Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fab-adrian-
aribeiro
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 20:02

Na miña opinión, é un experimento moi interesante pero ó mesmo tempo é algo que traería moitas consecuencias. Que aportacións nos daría este experimento? Na miña opinión moi poucas, xa que o neandertal atopariase estrano no noso habitat, e creo que non sabría comportarse.
A pesar de que é un gran avance científico, penso que o mellor sería "resucitar" especies que aportasen moitísimas mais cousas.

faa-cristi-
napadin
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 21:44

Realmente podemos pensar que sería interesante experimentar dende un punto de vista científico con esta especie extinguida hai 30.000. Os neardentais poderían achegarnos información descoñecida por a súa fisioloxía e psicoloxía, xa que son unha especie cun coeficiente intelectual moi alto en comparación con outras. Como actualmente sabemos, os neardentais tiñan unha sensibilidade emocional moi desenvolvida, polo tanto, antes de actuar de algunha forma debemos plantexarnos se sería correcto encerrar un ser vivo deste tipo nunha gaiola ou nun laboratorio para sometelo a un cambio total de espazo. Pensamos algunha vez como se sentirían? Como reaccionarían?
En principio, dende un punto de vista ético, penso que o correcto é non investigar con este tipo de "animais" xa que a selección natural fixo que esta especie se extinguise por algún motivo en concreto, e polo tanto, non sobreviviría.
Ademáis debemos ter en conta a gran cantidade de cartos que se gastaría nunha investigación de este tipo, que pode non chegar a ningunha parte.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 30, 2013, 22:37

Citado de fab-adrianaribeiro en January 30, 2013, 20:02
Na miña opinión, é un experimento moi interesante pero ó mesmo tempo é algo que traería moitas consecuencias. Que aportacións nos daría este experimento? Na miña opinión moi poucas, xa que o neandertal atopariase estrano no noso habitat, e creo que non sabría comportarse.
A pesar de que é un gran avance científico, penso que o mellor sería "resucitar" especies que aportasen moitísimas mais cousas.

A min pareceme un pouco materialista de máis darlle luz verde a un proxecto so polo seu aporte e se é algo que podemos aprender de especies extintas é algo que podemos aprender de nós mesmos. A fin de contas temos toda a información no noso organismo que podemos precisar para mellorar a nosa calidade de vida. O uso de outros seres vivos neste tipo de investigación, é en xeral para experimentar, e se non experimentamos certas cousas no noso corpo por algo será, que o feito de empregar outros seres vivos non cambia esos riscos.
Recapitulando, deberíamos reflexionar máis ata que punto a nosa superioridade intelectual nos permite usar outros seres no noso beneficio.

faa-ismael-
rodriguez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 17:08

Non creo que este proxecto sexa bo, a parte de que terían sentimentos, intelixencia, etc. si os Neandertais se estinguiron tivo que ser por algunha razón, e a natureza sabe ben o que fai. En vez de investigar o pasado deberíase investigar como mellorar no futuro, que é o que nos agarda.

faa-chusag-
uin
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 18:40

Eu creo que si, que pode ser un expiremento que nos pode aportar moitas cousas, pero como din os meus compañeiros é retomar algo que quedou no pasado, e suponse que hoxe en día o que queremos é avanzar, non retroceder a experimentar con algo que quizáis non nos aporte o que esperásemos. A parte, o Neandertal non estaría como debería, nin no seu habitat, nin cos da súa mesma especie, nin se podería desenvolver como lle gustaría debido a todos os cambios que se produciron ata o de agora, eu creo que non sería convinte levar a cabo este experimento.

fab-rocior-
ivas
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 19:12

eu non estou de acordo en tratalos como ratas de laboratorio porque son seres vivos e teñen o mesmo dereito a vivir ca nos e moito menos en facelos sufrir chegando incluso a causarlles a morte por un simple "capricho" de experimentar con eles.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 19:36

Citado de faa-jessicacalo en January 30, 2013, 18:09

Citado de faa-raulmartinez en January 30, 2013, 00:50

Esa é a túa forma de velo, dunha forma onde pos por diante a nosa ciencia, algo forte o que agarrarse si, pero atende. Á diferencia de estes posibles individuos, ti formácheste no mundo seguindo a lei da vida, o presente. Eles serán creados nun mundo que non é o seu, abordando a historia solo por un simple capricho noso. É interesante estudar como vivían estes seres pero non podemos chegar a sobrepasar os límites éticos humanos. É unha persoa coma nós e sí vai a sufrir porque a ningún ser racional lle agrada que o traten como rata de laboratorio, que o encerren e que o usen como atracción pública, que será o que pase si o proxecto sae ben. Miles de persoas pobres darían o que fose por esa situación, de acordo, pero sabes por que? Porque no seu mundo actual non teñen para comer e saír a diante. Pero non podes comparar estas dúas situacións porque dáse o caso de que os neandertais xa viviron a súa vida, xa creceron, sufriron, aprenderon e morreron. Xa cumpriron o seu capítulo na evolución do home. Non teñen ningún fin nin nada que pintar en pleno siglo XXI. Pero como xa che dixen, sí poderían levar a cabo o proxecto con especies animais extinguidas que hoxe en día fan falta para estabilizar a cadea alimenticia como ben acordaches conmigo.

Douche a razón, pero date conta que, na nosa sociedade, as persoas que respectan totalmente os límites éticos e morais dos humanos polo xeral acaban traballando para persoas sometedoras que ignoran estos principios.
Agora unha aclaración: estas persoas buscan un fin de lucro mentres que a mediciña ou a investigación buscan un fin con un beneficio común para o ser humano. E personalmente prefiro que morran varios suxeitos de probas con tal de poder evitar unha posible peste que acabe con máis de media población mundial.

Entendo, pero en este caso o proxecto que se vai a levar a cabo non ten un fin común para a poboación. Non nos vai achegar descubrimentos nin médicos, nin tecnolóxicos nin nada productivo para o noso futuro. Simplemente nos traerá probas do pasado, simplemente abastecerá a curiosidade humana, e como se suele dicir, o pasado pasado está e hai que respetar os límites da natureza e o ciclo da vida.

Non comparto esta opinión de Jesica e si a de Raúl, xa que nós se podemos resucitar o Neandertal é por que está dentro dos nosos límites e si, vale que igual era mellor resucitar outras especies, pero non comparto o de que non ten un fin común por que ademáis do principal fin que é o de poder resucitar a unha especie, tamén pode traernos outras productividades das que non sabíamos nada o que hay que facer é experimentar e se se acadan resultados ben, e se non non pasa nada polo menos sabemos que se pode resucitar e que os "límites" coma ti dis aínda están lonxe dabondo para pararnos aquí.

faa-carlot-
adominguez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 19:54

Desde o meu punto de vista creo que "resucitar" a unha especie extinguida tería mais inconvenientes que vantaxes; as vantaxes que pode ter dito experimento son poucas e a única que entendería sería a curiosidade de saber os costumes e o comportamento dos nosos antepasados. Cientificamente sería un dos maiores avances en dito ámbito, pero non sería ético. Como xa dixen anteriormente as consecuencias negativas, si leva a cabo este experimento, serian fatais xa que "resucitar o pasado" , para o meu punto de vista, nunca traerá boas consecuencias.

fab-robert-
oo
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 20:10

Na miña opinión nn estou de acordo co que este científico pretende levar a cabo, xa que se consegue facelo na miña opinión estaría a remexer nunha especie de home irman a nosa, e polo tanto entrariamos en debate si se levaria a cabo a clonación de persoas para manipulalas ou conseguir outros obxectivos, como ratas de laboratorio. A a min persoalmente dentro de 30 millons de anos nn me gustaria qe me "resucitasen" e moito menos para facer experimentos e investigar as nosas costumes e modo de vida, asique non estou e acordo co que este cientifico pretende facer.

faa-angelf
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 21:01

Na miña opinión este tema debería saír adiante, eu vexo ben que se faga. Este avance científico traería moitas vantaxes respecto a supervivencia da sociedade e o seu aumenta da esperanza de vida xa que destes se podería sacar os órganos para transplantes. Iso de que non é ético e unha dos millóns de trabas que a relixión quere impoñer no avance científico, xa que se podería probar con máis exactitude que existe a evolución e que non saímos dun "truco de maxia" dos deuses. Sexamos realistas iso de estudar as especias antepasadas é un avance con moitos factores positivos na sociedade, que como dixo un antigo profesor meu, a veces para avanzar hai que retroceder o pasado.

Páginas: First << 4 5 6 [7] 8
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.091 segundos.

Os comentarios están pechados.