Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8]
Autor Tema:Drogas; pero cales? TEMA CERRADO
faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 22:33

Eu penso que isto podenos parecer unha bastada (porque o é) así como o puido parecer o esnifar droga cando comezou a facerse sen embargo ese método xa está máis que introducido na sociedade, agora ninguen se sorprender ao saber que hai xente que esnifa droga en polvo.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 29, 2013, 23:26

En referencia á noticia dos tampóns impregnados con bebidas alcólicas, opino que debería de ser unha "moda" o máis pasaxeira posible para non causar demasiada repercusión na poboación. Este tipo de actos supoñen un completo perigo para os nosos organismos, do mesmo xeito que todos os tipos de drogas tratados neste foro. Por outra banda, esta sociedade onde todos vivimos ben informados das consecuencias e riscos da práctica de tales atrocidades, deberiamos parar con isto o antes posible, igual que se debería diminuír o consumo de todas as drogas legais e ilegais.

fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 30, 2013, 10:11

A min o método de emborracharse máis fácilmente poñendo un tampón mollado en alcohol pareceme devatador. Pareceme ridiculo que a xente chegue a tales extremos, simplemente para emborracharse rápidamente. Non sei se ese método é eficaz, pero parece ridículo que chegue a xente a eses extremos.

faa-miguel-
carballa
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 30, 2013, 16:50

Non lle atopo sentido a moda de emborracharse con tampons xa que o que fas é introducir o alcol directamnte o sangue polo que te emborrachas mais rápido. en canto a situación legal e ilegal das drogas penso que todas deverían estar na mesma situación ou ben todas legalizadas ou ben todas ilegais. Poñer todas a drogas legais tampouco me parece unha barbaridade xa que cada un ten que ser consciente do que fai e tamén se acabaría co 80% dos casos de narcotráfico.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 30, 2013, 17:06

En canto o da noticia dos tampóns, que aínda non a comentei, decir que... a xuventude xa non sabe que facer para pasalo ben un sábado de festa. O tema este simplemente é unha moda máis que se acabará indo cando empecen a saír á luz noticias de intoxicacións importantes en mozos, xa que este é o único xeito que hai de que se den conta do que están a facer. Un caso semellante foi un perigoso xogo chamado choking game difundido por Internet que se convertiu nun serio problema en Alemania. O xogo consistía en aforcarse para experimentar a embriaguez que se produce cando o cerebro non recibe suficiente oxígeno. Este xogo foi tema de abundantes noticias e incluso saíron moitos casos de persoas que morreron. Dende entonces esa moda parou de extenderse. Non digo que deixe de facerse porque obviamente a cabeciña dalgúns non ten remedio pero sustos como estes farán abrirlles os ollos a máis de un.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 31, 2013, 16:53

Con respecto a clasificación das drogas, se poderían legalizar, para así disminuír o contrabando, pero tamén a xente a consumiría con maior regularidade e cantidade, o que sería aún peor.
Eu non sei en que se basan para legalizar unhas drogas e outras non, xa que todas elas son perxudicias para nós. Por exemplo non entendo que sexa ilegal tanto a venta como a compra de marihuana e en cambio sexa legal para o consumo propio, e incluso para uso medicinal, e digo eu que se a tes é porque a compraches ou porque a plantaches, xa que non sae do aire.
Eu penso que á xente que queira consumir, vaino facer, e vaille dar igual se son legais ou non.

fab-zayrav-
azquez
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 31, 2013, 18:42

O método de emborracharse mediante os tampóns , non me parece para nada normal, vexoo unha tontería e moi ridiculo que a xente poida chegar a eses medios para emborracharse

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Drogas; pero cales?
on: May 31, 2013, 19:42

Citado de faa-angelf en May 28, 2013, 17:01
Eu non estou acorde co método de clasificación destas substancias.Porque todo o que se considere droga debería estar legalizado. Así mataríamos dous paxaros dun tiro, primeiro a desaparición do narcotráfico, claro exemplo tivémolo cando existía o contrabando de tabaco, logo legalizouse é dita evasión de impostos desapareceu. E segundo é máis importante que terías o consumo regularizado, e dicir, que poderías controlar a cantidade de xente que consume é asignarlle unha porción que sexa o menos dañina para a súa saúde e facilitarlle a opción de recuperación. Pero como isto me van a dicir que é un salvaxada pois tomemos outra alternativa, porque chamarlle dogras, as denominadas drogas legais? Eu non podo opinar dos seus efectos porque nunca tiven un consumo destas substancias, pero sexamos intelixentes, se están legalizadas será porque en consumo moderado non lle fan dano a nadie. Entón a miña segunda opción de clasificación sería dogras e non drogas.

Estou de acordo co que di Angel aquí.Desta forma o narcotráfico non sería unha preocupación tan grande como o é agora,e o estado sairía gañando cos impostos.En canto as persoas,cada unha ten a libre decisión de consumir ou non consumir,iso estaría da súa man.Esta sería unha voa maneira de atallar con varios problemas,pero seguramente que dentro dun tempo tendríamos problemas con outra droga,porque cando o tabaco se fixo legal apareceu a cocaína e todas estas drogas de ahora no seu lugar,e quen nos di que legalizando estas drogas non aparezan outras que sexan peor que as que hai ahora mesmo?

Páginas: First << 5 6 7 [8]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.149 segundos.

Os comentarios están pechados.