Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 20:51

Pareceme algo absolutamente absurdo esta 'nova maneira de emborracharse rápido'. Non lle encontro o sentido. Co único fin de emborracharse métense un tampón inmpregnado de alcohol. E que non ten ningún sentido e ademáis que iso pode causar algo malo como unha irritación. Parecenme increíbles este tipo de modas, e sobre todo son modas ás que non se debe facer caso e debemos evitar.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 21:34

Hay quen non ten nada mellor que facer que estropear o seu propio organismo facendo o parvo. Non estamos a falar de satisfacer unha necesidade vital, non, esto é unha práctica sen sentido. A min pareceme que a unha persoa nos seus cabais se lle contas esto votarase a rir pensando o patético ou o triste da situación. Pode que sexa o feito de querer catar unha froita prohibida pero a inxesta de calquera droga sexa pola vía que sexa é perigosa e dañina.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 10:16

😉
Na definición de droga pode encaixar perfectamente o alcol e o tabaco (os efectos sobre o noso organismos son semellantes aos de outras drogas ilegais)polo que quería a vosa opinión sobre a posible legalización das drogas ou doutro xeito: que opinades de que algunhas drogas sexan legais (alcol, tabaco) e outras ilegais (cocaína, marihuana)? deberían ser todas legais ou viceversa?

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 15:47

Dende o meu punto de vista, penso que todas as substancias que causan danos en nós deberían de ser ilegais, sen embargo, parece ser que hai certas bebidas alcólicas coma o viño, que en pequenas cantidades non resultan maliciosas. Penso que hoxe en día sería impensable vivir nun mundo onde se ilegalizasen o alcol e o tabaco, debido á súa gran industria e a dependencia que ten a xente destes produtos, pero creo que deberían diminuír a publicidade que os incite, a súa importancia nos medios de comunicación, na sociedade, etc. Por outra banda, non creo que se deberían legalizar máis drogas.

faa-soraya-
borrageiro-
s
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 18:53

Eu non entendo en que se basean para considerar que unha droga debe ser ilegal e outra non. No caso dos medicamentos está claro que deben ser legais porque, aínda que sexan unha droga, son necesarios. Pero nos outros casos penso que deberían ser ou todas legais ou todas ilegais, xa que, sin ter en conta que unhas son máis fortes que outras, son todas iguais.

faa-carlot-
adominguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 20:01

Existen diferentes tipos de drogas que se clasifican nas drogas legalizadas e as drogas que non están legalizadas. Dentro do primeiro grupo podemos atopar o alcol e o tabaco principalmente e dentro do segundo atopamos a cocaína, heroína...
O inconveniente das drogas é a adicción e a dependencia que estas crean co consumo excesivo provocando actitudes agresivas.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 20:27

Supoño que o alcohol e o tabaco son drogas legais porque non perxudican tanto como a cocaína ou a marihuana pero non sei en que se basan para poder considerar unha droga ilegal ou legal, pero como dixo Estela estas drogas legais xa están moi "incrustadas" na sociedade dende fai moito tempo e son de consumo habitual na maioría da xente polo que tamén é difícl que agora de repente se ilegalicen.
E se os medicamentos son considerados unha droga está claro que deben ser legais, porque son necesarios para a nosa saúde.

faa-cristi-
napadin
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 21:01

En farmacoloxía, unha droga é toda materia prima de orixe biolóxico que directa ou indirectamente serve para a elaboración de medicamentos, e chamase principio activo á sustancia responsable da actividade farmacolóxica da droga. A droga pode ser todo vexetal ou animal enteiro, órgano ou parte do mesmo, o producto obtido de eles por diversos métodos que poseen unha composición química ou sustancias químicas que proporcionan un efecto farmacolóxico útil en terapéutica.
Según a Organización Mundial da Saúde, unha droga é toda sustancia que, introducida no organismo por cualquera vía de administración, pode alterar dalgún modo o sistema nervioso central do individuo que as consume.
Este término soe usarse indistintamente para designar a ésta e a os términos correspondentes en farmacia a principio activo, fármaco e medicamento, ya sea por extensión do concepto ou debido á traducción literal do término inglés drug, o cual non fai distincións entre os tres conceptos.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 21:17

A min o método do tampón pareceme unha grosería e aparte que te estas prexudicanto a ti mesmo xa que podes coller infencións, irritacións... E o máis groseiro deste método é que sexa a nova moda.
Estaba dacordo coa miña compañeira Lidia hasta que lin unha noticia que decia:

" El alcohol y el tabaco son más peligrososo que el cannabis o el éxtasis. Al menos, esto es lo que se desprende de un nuevo estudio sobre drogas elaborado por la Universidad de Bristol que cuestiona otros informes británicos.
El ranking sitúa el alcohol y el tabaco en el quinto y noveno puesto respectivamente de una lista de 20 sustancias e indica que, a pesar de que son drogas aceptadas socialmente, pueden llegar a ser más nocivas que otras consideradas "duras", como el LSD."

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 27, 2013, 21:42

Na miña opinión as que están consideradas como ilegais teñen a súa razón a parte dunha razón puramente cultural. É dicir, ó meu entender o alcohol e o tabaco son drogas menores porque creo que os seus efectos, si se consume con moderación, son menores que os efectos que producen a cocaína e a heroína no noso organismo. Ademais estas dúas últimas poden chegar a crear unha maior dependencia e a posibilidade de ter un maior número de problemas no organismo é superior.
Pola outra banda, creo que ó fin tanto unhas como outras son drogas, pero quizais tamén interveña neste problema a política. Explícome: a día de hoxe a consumición de certas drogas é ilegal porque o seu consumo nunca se achegou a cifran tan superiores como ás de consumidores de alcohol. A pesar de que como todas as leis, esta tamén sexa asaltada, non se pode comparar, por exemplo, cunha lei seca. O Goberno nunca podría chegar a prohibir, por exemplo, o consumo de alcohol porque o sector do viño en calquera país move parte da economía.
Claro está, que non me estou basando en datos, pero creo que a miña opinión non se alonxa moito da realidade.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.129 segundos.

Os comentarios están pechados.