Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Drogas; pero cales?
on: May 23, 2013, 18:33

Acéptase de xeito xeral que "unha sustancia que pode modificar o pensamento, as sensacións e as emocións dunha persoa é unha droga. As drogas poden ser legais (bebidas alcólicas, tabaco, medicamentos...) ou ilegais (marihuana, cocaína...) e todas teñen o risco e non existe un consumo delas que se poida considerar totalmente seguro para a nosa saúde.
O uso das drogas corresponde a un afán de querer fuxir da realidade a que te sometes (das legais ou das ilegais?). Cando se empregan de maneira regular e continuada poden provocar tolerancia, pero tamén dependencia."

Pero que entendes ti por droga? Estás dacordo co que se expresa no anterior texto? Aceptas que se consideren drogas ás sustancias que se consumen legalmente?

Autora: María Jesús Aguín

fab-rocior-
ivas
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 19:27

Considero drogas todas aquelas sustancias que alteran o noso organismo, tanto para ben, os medicamentos, como para mal , o alcohol, cocaína.... existen moitas drogas, como o alcohol que non se lle asume tanta importacia como a que lle deberíamos dar, porque pode ser tan ou mais perigoso que outras que non son legais.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 21:32

Coñécese como drogas a aquelas substancias que actuan sobre o sistema nervioso central e produce unha serie de cambios de caracter fisico ou psíquico, ou unha percepción diferente da realidade.
As drogas producen cambios no sistema central. Estas substancias actúan sobre as células do sistema nerviosas, alterando o seu funcionamento.
Pois si que estou dacordo co texto que se nos presenta debido que as drogas ilegais e o alcohol o único que che fai e deixar de vivir a realidade. Non vexo normal que non lle poñan tanta atencion as drogas legais xa que non deixan de ser drogas. Pois si que acepto que se chamen drogas as sustancias que consumimos habitualmente xa que nos estan a afectar no noso organismo tanto como as ilegais.

fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 22:03

Eu considero drogas todas as sustancias que neste artigo se nomean,esta claro que o alcohol , o tabaco , e incluso os medicamentos sono tamén sen dúbida,porque inflúen no teu corpo dunha forma ou de outra,pero,hai algúns drogas necesarias como os medicamentos que salvan moitas vidas por enfermidades que non son tan graves con medicamentos,pero que sen eles serian mortais,como a gripe ou a tuberculose.

faa-albaca-
stro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 22:46

As drogas son un tema moi importante na sociedade e o seu consumo lévase a cabo todos os días. O consumo de drogas legais dáse case en todas as persoas pero o consumo de drogas ilegais estase dando en mozos da nosa idade, e en exceso que é o preocupante.
Para min as drogas, son algo que a xente busca para cambiar de estado emocional cando se sinte deprimido ou cando quere aínda elevar máis o seu estado de felicidade. Pero esto deberíase facer con prudencia e cabeza porque poden ser realmente perxudiciais.
As substancias consideradas legais como o alcohol tamén se deben considerar drogas porque ó fin é algo co que buscas o mesmo obxectivo que coas outras e tamén crean dependencia e poden danar o noso organismo.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 23:26

Penso que dogras son todas as substancias que provocan adicción. Denrto do ábano das drogas, existen as drogas malas e as menos malas.Se se ten dependencia co café, esa situación podete levar a estado de saude peor do que terías se nons consumises en abuso café. Pero, e se en vez de cafe consumires heroína?Entón os efectos adversos serían debastadores. Eu podo sobrevivir consumindo café diariamente (ou otra droga menos mala), e sería moi raro que iso causara danos graves , e aínda más improbable que tívese unha sobredosis que me levara a morte. En cambio, se a adicción é dunha droga das más dañinas, é moi probable causar dano graves e mesmo irreversibles.Tamén a probabilidade de sufrir unha sobredosis aumenta disparatadamente. Tamén hai que ter enconta que, as drogas máis inofensivas, causan, en xeneral, menos efecto sobre o corpo,mentres cas dorgas máis ofensivas, teñen grandes efectos sobre o noso organismo. É dicir, no nosos corpo hai moito más cambio se consumimos heroína que se consumimos café, pero eso esta tamén directamente proporcionado co daño que lle causa.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 23, 2013, 23:38

Eu tamén considero válida a primeira definición do foro cunha excepción que serían os medicamentos no seu uso correcto e con prescripción médica. Persoalmente preocupame un pouco o tema do alcohol. Por desgraza na nosa sociedade está moi extendida a práctica do botellón; eu non acado a entender que se pode conseguir enborrachándose ata perder completamente o control dos nosos actos. Dende logo pareceme un legado cultural pésimo que deixarlle aos que veñan despois de nos. Realmente si sabemos que moitas de estas substancias son malas para o organismo e crean dependencia por que se empezan a consumir, co sinxelo que é rexeitar un ofrecemento.
Neste ámbito son incapaz de ver nigún punto positivo ao consumo porque si de drogas. Opino que deberíamos facer todo o posible para eliminar os problemas xa citados relegando só ao consumo responsable.

faa-chusag-
uin
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 00:31

Desde o meu punto de vista, a maioría da mocidade consume drogas legais e ilegais. Quizáis abunden máis as legais pero as ilegais están sendo moi frecuentes dende 16-17 anos en diante, o cal é moi malo para a saúde do consumidor.
Creo que deberíaos ser máis responsables respeto a influencia dos nosos amigos en nós cando saímos de festa, moitos dos casos de consumición de dorgas ilegais é pola súa influencia, que te incitan a que o probes e sepas cales son seus efetos por ti mesmo ou simplemente che causa curiosidade saber que se sinte consimindo esa sustancia, pero o non ser consciente dos danos que che pode causar a súa consumición fai que en algún casos, se deixen levar e non sepan decir que no dende o minuto 0. Este considero que é factor máis frecuente de como se empeza neste mundo de dependencia de drogas.

fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 09:24

Persoalmente, penso que o concepto de drogas debería chamarselle a todos os productos que a miña compañeira plasmou no texto.As mediciñas aunque sexa para o noso ben, non deixan de ser drogas, e se o usas abusando vas correr o mesmo risgo que con un cigarro, ou peor.
Creo que aunque haxa drogas peores que o tabaco e as mediciñas, deberían estar todas prohibidas ou legais, porque, o fin e o cabo, todas son drogas.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 11:19

Eu considero droga a toda aquela substancia que provoca adición. Todas as drogas son malas, pois producen cambios no noso corpo, pero algunhas son moito máis malas, e producen diversos danos no noso organismo, éstas son sobre todo as drogas ilegais como a marihuana, a cocaína ou a heroína...
As drogas consideradas ilegais, como o tabaco ou o alcohol, tamén se lle deben chamar drogas porque igual que as ilegais danan o noso organismo e o seu uso excesivo pode crear dependencia.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.108 segundos.

Os comentarios están pechados.