Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9
Autor Tema:Sentido e sensibilidade TEMA CERRADO
faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 26, 2013, 20:24

Citado de fab-ivangomez en February 26, 2013, 20:05
Penso que nunha praza de touros o único que se fai é maltratar a estos animais,matalos lentamente e deixar que sufran.Non digo de quitar esta tradición,só falo de modificala,e no canto de cravarlle vanderillas ao touro e darlle estocadas,deberíanse enfrentar en igualdade de condicións,que se toree sen facerlle dano ó animal e que este non vaia decaendo lentamente,desta maneira cando o touro se canse reemplázase por outro.
E nas corridas de touros,o animal non sofre,porque só ten que correr durante uns minutos entre un monton de persoas.

E con esta idea de Iván o que facemos é que co touro que sale cansado mandase directo ao matadeiro aumentando o gasto de diñeiro podendo aproveitar matandoo na praza. Con esto o mundo dos touros perdería miles de seguidores e decaería moito a ganancia de diñeiro ata que acabase desaparecendo unha cultura que o único mal que lle vexo é que o touro sufra un pouquiño mentras loita pola libertade.
E no que te refires ós encierros, cando dis que so teñen que correr uns minutos das a entender, ou polo menos a min, que se fai unicamente por devoción cando a finalidade é trasladar os touros das granxas de crianza á plaza de touros. Sacando dous actos de gran importancia cultural do que ven sendo a parte final da crianza de touros.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 26, 2013, 23:07

Estou de acordo con Iván, non hai por que eleiminar esta tradición pero si se podería modificar para que o tourno non sofra desta maneira, con non matalo avonda e poderían eliminarse as varillas que lle clavan por, como por exempolo, unhas varillas que non se claven, só que deixen pintura na pel do touro.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 00:54

Citado de fab-estefaniamuras en February 26, 2013, 23:07
Estou de acordo con Iván, non hai por que eleiminar esta tradición pero si se podería modificar para que o tourno non sofra desta maneira, con non matalo avonda e poderían eliminarse as varillas que lle clavan por, como por exempolo, unhas varillas que non se claven, só que deixen pintura na pel do touro.

Con ista proposta volvemos ó de sempre, o touro perderá a súa oportunidade de poder loitar pola súa vida só por que a algunhas persoas "sensibles" lles parece mal que o que se fai no matadeiro fágase en público.

faa-ismael-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 16:53

Na miña opinión creo que non é un arte pero é unha tradición que hai que respetar. Creo que se as deixasen de facer perderíamos seña de identidade española para todo o mundo. En canto ao toreo creo que se podería mellorar prohbindo que se matara ao toro, pero toda a vida se fixo así e non vai a ser fácil cambialo.

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 16:54

Citado de fab-danielsomoza en February 27, 2013, 00:54

Con ista proposta volvemos ó de sempre, o touro perderá a súa oportunidade de poder loitar pola súa vida só por que a algunhas persoas "sensibles" lles parece mal que o que se fai no matadeiro fágase en público.

Non é ser unha persoa sensible ou non, só é buscar que o animal non sufra e o mimso tempo non acabar con esta tradición.

faa-cristi-
napadin
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 16:57

Na miña opinión, as corridas de touros son unha tradición española que conservamos dende moitos séculos atrás e deberíamos respetar a todo aquel que lle gustan e quere manter esta costume tan típica do noso país; pero non estou de acordo co maltrato animal que supoñe xa que estás facendo sufrir un ser vivo que non ten culpa de nada... pareceme unha forma incorrecta de divertirse.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 17:08

Non estou a favor das corridas de touros xa que non entendo a " diversión " de ver un animal sufrir co único fin de que unha persoa poida lucirse sen ningún mérito, xa que non estan na mesma condición o touro e o toureiro. O toro ten mais posibilidades de sair morto da praza mentres que o toureiro ten poucas de sair ferido ou ferido grave. o peor de todo esto e que moitas persoas din que esto e unha "arte" ver a un home matar a un touro sen ningunha razón, e a xente aplaude como si lograra un bo logro mentres que o animal esta sufrindo. Non me parece un arte xa que me parece unha tortura totalmente inneceseria e non entendo que ben de maravilloso nel.
Por outra banda, todos opinamos das corridas de touros, pero que queda doutras festas coma os touros embolados, esa tradición ainda me parece peor xa que non lle atopo ningún plantarlle lume ós cornos do animal.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 17:10

Citado de faa-bertaferreiro en February 26, 2013, 17:20
A ver non se pode estar de acordo con todo o mundo. Pero por exemplo o que di Daniel de que o touro morre máis dignamente, non creo queo touro teña a capacidade de elexir a súa morte ou que de verdad o touro j importe morrer máis ou menos dignamente. E tespevto o que di Ángel de a festa da auga para nos é a nosa cultura e dende fora vena como unha salvaxada penso que ten un pouco de razón de que o tema doa touros sexa un tan polémico porque a política est por medio pero non creo que o motivo sexa por considerarte máis ou menos español. Eu por exemplo considerome galega e española e non estou de acordo cos touros e a festa da auga gústame porque me parece divertida pero tampouco estou de acordo con que se gaste tanta auga. Pero si nos poñemos asi hai tantas inxustizas no mundo que si como argumento para non cambiar unha delas utilizas que as outras seguen ahi, nunca se avanzaria.

Estou en total de acordo con Berta, pareceme unha opinión moi xusta. Dependendo da cultura na que convivamos e a que teñamos, estaremos más de acordo ou menos con algunhas tradicións, hábitos,leis... Acaso para nos non é unha salvaxada matar unha muller a pedradas por mirar a un home os ollos, en cambio, nos paises árabes non é algo que moita xente nin considera cambiar? Non me malinterpreten, non quero dicir que ese crimen é o dos touros sexa o mesmo, pero que sí hai diferencias na maneira de pensar en todas partes e en todos sucesos. Acaso un amante dos animais non pode estar a favor dos touros? Claro que pode, se el considera que a morte do touro non lle causa dor, o como dicían antes "é máis digna" . Non estou de acordo con estas opinións, pero podo entendelas. Máis, unha persoa española ten que estar de acordo cos touros? Non, eu sintome galega, española, e europea, e cidadana do mundo,e en ningún destes casos sintome identificada coa tradición taurina. Faime iso menos española? Máis racional? Non, faime ter opinión e considerandoo o mundo avanzado no que vivimos non encontro motivos para aplaudir e admirar a acción de causarlle unha morte dorosa a un animal se ningún motivo sanitario. Nos motivos sociais e politicos estan os que estan de acordo ou non, asi que non se pode aferrar a eles, nos motivos históricos pode, pero esa etapa xa acabou, por que cometer un error unha e outra vez só por que no pasado os nosos antepasados, con moitos máis motivos que nos, o cometeran?

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 17:53

Citado de fab-estefaniamuras en February 27, 2013, 16:54

Citado de fab-danielsomoza en February 27, 2013, 00:54

Con ista proposta volvemos ó de sempre, o touro perderá a súa oportunidade de poder loitar pola súa vida só por que a algunhas persoas "sensibles" lles parece mal que o que se fai no matadeiro fágase en público.

Non é ser unha persoa sensible ou non, só é buscar que o animal non sufra e o mimso tempo non acabar con esta tradición.

O animal pode sobrevivir se loita e non morrer coma dis ti se se cansa so de torealo e despois vai para o matadeiro

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 27, 2013, 17:56

Citado de faa-marinaduran en February 27, 2013, 17:10

Citado de faa-bertaferreiro en February 26, 2013, 17:20
A ver non se pode estar de acordo con todo o mundo. Pero por exemplo o que di Daniel de que o touro morre máis dignamente, non creo queo touro teña a capacidade de elexir a súa morte ou que de verdad o touro j importe morrer máis ou menos dignamente. E tespevto o que di Ángel de a festa da auga para nos é a nosa cultura e dende fora vena como unha salvaxada penso que ten un pouco de razón de que o tema doa touros sexa un tan polémico porque a política est por medio pero non creo que o motivo sexa por considerarte máis ou menos español. Eu por exemplo considerome galega e española e non estou de acordo cos touros e a festa da auga gústame porque me parece divertida pero tampouco estou de acordo con que se gaste tanta auga. Pero si nos poñemos asi hai tantas inxustizas no mundo que si como argumento para non cambiar unha delas utilizas que as outras seguen ahi, nunca se avanzaria.

Estou en total de acordo con Berta, pareceme unha opinión moi xusta. Dependendo da cultura na que convivamos e a que teñamos, estaremos más de acordo ou menos con algunhas tradicións, hábitos,leis... Acaso para nos non é unha salvaxada matar unha muller a pedradas por mirar a un home os ollos, en cambio, nos paises árabes non é algo que moita xente nin considera cambiar? Non me malinterpreten, non quero dicir que ese crimen é o dos touros sexa o mesmo, pero que sí hai diferencias na maneira de pensar en todas partes e en todos sucesos. Acaso un amante dos animais non pode estar a favor dos touros? Claro que pode, se el considera que a morte do touro non lle causa dor, o como dicían antes "é máis digna" . Non estou de acordo con estas opinións, pero podo entendelas. Máis, unha persoa española ten que estar de acordo cos touros? Non, eu sintome galega, española, e europea, e cidadana do mundo,e en ningún destes casos sintome identificada coa tradición taurina. Faime iso menos española? Máis racional? Non, faime ter opinión e considerandoo o mundo avanzado no que vivimos non encontro motivos para aplaudir e admirar a acción de causarlle unha morte dorosa a un animal se ningún motivo sanitario. Nos motivos sociais e politicos estan os que estan de acordo ou non, asi que non se pode aferrar a eles, nos motivos históricos pode, pero esa etapa xa acabou, por que cometer un error unha e outra vez só por que no pasado os nosos antepasados, con moitos máis motivos que nos, o cometeran?

Coma dis ti para ti é mellor non darlle a oportunidade de vivir e levalo ao matadeiro, ademáis non podes defender a un touro de lidia, se queres que a única causa da súa existencia se suprima.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8 9
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.144 segundos.

Os comentarios están pechados.