Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8]
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fab-taniac-
ores
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 31, 2013, 23:44

Na miña opinión, non me gustaría que este proxecto se fixera. Non creo que facer esa investigación fora un gran avance, ademáis como se sentiría Neandertal no noso circulo? Se nos procedemos del, él tamén tiña sentimentos e máis sempre buscaría a maneira de non estar so e sentirse cómodamente, e non me parece ben que se crea para usalo de maniquí.
Por outra parte, creo que en vez de gastar o diñeiro para esta clase de investigacións, deberíano gastar noutras, como por exemplo as curacións de enfermidades aínda sen ningunha maneira de curación.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: "Neander Park"
on: February 1, 2013, 20:21

Eu despois de este longo debate sobre se sería adecuado ou non realizar o proxecto, cambiei algo de parecer ou planteime novas dieas, é certo que non sería ético e que tamén a ciencia ó longo da historia tivo moitos impedimentos no seu desarrollo pero non creo que este feito se trate de relixión ou de algunha doutrina que se opoña ante á ciencia senón o que somos como seres humanos. Hai que ter en conta tamén que se a ciencia segue sufrindo impedimentos os avances realizaranse a un ritmo demasiado lento.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: "Neander Park"
on: February 1, 2013, 23:49

Citado de fab-danielsomoza en January 31, 2013, 19:36

Citado de faa-jessicacalo en January 30, 2013, 18:09

Citado de faa-raulmartinez en January 30, 2013, 00:50

Esa é a túa forma de velo, dunha forma onde pos por diante a nosa ciencia, algo forte o que agarrarse si, pero atende. Á diferencia de estes posibles individuos, ti formácheste no mundo seguindo a lei da vida, o presente. Eles serán creados nun mundo que non é o seu, abordando a historia solo por un simple capricho noso. É interesante estudar como vivían estes seres pero non podemos chegar a sobrepasar os límites éticos humanos. É unha persoa coma nós e sí vai a sufrir porque a ningún ser racional lle agrada que o traten como rata de laboratorio, que o encerren e que o usen como atracción pública, que será o que pase si o proxecto sae ben. Miles de persoas pobres darían o que fose por esa situación, de acordo, pero sabes por que? Porque no seu mundo actual non teñen para comer e saír a diante. Pero non podes comparar estas dúas situacións porque dáse o caso de que os neandertais xa viviron a súa vida, xa creceron, sufriron, aprenderon e morreron. Xa cumpriron o seu capítulo na evolución do home. Non teñen ningún fin nin nada que pintar en pleno siglo XXI. Pero como xa che dixen, sí poderían levar a cabo o proxecto con especies animais extinguidas que hoxe en día fan falta para estabilizar a cadea alimenticia como ben acordaches conmigo.

Douche a razón, pero date conta que, na nosa sociedade, as persoas que respectan totalmente os límites éticos e morais dos humanos polo xeral acaban traballando para persoas sometedoras que ignoran estos principios.
Agora unha aclaración: estas persoas buscan un fin de lucro mentres que a mediciña ou a investigación buscan un fin con un beneficio común para o ser humano. E personalmente prefiro que morran varios suxeitos de probas con tal de poder evitar unha posible peste que acabe con máis de media población mundial.

Entendo, pero en este caso o proxecto que se vai a levar a cabo non ten un fin común para a poboación. Non nos vai achegar descubrimentos nin médicos, nin tecnolóxicos nin nada productivo para o noso futuro. Simplemente nos traerá probas do pasado, simplemente abastecerá a curiosidade humana, e como se suele dicir, o pasado pasado está e hai que respetar os límites da natureza e o ciclo da vida.

Non comparto esta opinión de Jesica e si a de Raúl, xa que nós se podemos resucitar o Neandertal é por que está dentro dos nosos límites e si, vale que igual era mellor resucitar outras especies, pero non comparto o de que non ten un fin común por que ademáis do principal fin que é o de poder resucitar a unha especie, tamén pode traernos outras productividades das que non sabíamos nada o que hay que facer é experimentar e se se acadan resultados ben, e se non non pasa nada polo menos sabemos que se pode resucitar e que os "límites" coma ti dis aínda están lonxe dabondo para pararnos aquí.

Pero resulta Daniel, que o que estou discutindo con Raúl é o límite ético. Non estamos resucitando unha especie animal irracional que a resucitamose e si non sae ben pois volvemos a comezar de novo experimentando con ela. Non, é unha especie humana coma ti e coma min como lle mencionei xa antes a Raúl, con razón e liberdade emocional. Eu sigo mantendo a miña opinión de que non ten un fin productivo para a humanidade, pero si ti dis que si, adiante, dime un exemplo.

fab-martin-
amendoza
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "Neander Park"
on: February 2, 2013, 00:44

Eu opino que está medida que se propon non é moi ética. Analizar os fósiles e tratar de reconstruir o pasado esta moi ben, pero non "fabricando persoas". Sería un gran avance? Igual si, pero ó final o único que conseguimos é facer sufrir a unha persoa, experimentar con ela e facerlle vivir un auténtico inferno. Investicar co ADN pareceme ben, a partir de aí comprobalo co noso ADN, pero de ningunha maneira fabricando persoas.

faa-margar-
itabarreir-
o
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: February 3, 2013, 10:35

Na miña opinión non deberíamos facelo porque estes neandertais teñen sentimentos e sería realmente moi cruel crear exemplares da sua especie , xa que pertencen a outra época e o más probable é que terminasen sendo unha atracción de feira. Por non falar de que poderían transmitirnos unha enfermidade para á que nos non temos mecanismos de defensa. En resumo , crear a estes neandertais pode axudarnos a investigar más sobre nos , sobre enfermidedes etc. pero a min pareceme moi cruel e pouco ético crear esta especie , estes seres humanos para que rematen olvidados nunha gaiola sendo victimas de constantes experimentos.

faa-noar
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: "Neander Park"
on: February 3, 2013, 10:44

Dende o meu punto de vista este proxecto, no caso de levarse a cabo, estaria dotado dunha gran falta de moral e de ética. Todos sabemos que a nosa especie de Homo foi a que tivo sorte e logrou chegar ata hoxe, sen embargo se fosen eles os que o conseguiran non nos gustaria que nos utilizases a nos como coballas. Ademais non nos poderiamos fiar de case ningun resultado dos que se obtiveran aqui, xa que o mundo que se atoparian non seria nin por asomo nada parecido ao que habitou a sua especie e pode que non se comporten da mesma maneira que o farian. Pero para min o máis importante é que, dende o meu pensamento, non son "animais" se non que son "persoas" , persoas que non chegaron ata os nosos días. E por ultimo, este prexecto esta pensado so para estudiar como eran e os seus comportamentos, a nós non nos axudaría para mellorar nada do noso día a día.

Páginas: First << 5 6 7 [8]
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.069 segundos.

Os comentarios están pechados.