Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
faa-irenet-
roncoso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 16:29

Desde o meu punto de vista as drogas son aquelas substancias que provocan unha dependencia e que afectan ao noso organismo eu estou dacordo coa miña compañeira que a mocidade se deixa influenciar polas amistades ou por simple curiosidade acabamolas probando.
Pero tamen entendo que os medicamentos son necesarios e o fin e a cabo tamen son drogas creo que que diferenciar entre aquelas substancias que nos fan dano daquelas que apesar de seren drogas e que so se poden tomar nesas cantidades que che mande o médico son necesarias.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 19:18

Pero que entendes ti por droga?

Eu entendo por droga todas aquelas sustancias que ao consumilas nos producen cambios nas nosas sensacións, pensamentos, na maneira de actuar e no organismo. Logo existen drogas con efectos positivos e drogas con efectos negativos. Sin embargo todas elas con efectos negativos ao non manter un consumo responsable, podendo provocar efectos secundarios ou drogodependencia. Moita xente actualmente entende por drogas todas aquelas sustancias ilegais que consumen certas persoas por dependencia ou porque lles provoca benestar, cando iso é incorrecto. Os medicamentos tamén son drogas, e son beneficiosas e necesarias posto que nos curan de problemas moi básicos e non tan básicos, porque antes podíase morrer incluso dunha infección por falta dos medicamentos.

Estás dacordo co que se expresa no anterior texto?

Estou dacordo co texto excepto porque dí que as drogas afectan unicamente ó pensamento, sensacións e emocións cando as drogas tamén poden producir efectos no organismo, como por exemplo os medicamentos que responsablemente nos producen cambios a mellor, ou drogas como a cocaína que nos perxudica.

Aceptas que se consideren drogas ás sustancias que se consumen legalmente?

Sí, o alcohol e o tabaco son drogas legais, pero seguen sendo drogas. Como antes dixen é incorrecto denominar drogas tan só ás que son ilegais senón que hai que diferenciar entre legais e ilegais. Ademais, tanto as drogas permitidas como as non permitidas teñen efectos sobre as nosas emocións e organismo polo tanto todas son drogas, con iguais ou distintos efectos, de maior ou menor peligro, de efectos positivos ou negativos... e de aí determinalas legais ou ilegais.
Tamén cabe apreciar que a legalidade do tabaco actualmente débese á presión que producen os negocios sobre o estado. Xa que o tabaco non produce ningún efecto positivo, e moitos negativos. Pero como é importante economicamente segue a ser legal. Polo cal a economía tamén inflúe na legalidade de certas drogas.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 21:37

Citado de faa-ismaelrodriguez en May 24, 2013, 12:17
Eu chamolle droga a calquera substancia que afectaá túa forma de pensar ou de actuar. Creo que o consumo das drogas legais coma os medicamentos debe ser controlado por un experto. Creo que algunhas substancias legais deben ser consideradas drogas, por exemplo o alcohol porque influe na tua forma de actuar, pero outra coma o tabaco non deberían ser consideradas drogas porque non afectan a o teu xuicio.

Ismael, ti dis que o alcohol inflúe na túa forma de actuar, pero isto so ocorre cando se toma en exceso, non sempre. E o tabaco non é que afecta ao teu xuicio, pero si te pode facer máis nervioso e se tes unha forte adición podes actuar de forma agresiva só para conseguir fumar aínda que sexa un pitillo.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 24, 2013, 23:17

Creo que a estas alturas todos sabemos, ou deberíamos saber, o que son as drogas. Somos conscientes de que existen drogas legais, bob obstante a sociedade no momento no que se fala de drogas pensa na cocaína, heroína, etc... Isto é debido a que o resto de drogas (as legais) son consumidas por unha parte moi elevada da poboación mundial.
En canto aos medicamentos, penso que algunha xente non é consciente de que está tomndo realmente cando se medica. Por estas razóns non recomendan automedicarse, xa que as cantidades de substancias que inxires deben ser controladas por un especialista no tema.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 25, 2013, 12:17

Sendo, as drogas, un tema tan actual, todos temos coñecemento sobre o que son e como son. Estas substancias producen cambio nos nosos estados de ánimo, nos nosos sentidos e sensacións. Pero ademais, tamén producen danos no noso organismo, danos que poden ser grandes riscos para a nosa saúde. Tanto as drogas legais como as ilegais poden causar dependencia e o seu consumo en grandes dosis diarias podente levar á morte porque a degradación que producen no noso organismo é moi grande.
Por desgraza é un tema que se sole asociar á mozos da nosa idade porque hoxe en día é como si fose unha "moda" consumir drogas. Algúns fano co obxectivo de pasalo mellor nas festas pero tamén hai moitos outros que o fan porque xa son drogodependienes. A pesar de ser ilegais, o consumo de de estas drogas aínda é un feito que se está dando das nosas zonas e cada vez afecta a xente máis xove.
En canto as drogas consideradas legais, non por iso deixan de ser drogas. O alcohol é o máis habitual, que aínda que parezca o menos danino, en realidade á larga fai destrozos bastante importantes no noso organismo. O seu consumo debe ser moi moderado, porque ó fin unha copa de viño ó medio día é saudable. Pero tamén é unha das drogas que máis dependencia causa, por iso hai que ter coidado e ser moi moderados.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 25, 2013, 13:13

Hai varios tipos de adictos a estas substancias:
- Consumidor ocasional: Ten contacto coa droga en forma esporádica.
- Abusador de drogas: e o que a consume maior frecuencia, fronte a distintas circunstancias, en distintos momentos do día, pero que aínda pode tolerar intervalos libres de drogas.
- Drogadependiente: Nesta situación a persoa ten a necesidade imperiosa de ter a droga no organismo. Todos se inician como ocasionais e xeralmente con drogas menores que son indutivas doutras maiores.
Tipos de dependencia:
. Psíquica: É unha dependencia mental. Cando falta a droga prodúcese unha sensación de malestar, de insatisfacción.
. Física: A dependencia abrangue non só a mente, senón tamén o corpo. Cando falta a droga non só se desexa, senón que aparece unha serie de trastornos físicos, máis ou menos intensos.

fab-zayrav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 25, 2013, 15:51

As drogas son todas as substancias que provocan adición. Si, estou dacordo, porque tanto as drogas legais como as ilegais son drogas que afectan o noso organismo e chegado a un punto todas as drogas son malas.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 11:04

😉
O voso campañeiro Ángel Figueiras, contábame que había unha nova relacionada, en parte, co tema que estamos a tratar neste foro e que quizais estaría ben facer un foro sobre eses tema. O tema referiase á moda recén xurdida entre xóvenes sobre a utilización de tampóns impregnados en alcol. Como xa non hai tempo para máis foros e este tema podería encaixar no foro que estamos a debatir, introduzo aquí a polémica.
Lede a seguinte información aparecida nun xornal dixital e dade a vosa opinión:

"Ha llegado a España una nueva manera de emborracharse rápido. Se trata de tampones mojados en alcohol, un sorprendente método que poco a poco se extiende entre muchos jóvenes de nuestro país. Es la última práctica entre los adolescentes. Consiste en impregnar un tampón en una bebida alcohólica de mucha graduación -por lo general, whisky o vodka- e introducírselo por la vagina o por vía anal, en el caso de los varones que también recurren a esta práctica.

La moda surgió en Estados Unidos, donde la edad legal para beber alcohol es de 21 años, y ya ha cruzado el charco para instalarse en España , donde se han producido algunos casos. Como el de tres chicas de Gijón que tuvieron que ser atendidas con síntomas evidentes de intoxicación etílica tras usar este peligroso método de diversión. Hubo otro caso reciente en Asturias en una niña de 14 años, tal y como asegura el diario El Comercio.es"

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 12:38

A min este método pareceme estúpido e devastador. Podo entender que o alcohol sexa un tema atractivo, e que a sociedade actual este acostumada a consumilo sen pensar nos riscos que este trae.Pero para os xovenes, penso que e xa bastante consumir alcohol con frecuencia, como para buscar métodos exaxerados. Con isto confirman que so se busca o efecto de descontrol que o alcohol trae consigo,non provar a bebida en sí.E mais,con este método nin se bebe,so se emborrachan.
Ademáis, dentro do que cabe, podo entender que unha muller este acostumada a empregar tampóns, e que ó empañalos en alcohol , pois non é exactamente igual, pero o fin e o cabo e só unha variación do uso que estan xa acostumadas. Un uso moito máis perigoso e nocivo. Pero no caso dos homes, non entendo a necesidade de introducisre un tampón por vía anal. Asemexa ridículo e ata da repelus. Eu non discuto se queren emborracharse ou non pero, se queren facelo, de verdade e inevitable levalo ata este extremo?

fab-mbelen-
alfonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; paero cales?
on: May 26, 2013, 13:39

Para min as drogas son calquera sustancia que poida crear dependencia co paso do tempo,por iso estou dacordo con este texto e por iso tamen creo que as drogas legais son tamen malas xa que tamen poden chegar a crear dependencia.
Respondendo a este ultimo texto direi que a min esa pratica de "diversion" pareceme absurda a vez que perigosa,penso que a xente cada vez quere divertirse mais e faino dunha maneira insana e estupida.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.111 segundos.

Os comentarios están pechados.