Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fab-lauraa-
ragunde
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 20:07

Eu non estou de acordo con utilizar a estos animais para investigacións médicas porque algúns simplemente sofren, pero moitos outros acaban morrendo, creo que se debería buscar unha alternativa mellor para estas investigacións sen poñer en peligro a vida de moitos animais. No tema da creación do neandertal tampouco estou de acordo xa que vexo un gasto innecesario de diñeiro soamente por crear,en certo modo, unha persoa para experimentar con ela ou tela encerrada nun zoo ó disfrute dos demais, aparte pertence ao pasado e non estaría ben no mundo actual, sería maltratar a unha persoa como somos calquera de nós. O único de positivo que lle atopo a esta creación sería o avance da ciencia, que actualmente é moi importante para todo

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 21:48

Penso que a experimentación e investigación con animais é unha manipulación de seres vivos que hoxe en día se leva a cabo sen demasiado regulamento e que non deberiamos traballar así con especies que, obviamente, non son inferiores a nós. Non podería propoñer outra alternativa á investigación que non fosen os animais ou as persoas, pero si creo que non debemos xogar así sen ter en conta moitos dos danos que lle ocasionan a estes. A clonación dun ser prehistórico para este mesmo ámbito paréceme recaer no erro, tendo en conta que posiblemente este home neandertal non podería resistir as condicións do noso mundo, completamente descoñecido para el, debido á inmensa polución producida nos nosos días, as enfermidades ás que nós xa estamos inmunizados, etc.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 22:57

Eu non estou en contra das investigacións con animais para curar enfermos, xa que a pesar de que non os considero inferiores nin moito menos dalgunha forma temos que investigar e que avanzar, pero creo que chegamos a un punto no que a investigación está por encima do que somos, do que nos cremos, dos sentimentos, etc.
Estou de acordo con isto sempre que se faga dunha fomra civilizada, pero asi como estaría en contra de que se clonasen seres humanos para o noso beneficio estou encontra de resucitar a un neandertal. Despois de ler o libro "Nunca me abandones" no que se trata un caso de clonación humana para un beneficio cando alguén ten enfermidades, creo que o ser humano cada vez é máis orgulloso, só busca o seu benficio propio e moitas veces sen pensar nas consecuencias que esto traería, a veces a ambición de conseguir o que nos parece máis imposible fainos ser crueis.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 23:04

Estou totalmente de acordo co argumento de Jessica cando di que os neandertais xa viviron a súa vida, xa creceron, sufriron, aprenderon e morreron, xa cumpriron o seu capítulo na evolución do home. Comparto este argumento con ela e supoño que moitos de vos tamén. E eu sigo sin encontrarlle unha finalidade boa a este proxecto, para investigar novos tratamentos non nos chega cos animais que xa se están utilizando? Eu soamente podería ver este neandertal como unha atracción máis dun zoolóxico.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 00:33

A proposta de utilizar animais para as investigacións ao parecer é importante para a investigación, xa que fai que incrementes os avances, pareceríame peor experimentar con seres humanos, tampouco quero dicir que os animais sexan inferiores. Unhas das cousas que se poderían evitar sería o uso execivo de estos animais para experimentos, que ata os usan para todo tipo de cosméticos e colonias, se é necesario a experimentación con animais podería ser con fines que axudasen a ciencia e que estivese controlado o uso de animais.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 00:50

Esa é a túa forma de velo, dunha forma onde pos por diante a nosa ciencia, algo forte o que agarrarse si, pero atende. Á diferencia de estes posibles individuos, ti formácheste no mundo seguindo a lei da vida, o presente. Eles serán creados nun mundo que non é o seu, abordando a historia solo por un simple capricho noso. É interesante estudar como vivían estes seres pero non podemos chegar a sobrepasar os límites éticos humanos. É unha persoa coma nós e sí vai a sufrir porque a ningún ser racional lle agrada que o traten como rata de laboratorio, que o encerren e que o usen como atracción pública, que será o que pase si o proxecto sae ben. Miles de persoas pobres darían o que fose por esa situación, de acordo, pero sabes por que? Porque no seu mundo actual non teñen para comer e saír a diante. Pero non podes comparar estas dúas situacións porque dáse o caso de que os neandertais xa viviron a súa vida, xa creceron, sufriron, aprenderon e morreron. Xa cumpriron o seu capítulo na evolución do home. Non teñen ningún fin nin nada que pintar en pleno siglo XXI. Pero como xa che dixen, sí poderían levar a cabo o proxecto con especies animais extinguidas que hoxe en día fan falta para estabilizar a cadea alimenticia como ben acordaches conmigo.

Douche a razón, pero date conta que, na nosa sociedade, as persoas que respectan totalmente os límites éticos e morais dos humanos polo xeral acaban traballando para persoas sometedoras que ignoran estos principios.
Agora unha aclaración: estas persoas buscan un fin de lucro mentres que a mediciña ou a investigación buscan un fin con un beneficio común para o ser humano. E personalmente prefiro que morran varios suxeitos de probas con tal de poder evitar unha posible peste que acabe con máis de media población mundial.

fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 10:48

Eu persoalmente opino que non deberían clonalo.
Asi como dixo Raúl, creo que sería totalmente inxusto clonar persoas razonais e con sentimentos para usarlo como un experimento.
Pero en cambio podrían experimentar como poder descubrir medicamentos para enfermidades mais importantes.

fab-ireavi-
nas
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 17:35

Eu penso que crear un neandertal para experimentar con el sobre investigacións médicas sería un pouco egoísta pola nosa parte e penso que hasta agora se fixeron moitos avances na medicina e non fixo falta maltratar ningún animal, xa que sí o crearamos para isto acabaría morto ou sufrindo realmente. Aínda que nos poida parecer unha proposta atractiva e interesante vexo incorrecto porque a nós tampouco nos gustaría ser tratados mal e o fin e o cabo estamos creando unha "persoa" con sentimentos e intelixente, un ser humano.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 17:56

Citado de fab-ireavinas en January 30, 2013, 17:35
Eu penso que crear un neandertal para experimentar con el sobre investigacións médicas sería un pouco egoísta pola nosa parte e penso que hasta agora se fixeron moitos avances na medicina e non fixo falta maltratar ningún animal, xa que sí o crearamos para isto acabaría morto ou sufrindo realmente. Aínda que nos poida parecer unha proposta atractiva e interesante vexo incorrecto porque a nós tampouco nos gustaría ser tratados mal e o fin e o cabo estamos creando unha "persoa" con sentimentos e intelixente, un ser humano.

Non estou dacordo esta proposta no é egoista, xa que non si se estan usando outros animais para buscar maneiras mellores na mediciña por iso tela oportunidade de facer isto con especímenes parecidos o ser humano é unha boa oportunidade para nós. Ademáis de que dis que non maltratamos animais para a mediciña, logo como pensas que evolucionamos nesta? Pois evolucionamos abrindo animais e incluso abrídonos a nós mesmos, é se queremos evolucionar, non é plan de estar con propostas éticas, cunha especie que neste momento está estinta e estamos a plantexarnos resucitalo con motivo de experimentar e probar cousas novas coas novas técnicas que nos ofrecen as novas tecnolxías.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 18:09

Citado de faa-raulmartinez en January 30, 2013, 00:50

Esa é a túa forma de velo, dunha forma onde pos por diante a nosa ciencia, algo forte o que agarrarse si, pero atende. Á diferencia de estes posibles individuos, ti formácheste no mundo seguindo a lei da vida, o presente. Eles serán creados nun mundo que non é o seu, abordando a historia solo por un simple capricho noso. É interesante estudar como vivían estes seres pero non podemos chegar a sobrepasar os límites éticos humanos. É unha persoa coma nós e sí vai a sufrir porque a ningún ser racional lle agrada que o traten como rata de laboratorio, que o encerren e que o usen como atracción pública, que será o que pase si o proxecto sae ben. Miles de persoas pobres darían o que fose por esa situación, de acordo, pero sabes por que? Porque no seu mundo actual non teñen para comer e saír a diante. Pero non podes comparar estas dúas situacións porque dáse o caso de que os neandertais xa viviron a súa vida, xa creceron, sufriron, aprenderon e morreron. Xa cumpriron o seu capítulo na evolución do home. Non teñen ningún fin nin nada que pintar en pleno siglo XXI. Pero como xa che dixen, sí poderían levar a cabo o proxecto con especies animais extinguidas que hoxe en día fan falta para estabilizar a cadea alimenticia como ben acordaches conmigo.

Douche a razón, pero date conta que, na nosa sociedade, as persoas que respectan totalmente os límites éticos e morais dos humanos polo xeral acaban traballando para persoas sometedoras que ignoran estos principios.
Agora unha aclaración: estas persoas buscan un fin de lucro mentres que a mediciña ou a investigación buscan un fin con un beneficio común para o ser humano. E personalmente prefiro que morran varios suxeitos de probas con tal de poder evitar unha posible peste que acabe con máis de media población mundial.

Entendo, pero en este caso o proxecto que se vai a levar a cabo non ten un fin común para a poboación. Non nos vai achegar descubrimentos nin médicos, nin tecnolóxicos nin nada productivo para o noso futuro. Simplemente nos traerá probas do pasado, simplemente abastecerá a curiosidade humana, e como se suele dicir, o pasado pasado está e hai que respetar os límites da natureza e o ciclo da vida.

Páginas: First << 3 4 5 [6] 7 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.103 segundos.

Os comentarios están pechados.