Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Autor Tema:A tortura non é arte nin é cultura TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 10:27

😉 E se tivérades capacidade de decisión que faríades coa “Festa Nacional”?

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 16:20

Angel, pois eu non pago impostos, pero meus pais si, e non estou a favor de que con eles se fagan a metade das cousas que se fan, xa que se o Estado deixase de gastar cartos en cousas na que a maioría da poboación está en desacordo iríanos moito mellor.
Respondendo a pregunta de Víctor, prohibiría as corridas de toros, xa que como dixo Ghandi, e mencionei xa nun comentario anterior "a grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden medirse polo trato que reciben os seus animais" pois eu creo que está frase é ben certa... tamén podería reducir o número de corridas e celebralas en días moi concretos, pero so sacando a pasear ao toro sen morte final e sen maltrato, pero supoño que moitas das persoas que van a ver as corridas so van polo derramamento de sangue e a violencia... así que deixarían de ir, polo cal remataríanse prohibindo.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 17:44

Pola miña parte, estou absolutamente dacordo co señor Figueiras, que como ben dí, o día que calquera de nos tivese que traballar e pagar os seus impostos non creo que nos gustase que fosen gastados na visita do papa a España, que máis que traer diñeiro ao país, o que fai é derrochalos en seguridade, posta en escea para a misa e moitas outras cousas que na miña opinón son inútiles.Por outro lado, creo que non se debería prohibir as corridas de touros, xa que ademais de ser un dos maiores símbolos do noso estado, dá traballo a miles de persoas que se non estibeses na plaza, estarían facendo cola diante da oficina do paro, ou roubando cobre e moitas outras cousas que con frecuencia son hurtadas na última década por non ter nada que levarse un mesmo á boca, nin á da súa familia.

fab-robert-
ootero
Newbie
Mensajes: 3
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 18:08

pola miña opinion a tauromaquia por certa parte e maltrato a un animal pero eu penso qe hay varios tipos de tauromaquia e qe nn en todos os espectculos sofre o animal, e certo qe e cruel parece de persoas non civilizadas en pleno seculo XXI pero tamen hai qe dicir qe esta tradicion leva moitos seculos en pe!! asiqe si eu penso qe si non a quitaron antes seria por algo e tamen penso qe as tradicions dos nosos antepasados estan para resetalas na sua xusta medida claro

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 18:17

Anxo as veces que fun ver unha corrida de touros tamén foi en Pontevedra e sego discrepando das suas palabras. Tamén hai que decir que e certo que o cabalo recibe unha dura envestida do touro pero unha vez que o picador o ten collido o touro solo fai forza por empuxalo e polo tanto non da cabezadas, e hai que ter en conta unha cousa e que antigamente os cabalos morrian sen chegar a acabar unha corrida e na actualidade un cabalo, polo xeral, acaba a corrida sen ningún problema.
Outra cousa que concordo contigo Anxo e que hai moitas familias que viven da touromaquia, ainda que non sexa o caso de Galicia. Realmente para estes pobos os cales viven da agricultura un aporte económico moi forte e a touromaquia. Polo feito de que moita xente viva da touromaquia non creo que se lle teña que caer a cara de vergoña xa que pa eles e o seu medio de vida, igual que para un galego e a pesca, a cría de vacas, terneros, polos, cerdos, coellos,... Con todo isto hai que destacar que en Galicia tamén hai xente a cal vive da touromaquia indirectamente que son por exemplo no caso de Pontevedra unha carnicería, os bares e restaurantes, operarios propios da praza...
Con respecto que as corridas son subencionadas hai que ter en conta que o estado subencionan moitas cousas as cales repercuten no veneficio da xente, e ainda que a nós non nos afecte este feito hai moita xente que si lle repercute e por iso nós non debemos facer comentarios tan rotundos xa que como ben dice Anxo se nos viviramos da touromaquia case seguro que a o mellor non opinariamos igual.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 18:22

Pois si eu tivera a capacidade de dicir, cancelaría a Festa Nacional, aínda que é unha festa que se celebra dende hai moito tempo e é unha tradición no noso país, ségueme parecendo unha inxustiza ademais non creo que iso sexa posible, non creo que as corridas de touros se cancelen xa que só nalgúns lugares concretos se prohibiron de verdade, a pesar de ser un total perigo e brutalidade hai a moita xente á que lle gusta, e tamén moita outra que vide diso, polo que na miña opinión, se isto se planteara, levaría tempo.

fab-alvaro-
lopez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 18:56

Se estivera na miña man quitaría a Festa Nacional pero hai que saber que hai moita xente a favor e moita en contra polo tanto é moi difícil estar de acordo todos. Tamén digo que é posible que puidera pasar nalgún momento, xa que en Catalunya están prohibidas este tipo de festas e corridas.

faa-lucias-
antos
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 20:51

Como ben di Álvaro, é complicado que toda a sociedade esté de acordo neste tema, posto que hai moita xente a favor e outra moita en contra. Se estivese na miña man, suprimiría este tipo de festexos. Aínda que é unha tradición, podemos disfrutar da nosa cultura taurina en espectáculos públicos como os San Fermíns, sen chegar aos extremos anteriormente expostos.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 21:13

Por suposto que si tivera a capacidade para abolir a ''Festa Nacional'' o faría, e comezando por Galicia, onde aínda existen corridas de touros na Coruña e con máis sona en Pontevedra.
Galicia debe seguir o paso de Cataluña e eliminar que a tortura animal sexa considerada unha arte, e seguir así ata a eliminación da tauromaquia en España.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: A tortura non é arte nin é cultura
on: January 24, 2012, 21:15

E aos que din que a quen non lle gusten as corridas de touros que non vaia, só dicirlle que aplicando esa regra sería imposible facelas, porque o touro seguro que non quere ir.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8 9 10 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.134 segundos.

Os comentarios están pechados.