Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:03

Eu considero que unha droga é a substancia ilegalizada xa que se se permiten as outras será por que non son daninas ou daninas en menor medida xa que se teñen que consumir en grandes doses para que fagan efecto

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:03

Eu considero que as drogas son aquelas sustancias que modifican a túa mente e o teu comportamento. Dende o meu punto de vista as drogas que son legais, por exempo o alcohol, é unha droga que modifica o teu comportamento pero de unha forma mala, non te fai pensar nin ver o mundo dende o outro punto de vista, todo o contrario fai que reacciones tardiamente e de feito compulsibo. En cambio hai drogas ilegais, como a marihuana que si te fan pensar, vale si , son malas, como todas as drogas pero que eu sepa non morreu nadie por fumar un porro e si morreu xente por beberse unha botella de alcohol. Creo que as drogas que son legais sono porque non fan que a poboación pense, senon todo o contrario. En cambio hai drogas que son ilegais porque os gobernos non lle compensa. Hai un grave problema no sociedade, porque nos educan para que non consumamos cannabis pero non ben mal que bebeamos alcohol. De pequenos sempre nos dixeron: non fumes!Pero nunca nos dixeron os pros e os contras de fumar. Porque como é unha droga simplemente cho ocultan, o cal fai que sea máis atractivo. Creo que nos deberían educar falandonos das drogas como algo normal, algo que está presente na sociedade.

fab-lauraa-
ragunde
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:10

Na miña opinión, considero drogas todas as nomeadas anteriormente, unhas máis perigosas que outras pero ningunha é boa para o noso corpo. As drogas legais son as que consume moita xente como se fose algo habitual pero posiblemente a maioría destas persoas non sepan os graves efectos que estas drogas provocan, as drogas ilegais cada vez son máis consumidas, sobre todo polos xóvenes que as toman por probar e logo acaban enganchados, outros pola contra tómanas por influencia dos amigos, pola presión social que sinten, por evadirse dos problemas ou simplemente por probar. As sustancias que se consumen legalmente tamén son drogas e deberíamos saber os efectos que estas poden provocar. Considero que o tema das drogas é algo que afecta e que está aumentando moito na nosa sociedade.

fab-carlas-
eren
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:15

O que eu entendo por droga é que son unhas substancias que provocan o deterioramento do teu organismo e sobre todo provocan unha adicción moi forte o que fai que dependas delas.
Desde o meu punto de vista todas as drogas son malas, tanto se son recoñecidas como legais ou como ilegais. Todas as drogas afectan no teu organismo producindo que se deteriore pouco a pouco e que teñas problemas de saúde. Ademáis, tamén afectan ao ámbito social porque unha persoa que consume calquera tipo de drogas sen non a ten, e non a pode consumir cambia de humor e ten xestos violentos polo que perxudica ao seu desenvolvemento nese ámbito.
En conclusión, penso que todas as drogas nos afectan en moitos aspectos polo que se algunhas son recoñecidas como ilegais as outras tamén deberían selo, xa que todas nos perxudican.

fab-paulod-
iaz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:16

A presión social é un grave problema para a xuventud, que implica a moitos adolescentes no mundo das drogas ilícitas e ilegais. Personalmente, creo que as drogas debería permitirse legalmente. Todas. Ilegalizar algunhas e tratalas como tabúes só conseguirá que a nosa sociedade clasista e atrasada retroceda máis.

faa-ismael-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:17

Eu chamolle droga a calquera substancia que afectaá túa forma de pensar ou de actuar. Creo que o consumo das drogas legais coma os medicamentos debe ser controlado por un experto. Creo que algunhas substancias legais deben ser consideradas drogas, por exemplo o alcohol porque influe na tua forma de actuar, pero outra coma o tabaco non deberían ser consideradas drogas porque non afectan a o teu xuicio.

fab-adrian-
aribeiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:18

Ningunha droga en xeral é boa, pero hay que admitir que case todos probamos o alcohol ou o tabaco, e non por eso temos dependencia delas. Se queremos consumir certas sustancias debemos ser conscientes do que tomamos e suficientemente responsables para saber onde está o noso límite. Penso que como o seu nome indica as drogas ilegais, sono porque teñen un efecto moito máis devastador cás legais, e ó mellor poden causar máis dependencia. Tamén hai que ter en conta a influencia do estado, o cal levase un impuesto bastante grande pola vente de certas drogas legais. Ó mellor se non recaudase dito imposto non sería tan facil consumir alcohol ou tabaco, e non habría tanta dependencia. En conclusión cada un é libre de tomar o que queira, pero se vas consumir algo perxudicial para o teu corpo, debes ser consciente ou incluso rodearte dun bo ambiente que che aconselle non facer certas cousas.

fab-robert-
oo
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:23

Eu tamen estou de acordo co que se nos plantexa, considero droga toda substancia que altera o funcionamento do noso organismo, habería que distinguir entre drogas boas como na sua xusta medida solen ser os medicamentos, e as drogas malas, como son a cocaína, o alcochol, tabaco...Que non nos aportan nada beneficioso para o organismo propio. As drogas que son legais como o tabaco e o alcohol penso que non son "mellores" que as que son ilegais, de feito son un grave problema que está moi presente na nosa sociedade. Creo que non se prohibe nin o alcohol nin o tabaco por que detras dela hay moitos milleiros de traballos e moitos milleiros de euros que o Estado obten mediante os impostos. Penso que se debería de facer algo con isto, por que moita xente esta a morrer por culpa de estas drogas legais.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 12:26

Eu considero droga toda substancia que supoña, unha modificación no organismo. Algunas, as que están permitidas e son legales non as considero malignas, hay un risco pero se están controladas o risco é mínimo, nada comparable coa consumición en exceso de marihuana e cocaínba, son situacións completamente distintas.

fab-ireavi-
nas
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 16:05

Para min a droga é calquera substancia que altere o noso organismo. Na actualidade podemos ver como clasificamos as drogas en legais e ilegais aínda que calquera tipo destas son malas para nós. Penso que todas as drogas deberían ser legais ou ilegais pero non diferenciar xa que aínda que non tomes cocaína, si bebes tres ou máis botellas de albariño, ou fumas un cartón de tabaco o día, segues perxudicándote igual e isto non parece ter tan mala fama.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.186 segundos.

Os comentarios están pechados.