Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 17:48

Co tema da legalización das drogas. pois non estou de acordo, está claro que eliminaríamos parte do narcotráfico, pero que pasou co tabaco? Atopamos rapaces fumando dende os 12 anos porque este ten un fácil acceso e dudo moito que esto tamén pase co a cocaína e a heroína, pode que haxa casos, pero non é tan extremo como o do tabaco.
Ilegalizar o tabaco e o alcohol sería imposible xa que están máis que instalados na sociedade.

faa-raquel-
martinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 17:57

Eu, en parte estou de acordo co que di Ángel de legalizar as drogas, xa que iso eliminaría o narcotráfico e tamén baixaría o se consumo, porque ao estar legalizadas e vendidas en tendas o seu prezo aumentaría, tanto polos beneficios que van para as empresas como polos impostos que se lles engadiría, o que diminuiría o poder de adquisición dos seus consumidores. Pero, por outro lado, a súa fácil adquisición, como é en tendas ou onde se venda legalmente, permitiría a xente que nin sequera se lle pasaría pola cabeza consumilas se foran ilegais, probalas. Por exemplo, xoves que decidan probala ao vela na tenda, como si fora unha chuchería nova. Isto é moi difícil de controlar, e por moito que o Estado queira regular o seu consumo non podería, como é o caso do tabaco, que, por moito que estea prohibida a venda a menores, hoxe en día case ninguén aplica esta lei, e podemos observar como moitos menores fuman nas rúas. E esta situación é difícil de cambiar, xa que o que buscan os negocios é o máximo beneficio, e se iso implica venderlle drogas a menores seguirán a facelo.
En definitiva, non penso que fora unha boa idea legalizalas, porque se pasa coma o alcol e o tabaco, que como ben di Fabiola Andreina, están estendidas por toda a sociedade, seríamos un país cheo de drogadictos, xa que a cocaína e a heroína son o dobre de adictivas ca o tabaco, e tamén teríamos un turismo elevado baseado en xente que vén a consumir.

faa-margar-
itabarreir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 18:06

Na miña opinión todas as substancias nomeadas anteriormente son unha droga, tanto a cocaína como o alcol ou a marihuana. O problema é que moita xente non considera o alcol como unha droga e non estamos suficientemente concienciados dos perigos do seu consumo ademáis de que moitos adolescentes e mozos poden ser adictos e non darse de conta. Digo isto porque hoxe en día estamos tan acostumados a ver beber a menores de idade nas discotecas que non nos damos conta de que moitos de nos xa non sabemos saír e pasalo ben sen beber, moitas veces beber demasiado. Ademáis na actualidade é moi fácil conseguir alcol ou calquera outra substancia. Tamén é moi normal atopar xente fumando tabaco ou porros, e por moito que digan que solo o fan o fin de semana eses mozos teñen adicciónxa que dependen desas substancias para poder pasar un bo rato.

faa-margar-
itabarreir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 18:13

En canto á noticia que nos introduce Victor realmente este novo método pareceme perigoso e moi absurdo. Hoxe en día os mozos temos moi fáci acceso ao alcol, e se o que queres é emborracharte de forma barata e rápida vas ao supermercado e compras vodka de marca blanca que ten un prezo moi asumible. Se pola contra queres arriesgarte a ter un coma etílico ou algo peor o método do tampón é perfecto, xa que a vaxina ou o ano son mucosas, e absorben antes o alcol. De todas formas ainda que o consumo de alcohol nas festas está moi arraigado na nosa sociedade eu creo que non é necesario beber en exceso todos os fins de semana e que hai que facelo con moderación.

faa-sarama-
rino
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 18:50

Este tema en concreto ten moitas opinións e puntos de vistas pero, considero, que é un tema moi díficil para buscarlle solución. As drogas existiron dende moitos anos atrás, poderíase decir que se foron consumindo "por épocas", por exemplo, os anos 70, máis ou menos, están marcados pola masacre que causou en moitos pobos o consumo de heroína, que deixou sen mozos ás poboacións e isto produciuse debido a que era unha nova droga e chamou a atención, pero tamén porque non se coñecían os seus terribles riscos debido á falta de información. É ben certo que hoxe en día temos información de todo tipo sobre o risco do consumo de todo tipo de drogas, pero, para min, iso non significa que poida previr o seu consumo. Todos sabemos que as drogas son malas, pero, como vemos, a sociedade consúmeas igual. Penso que na maioría dos casos, o consumo, está relacionado cos ambentes nos que te desenvolvas, pois , se convives con mozos sans ós que nin se lles pasa pola cabeza probar nada, seguramente, ti tampouco a probarás, sen embargo, se no teu círculo alguén introduce as drogas, o máis probable é que as acaben probando case todos. Isto último é o que pasa hoxe en día, aínda que penso que tamén inflúe moito a mentalidade de cada quen, pois hay a xente á que lle gusta experimentar e á que lle atraen ese tipo de cousas e outra que é totalmente repelente a estas substancias. Sobre o tema da legalización, pareceme un pouco absurdo porque estaríamos na mesma situación pero con máis consumidores xa que calquera podería dispoñer de, por exemplo, plantacións de marihuana e estaría totalmente ben visto. O único bo que lle vexo a esta opción é que o contrabando diminuiría en gran cantidade. Eu, non vexo unha solución clara para acabar co consumo, pois sempre estivo presente, o que si podemos facer cada un é ter ben claro que é o que queremos e alonxarnos de todo ese mundo que, como ben comprobado está, non trae máis que desgrazas e ruínas.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 28, 2013, 19:41

Citado de faa-angelf en May 28, 2013, 17:01
Eu non estou acorde co método de clasificación destas substancias.Porque todo o que se considere droga debería estar legalizado. Así mataríamos dous paxaros dun tiro, primeiro a desaparición do narcotráfico, claro exemplo tivémolo cando existía o contrabando de tabaco, logo legalizouse é dita evasión de impostos desapareceu. E segundo é máis importante que terías o consumo regularizado, e dicir, que poderías controlar a cantidade de xente que consume é asignarlle unha porción que sexa o menos dañina para a súa saúde e facilitarlle a opción de recuperación. Pero como isto me van a dicir que é un salvaxada pois tomemos outra alternativa, porque chamarlle dogras, as denominadas drogas legais? Eu non podo opinar dos seus efectos porque nunca tiven un consumo destas substancias, pero sexamos intelixentes, se están legalizadas será porque en consumo moderado non lle fan dano a nadie. Entón a miña segunda opción de clasificación sería dogras e non drogas.

A verdade é que o que di Ángel non me parece para nada unha barbaridade , ao revés pareceme que ten moita lóxica. O estado podería gañar moitos cartos coa legalización das drogas , pois o narcotráfico desaparecería case por completo e así terían que pagar impostos. Pero con isto non quero dicir que esté a favor do consumo de drogas,isto é decisión de cada un, pero enfádame moito que existan narcotraficantes que gracias a vida de moitas persoas se enriquecen e aínda por riba non teñen que pagar ningún tipo de imposto. E que tendo cartos a moreas, os seus fillos reciban becas etc

fab-estela-
padin
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 07:47

Eu considero droga a todo tipo de substancia que te engancha, que provoca adicción. É certo que os medicamentos son drogas e que con eles atópaste mellor pero aínda así non deixa de ser unha droga, e toda droga é mala para o noso organismo. Tanto o tabaco e o alcohol son drogas por moi legais que sexan e ademáis son perigosas.

fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 11:19

Dende o meu punto de vista todo o que poidamos encaixar na definición de droga debería estar prohibido para o consumo,se é certo que o tabaco el o alcohol son drogas,non o será tamén o café? este inflúe no noso organismo e a larga pode ter efectos moi negativos.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 17:32

Citado de faa-bertaferreiro en May 28, 2013, 19:41

Citado de faa-angelf en May 28, 2013, 17:01
Eu non estou acorde co método de clasificación destas substancias.Porque todo o que se considere droga debería estar legalizado. Así mataríamos dous paxaros dun tiro, primeiro a desaparición do narcotráfico, claro exemplo tivémolo cando existía o contrabando de tabaco, logo legalizouse é dita evasión de impostos desapareceu. E segundo é máis importante que terías o consumo regularizado, e dicir, que poderías controlar a cantidade de xente que consume é asignarlle unha porción que sexa o menos dañina para a súa saúde e facilitarlle a opción de recuperación. Pero como isto me van a dicir que é un salvaxada pois tomemos outra alternativa, porque chamarlle dogras, as denominadas drogas legais? Eu non podo opinar dos seus efectos porque nunca tiven un consumo destas substancias, pero sexamos intelixentes, se están legalizadas será porque en consumo moderado non lle fan dano a nadie. Entón a miña segunda opción de clasificación sería dogras e non drogas.

A verdade é que o que di Ángel non me parece para nada unha barbaridade , ao revés pareceme que ten moita lóxica. O estado podería gañar moitos cartos coa legalización das drogas , pois o narcotráfico desaparecería case por completo e así terían que pagar impostos. Pero con isto non quero dicir que esté a favor do consumo de drogas,isto é decisión de cada un, pero enfádame moito que existan narcotraficantes que gracias a vida de moitas persoas se enriquecen e aínda por riba non teñen que pagar ningún tipo de imposto. E que tendo cartos a moreas, os seus fillos reciban becas etc

Completamente de acordo. Anteriormente intentei explicar o porque son drogas as denominadas "drogas legais" pero tal é como o explica Ángel queda finiquitado o asunto. Deberíanse considerar drogas e non drogas, e non darlle máis voltas. Si de verdad queren facer esa distinción entonces volvo o meu antigo comentario recalcando tamén o que di Ángel "será porque en consumo moderado non lle fan dano a nadie". Supoño que ao consumo moderado de mariguana e outras substacias consideradas ilegais tamén se lle poden aplicar esta afirmación, pero quizás hai uns pequenos distintivos nos efectos dañinos para o noso organismo dos cales eu non teño información, co cal só me queda manterme na miña opinión.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 22:20

A min este método para emborracharse parece absurdo. Creo que a xente que fai eso non pensa antes de facelo. É moi perigoso porque na vaxina ou no ano, hai moitas veas e o alcohol entra en contacto coa sangue en moi pouco tempo. Creo que si te queres emborrachar e mellor facelo bebendo tranquilamente cos teus amigos.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.093 segundos.

Os comentarios están pechados.