa que os touros sufren, non se debería de usalos como "xoguetes" para facer espectaculos, sen importar o sufrimento que ten que soportar o animal. Os touros son como calquer animal, que como calquer outro, deberiase respetalo. Moitas veces sorprendome do mal que se tratan os animais.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 19, 2012, 23:07

Eu estou en contra de todo tipo de torturas a calquera ser vivo. Si, é certo que nos coñecen polas famosas corridas de touros pero este non é un feito para estar orgullosos. Preferiblemente preferiría que España fora recoñecida por outra clase de cousas como por exemplo méritos científicos e non por torturas a animais. Certo é que recauda moito diñeiro pero ese diñeiro é sucio xa que o obtemos a partires do sufrimento dun ser. En canto a este último tema o Estado podería obter beneficios impulsado novas actividades culturais que non teñan que ver con esta clase de torturas a animais e claro está que sexan de interese.

faa-iagopa-
z
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 02:00

En primeiro lugar quero dicir que non estou a favor das corridas de touros, pero penso que este tema esta levado ao extremo. Certo é que esta tradición esta protexida polo estado contra toda moral, pero é un sector que non só xera espectáculo e gran beneficio económico para os toreiros e demáis personaxes , senón tamén moitos postos de traballo indirectos (gandeiros, traballadores da plaza, etc.). Esta claro que ao goberno non lle interesa engrosar a tasa de paro, polo que intentara que este negocio aguante o maior tempo posible apesar das continuas manifestacións e protestas.
Inda que non estou a favor, comprendo ás persoas ás que lles gusta, xa que a aprobación o espectáculo derivado da loita entre o home e o animal entra dentro da natureza humana. Respecto a vosa opinión sobre que estes espectáculos non se poidan aprobar no século XXI só por xenerar un beneficio económico gustaríame recordavos que foi nestes anos cando se iniciou (únicamente con este obxetivo a pesar de todos os contos que inventaron sobre as armas nucleares) o conflicto de Iraq, que acabou con miles de vidas humanas ata o de agora e no que o noso pais participou durante demasiados anos.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 20, 2012, 15:56

A arte é o acto mediante o cal o home expresa e crea aquelo que é material ou inmaterial, facendo uso a materia, a imaxen,o sonido, a expresión corporal… A arte é unha expresión da actividade humana mediante a cal maniféstase unha visión persoal sobre o real ou imaxinado.Polo tanto ,eu penso que que a tauromaquía débe ser eliminada e a partir de ahí quen a incumpra ten que ser penalizado como se penaliza a calquera por un maltrato animal.Eu estou de acordo con Fernando,porque como ben di el é unha tradición.pero en vez de matar aos toros tiñan que pensar unha maneira de non facer daño os toros mentras os torean.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.094 segundos.

Os comentarios están pechados.