Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 13:49

O de mollar o tampón nunha bebida alcohólica e logo introducilo no teu corpo paréceme un método totalmente absurdo de emborracharse , porque quenes utilizan estes métodos utilízano co único fin de emborracharse pero isto podería traer graves problemas como enfermidades na zona pola que se introduce, paréceme algo totalmente absurdo o igual que o de drogarse a través do ollo, creo que esta xente debería estar estrictamaente controlada, porque aparte de facerse dano a si mesmos están a impoñer modas totalmente insanas na nosa sociedade.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 15:14

É un método esaxerado para emborracharse, se o alcohol en sí xa é perigoso aínda máis se é introducido noutras zonas do noso corpo, non sabemos que outras consecuencias podería traer esta nova moda. Tamén os hai quenes o meten polos ollos, está claro que estas persoas non están tendo en conta o dano que lle poden causar a estes organos.
Este método según os médico podería causar danos nas paredes vaginais provocando incluso a morte.
Está claro que no caso de maiores de idade poden facer o que queiran e non queda outra que conformarnos con non facelo nós.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 16:32

Non me podo crer que a xente chegue ata tal punto só por, según eles, pásalo mellor, xa que pensan que para pásalo ben téñense que emborrachar, e non é así, podes pásalo de marabilla sen emborracharte. Tampouco me podo crer que isto se convirta nunha moda.
Esta noticia parece ata subrealista, non entendo como alguén pode chegar a facer esto, mollar un tampón en alcohol e introducilo no seu corpo, só para emborrarse antes. E o que me parece máis increíble é, como chegaron a saber esto e a poñelo en práctica? Quédome coa duda.
Creo que as persoas que son capaces de facer esto, dende o meu punto de vista, non están moi ben da cabeza a verdade, pero bueno cada un fai co seu corpo o que queira, e se queren introducirse un tampón empapado en alcohol, pois que o fagan, eles sufrirán as consecuencias que iso acarrea, e mentres que non o fagamos nós podemos estar trenquilos.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 17:23

Dende o meu punto de vista, hoxe en día resulta demasiado complicado establecer os límites entre drogas legais e ilegais. Todo tipo de drogas, sexan dun tipo ou doutro, teñen efectos malignos no noso organismo, agás os medicamentos, que se se toman en pequenas doses e con supervisión médica, poden causar melloras. Non obstante, non deixan de ser velenos se os tomamos en grandes cantidades. Como ben dixo Victor nalgunha clase, a sociedade peca de hipocresía neste tema, xa que o alcohol está permitido sen ningún tipo de restricción e sen embargo, o consumo de marihuana non. Penso que deberiamos ser un pouco máis estritos e serios con este tipo de cousas. Parece que polo simple feito de que existan drogas legais non corremos ningún tipo de risco. Polo tanto, opino que ese concepto que temos nos de "droga" debería evolucionar e tamén penso que é preciso recordar na maioría das ocasións que alcohol e o tabaco, por exemplo, tamén o son.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 18:31

Para min unha droga é unha substancia que che crea unha adición, como tamén di a miña compañeira Lidia. Pero hai que ter en conta que hai moitos tipos de drogas. Por exemplo o alcohol é unha substancia que está moi presente na nosa sociedade e en moitos sitios forma parte da cultura e tradición dun pobo. Pero dentro do alcohol tamén hai que diferenciar as bebidas alcohólicas elboradas por fermentación como o viño e a cervexaque non superan os 15º e as bebidas destiladas que son as que de verdade dañan o noso organismo. Aída que isto de dañar o organismo tamén e relativo porque eu penso que consumir por exemplo alcohol de xeito moderado pode ter ata algo beneficioso.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 18:38

Por outa banda está o tabaco que é unha droga legal pero dende o meu punto de vista debería estar prohibida pois non ten ningún efecto beneficioso para o noso organismo, o contrario, a larga acaba acarrexando moitos problemas de saúde como cancros. O mesmo ocorre coa marihuna, cocaína etc . Estas drogas xa son ilegais, pero moitas veces isto é aínda peor para a saúde das persoas que a consumen porque o non estar supervisadas por ninguén os consumidores destas grogas ilegais non saben si de verdade lle estan vendendo iso ou outra cousa. Estou de acordo con Estela cando di que a sociedade é un pouco hipócrita a hora de legalizar algunhas drogas e outras non. E tamén penso que os medicamentos son un tipo de droga totalmente diferente a anterior, porque se se toman baixo a supervisión médica, melloran a nosa saúde.

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 19:02

Hay moitas drogas que perxudican o noso organismo,unhas legais como o tabaco e o alhcol e outras ilegais como cocaina, marihhuana etc pero persoalmente non considero droga os medicamentos.As drogas perxudican o noso ben estar e os medicamentos non. Non considero correcto chamar o medicamento unha droga,estos non perxudican o noso corpo,axudan a curalo. Non incluiría o medicamento no apartado de drogas

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 19:02

Hay moitas drogas que perxudican o noso organismo,unhas legais como o tabaco e o alhcol e outras ilegais como cocaina, marihhuana etc pero persoalmente non considero droga os medicamentos.As drogas perxudican o noso ben estar e os medicamentos non. Non considero correcto chamar o medicamento unha droga,estos non perxudican o noso corpo,axudan a curalo. Non incluiría o medicamento no apartado de drogas

faa-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 19:46

A droga son aquelas substancias que provocan unha alteración do estado de ánimo e producen adicción. Non chamamos só drogas as ilegais, senón tamén a diversos psicofármacos e substancias de consumo legal como o tabaco, o alcohol ou as bebidas ou o café. Ademais de substancias de uso doméstico ou laboral como as colas, os pegamentos e os disolventes volátiles. Non existe "a droga", senón diversas substancias, máis ou menos aditivas, consumidas de distintas formas por persoas diferentes, e que poden dar lugar a variados tipos de situacións máis ou menos problemáticas. As drogas non son en si mesmas positivas nin negativas. Do significado que para unha persoa concreta e o seu ámbito social teñan os efectos dunha determinada substancia, dependerá que o seu consumo poida acabar resultando problemático.

faa-albaca-
stro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 20:28

Este novo método parece unha aunténtica tolería xa que só se utiliza co fin de emborracharse e non ten sentido expoñerse a este método tan antihixiénico, por outra parte non sabemos as consecuencias que pode ter este método e as enfermidades que nos expoñomos ao facelo. E que esto se convirta nunha moda é unha mostra da ignorancia dalgunhas persoas e o pouco que se queren a si mesmos ao someterse a estes métodos.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.087 segundos.

Os comentarios están pechados.