Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Sentido e sensibilidade TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Sentido e sensibilidade
on: February 20, 2013, 14:31

Jaen Goodall: “Se a xente pensa que os animais non teñen dereitos, seguirá facendo corridas de touros”

A primatóloga e Mensaxeira da Paz das Nacións Unidas, Jane Goodall, afirmou que se a xente pensa que os animais non sofren, que non teñen dereitos, que non se lles debe tratar con dignidade, van a seguir organizándose corridas de touros e van a seguir matándose elefantes.
Considera que o asunto dos touros é un problema que se debe afrontar desde España, despois de que o Congreso dos Deputados admitira a Iniciativa Lexislativa Popular (proposta de un determinado número de cidadáns) da Federación de Entidades Taurinas de Cataluña para que a festa dos touros sexa declarada Ben de Interese Cultural de toda España. Curiosamente, J. Goodall, ven de recibir no Congreso, o Premio Internacional da Asociación Parlamentaria en Defensa dos Animais e afirmou que en España se deben buscar alternativas ás corridas de touros.
Goodall preguntouse se os que organizaron esa Iniciativa Popular, puxéronse algunha vez no lugar do touro e tentaron entender se os touros senten dor e sofren. Por iso unha das funcións do Instituto Jane Goodall é facer reflexionar á xente moza para que sexan eles, no futuro, quen decidan.
Considerades un arte as corridas de touros? Están en igualdade de condicións o touro e o toureiro cando se enfrontan na praza? Cal é a vosa opinión sobre este asunto?

fab-ireavi-
nas
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 20, 2013, 17:55

Para min o tema das corridas de touros pareceme unha salvaxada e unha crueldade xa que os touros son animais e sofren. Para nada vexo unha arte andar a lidiar un touro facendo que pase polo manto vermello unhas cantas veces hasta que o toureiro decida empezar a cravarlle as bandeirillas e rematar cravandolle o estoque hasta que o touro morra, para min isto non é unha arte nin moito menos. Non penso que estean en igualdade de condicións xa que unha vez dentro da praza o touro está destinado a morrer e o toureiro aínda que pode acabar ferido sempre e él quen o manexa todo e porsuposto este non morre.
Non me sinto orgullosa de que as corridas de touros sexan consideradas unha das expresións da cultura hispánica.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 20, 2013, 18:32

Na miña opinión non o chamaría "arte", o que se adican a facer con estos animais é unha brutalidade, que a min como española dame moita vergonza que sexa aqui onde se practique.
En canto a se están nas mesmas condicións un touro que un toureiro, é evidente que non. Un toureiro é LIBRE, adícanse a chamar a atención destes animais coa finalidade de maltratalos ata a súa morte e que pola contra un touro esta privado de liberdade, sen poder defenderse, condenado a unha morte crudelisma segura.
En difinitiva, non estou para nada de acordo con este asunto, nin con nada que se lle pareza.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 20, 2013, 19:39

Eu dende sempre estuven en contra de esta suposta "arte cultural de España" polo simple feito de que a xente disfruta vendo como matan a un animal. Sexa un touro ou calquera outro animal unha persoa con un pouco de corazón pensa e ponse na pel do animal por encima de calquera tradición e entende o que pasa. Entende que é un animal, irracional? Si, pero unha cousa non quita o feito de que sufra e de que as espadas cravadas na espalda lle doen ó igual que nos doería a nós.
É un tema bastante discutible porque cada persoa ten a súa opinión sobre este tema, puntos de vista que poñen por diante unha tradición histórica, cultural e turística por encima dos dereitos do propio animal. Eu dende logo, non vexo nesta actividade ningún tipo de diversión, pero entendo que media España adicada a taurina dende fai moito tempo non dea o seu brazo a torcer para que esta tradición desaparezca. Añado ademais, que me parece unha afición cuns ideais tan antiguos que non teñen cabida nos tempos de hoxe.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 20, 2013, 22:33

Eu non considero arte as corridas de touros. Estou en contra delas, porque claramente o touro sufre, non é ben tratado e non entendo como a xente pode disfrutar vendo como se mata un animal.
A pesar de que sexa unha tradición esta deberíase prohibir se non se cumplen unhas condicións e se non se fai ben, que na miña opinión sempre é así. É unha tradición moi antiga que para min non ten cabida nesta época.
Ademais decepcióname que unha das cousas máis destacadas de España sexan as corridas de touros.

fab-paulod-
iaz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 03:44

Nunca puiden entender a mentalidade da xente taurina. Evidentemente, a tauromaquia é unha crueldade, pero ademais, non entendo que ten de artístico ou cultural. Afortunadamente, é un tradición destinada á extinción, pois a inmensa maioría da xuventude a rexeita e menospreza. Tamén é certo que é unha tradición característica española e recoñecida como tal en todo o mundo. O toureiro está en clara vantaxe, pois sempre que está apurado, varios axudantes saen a praza a defendelo. Tamén engadir que moita xente -polo menos que eu coñezo- alégrase cando, por exemplo, un toureiro recibe unha cornada. Non apoio esa postura en absoluto. É infantil, absurda, e carente de sentido, ademáis dunha gradísima esaxeración. En conclusión, a tauromaquia é unha tradición que debe desaparecer, e se non o fai á forza, faraino co tempo. Non me declaro nin a favor nin en contra e non vexo nada útil ser tan extremista nunha situación como esta.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 16:43

Pois eu penso que os touros son un arte e unha tradición e polo cal hai que respetala. Pero si estou en contra nos momentos cando fan sufrir ao animal atravesando co estoque e dándolle morte. Eu iso vexoo mal, e a solución é tan simple como quitarlle os estoques ó toureiro. Seguirá habendo touros e seguirá existindo esa tradición e ese arte propio de España, ademais sen tanta crueldade.

No canto ás corridas de touros...Será un arte pero víronse cousas peores. Nunha corrida de touros non é que exista demasiado maltrato animal, simplemente me parece de xente non moi intelixente poñerse a correr diante dos touros, pero as tradicións son así. E é un ben de interese cultural moi importante polo tanto penso que está ben donde está.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 17:22

Non estou a favor de que as corridas de touros, non entendo a diversión de ver un animal sufrir co único fin de que unha persoa poida pavonearse sen ningún mérito, xa que non estan nin por asomo na mesma condición, por ese feito de conseguir facer dano a un animal como é o touro.
Podo entender que no pasado fose símbolo de grandeza, de que o home podia contra todo tipo de besta, e que a xente podería trasmitirlle confianza e satisfacción en tempos difíciles, pero estamos no século XXI, e non necesitamos que nos defendan homes con traxes brillantes de bestas malvadas e demonios. Esa xa non é a realidade, senón que o que agora chaman "arte" e que hai un home, que cobra moito más que persoas que si traballan por un avance na soiciedade ou para ela, que mata a un touro sen ningunha razón, e xente, cun comportamento necio, aplaudindo o sufrimento deste.Non me parece un arte, me parece unha tortura totalmente inneceseria , que so aporta cartos a uns poucos animais aproveitados e dana a moitos touros.

Non obstante respeto a aqueles que non compartan a miña opinión e que si disfrutan dese "espectáculo", pero non podo entender que ven de maravilloso e artístico.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 17:52

Eu penso que os touros queiramos ou non son un símbolo co que dende fora de España relacíonannos con eles. A min sinceramente non me gustan as corridas de touros, penso que en vez de un arte e maltratar a un animal en público, polo tanto non estou de acordo con elas. Pero vexo dificil que se poidan prohibir pois é unha tradición que esta moi arraigada na cultura española.

faa-miguel-
carballa
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Sentido e sensibilidade
on: February 21, 2013, 18:15

Na miña opinión non están en iguais condicións porque ó touro antes de que salga o toreiro xa se lee clavaroas lanzas. As corridas de touros podrianse celebrar pero sen ter que clavarlle as vanderillas nin que o toreiro utilie a espada. Nalguns paises como en Portugal fanse corridas sen facerlle sufrir o touro.
Podo entender que aiga persoas a favor.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.272 segundos.

Os comentarios están pechados.