Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 16:45

Os argumentos que ncontro en contra deste experimento son que primeiro non sei que pretenden descubrir resucitando a un neandertal, e por outra parte os estan os argumentos en contra que lle encontro dende o pynto dw vista ético. Xa que se este experimento se levase a cabo os neandertais estarian encerrados en xaulas seguramente ou en cautiverio como se fosen animais. Cando eu penso que se acercan máis a persoas que os animais e sería como meter a unha ''persoa'' nunha xaula.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 16:59

Pois Raul sinto decirche que te comes uns pequenos detalles na tua opinión. Obviamente eu respeto o teu punto de vista, que haberá moitos que pensen como ti. É un experimento que reconoce un gran paso na ciencia e nos avances tecnolóxicos. Si, pero paremos de pensar en nós e pensemos no ser que vamos a crear. É un ser racional, autónomo, intelixente e con sentimentos. A ti gustaríanche que te formasen da nada, nun mundo que descoñeces, que te rodeen personas distintas a ti, que te encerren, te observen, te suxeiten a máquinas, etc? Creo que non. Non se trata dun animal o cal si o metes nunha xaula ambientada como o seu hábitat xa está feliz. Non. É un ser humano, como ti e coma min, solo que doutra época, época que pertence ó pasado e a nosa historia. E a historia hai que respetala, estudala si, pero dentro duns límites. Penso que este proxecto se podería desviar a outros camiños e en ver de resucitar un ser prehistórico podíamos resucitar especies animais importantes para a cadea alimenticia no día de hoxe, que por culpa da nosa actividade desapareceu. Creo que lle debemos ese pequeno favor a actual fauna.

Non me como ningún detalle, simplemente son as consecuencias que ten o avance tecnolóxico. Este proxecto precisa dun suxeito de probas. A túa pregunta contestoche que eu tamén me formei da nada nun mundo descoñecido e tamén sometido a certas normas e leis. E añado ademais que os neandertais non van a pasar ningún tipo de necesidades nin sufrimentos, e estou seguro de que no mundo hai centos de miles de persoas con unha vida demigrante que matarían por obter todo o que necesitan tan solo a cambio de que uns científicos observen teu comportamento e te sometan a determinadas probas. Sen embargo estou de acordo contigo en que é preferible levar a cabo este experimento con animais extintos ou por extinguir como por exemplo o lince ibérico e incluso mamuts.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 16:59

Puxen este comentario sen querer.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 20:41

Estoy de acordo con Jésica en que estes experimentos se poderían facer con animais que están en perigo de extinción e así este perigo acabaríase, pero pir outra banda aínda que esto pareza un pouco contraditorio co comentario que fixen antes, estou de acordo con algunhas cousas que di Raúl e sobretodo co que dixo a nosa compañeira Dobrinka na clase, de que os motivos éticos resultan un impedimento para que a ciencia avance igual que antes o supiñía as crenzas relixiosas. Penso que debería establecerse como unhas normas para non comenter atrocidades pero que tampouco os a ética de cada persoa sexa un motivo para non levar adiante un experimento.

faa-yasmin-
asanchez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 21:26

Eu penso que hai mais argumentos en contra que a favor. Creo que o único que ten de bo é que é un gran avance para a ciencia, xa que facer que unha especie extinguida volva á vida, e máis aínda dunha especie humana, será un éxito. Pero hai máis en contra: primeiro, todos os cartos que habería que invertir niso: segundo, se sae ben todo, os problemas que podería acarrexar se o Neandertal non se adapta á nosa civilización; terceiro, onde viviría? non se lles ocurría metelo nunha gaiola ou deixalo solto, como se fose un animal, con todas as consecuencias que podería traer.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 22:12

Polas opinións dos meus compañeiros vexo dúas tendencias principais, a de considerar ao posible neandertal unha persoa e outras de consideralo como outra especie animal. Ao meu parecer estas diverxencias deixan á luz o feito de que non estamos preparados, non sabemos moi ben como entender un neandertal no século XXI.
Penso que non deberíamos revivir especies so porque podemos, a selección natural xa se encargou no seu momento de de eliminar aos neandertais, non me ten demasiado sentido a pretensión de revivir a esta especie, moito menos na época que vivimos. En aspectos biolóxicos podemos aprender dos restos paleontolóxicos que xa hay, e en aspectos sociais un individuo aislado da manada e nun mundo drasticamente distinto ao seu non nos vai ofrecer respostas claras neste sentido.

faa-albaca-
stro
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 23:10

Pois na miña opinión non vexo a utilidade que tería este experimento e vexo moitos máis inconvintes ca vantaxas, xa que non sabemos como pode actuar o neandertal ou como responderá ante a vida que levamos agora. Ademais como algúns dos meus comañeiros dicían o tempo dos neandertales xa pasou e agora non vezo que veneficios nos pode traer o "resucitalo".

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 23:26

Citado de faa-yasminasanchez en January 28, 2013, 21:26
Eu penso que hai mais argumentos en contra que a favor. Creo que o único que ten de bo é que é un gran avance para a ciencia, xa que facer que unha especie extinguida volva á vida, e máis aínda dunha especie humana, será un éxito. Pero hai máis en contra: primeiro, todos os cartos que habería que invertir niso: segundo, se sae ben todo, os problemas que podería acarrexar se o Neandertal non se adapta á nosa civilización; terceiro, onde viviría? non se lles ocurría metelo nunha gaiola ou deixalo solto, como se fose un animal, con todas as consecuencias que podería traer.

Primeiro, os cartos que habería que invertir niso son ben invertidos porque o avance tecnolóxico precisa diñeiro. Porque si nunca se houbese investido nada en investigacións, aínda que saísen mal, estaríamos na idade da pedra por así decir. E un claro exemplo é descubrimento de América subvencionado polos Reis Católicos, que sen esta subvención Colón non habría partido cara o oeste.

Segundo, non sei porque mencionades, como argumento en contra, o da adaptación do neandertal á nosa civilización. Solo vai ser un suxeito de probas! non se vai a soltar na cidade para que busque un traballo, faga a compra e viva coma un ciudadano máis. A que se vai ter que adaptar? Ademais, para que un animal se adapte a un medio, tendría que haber vivido noutro medio antes.E decir, un cambio. E do que estamos a falar é dun ser creado nun laboratorio e isto vai ser o que coñeza dende que naza polo tanto non existe adaptación. Ou vos sufrístedes algunha adaptación ó nacer? non, é o mundo que coñecedes dende que nacedes e listo.

Terceiro, se considerades como argumento en contra onde viviría o neandertal significa que non tendes moitos argumentos en contra ou que non os pensastedes moi ben, porque si os hai. Esta clonación ten varias finalidades. A primeira é o intento da clonación en si e a segunda é, no caso de saír ben, o estudo dos comportamentos do neandertal e un mellor estudo das súas características. Bueno, pois no caso de saír ben supoño que o suxeito sería sometido a probas e viviría nun laboratorio sen ningún tipo de problema. Aquí é donde podemos atopar un argumento razonable e de base moral en contra deste proxecto. Pero todo ten as súas consecuancias e sobre todo este tipo de investigación ou acaso non sabedes que o aparello dixestivo se descubriu a base de abrir animais para saber que pasou coa comida que comen?

faa-dobrin-
kapenkova
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 01:27

Personalmente creo que seria unha boa idea realizar este proxecto xa que supondría un avance tecnolóxico nunca visto antes.Poderíamos aprender moito do Neandertal. Tamén lles dou a razón ás persoas que cren que esto non é moi ético, pero penso que a ética pode facer que perdamos moito saber e avance tecnolóxico. Non se sabe con exactitud os fins que ten este proxecto pero penso que se podería sacar moito proveito del.

faa-soraya-
borrageiro-
s
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 29, 2013, 16:06

Creando un neandertal poderíanse aprender moitas cousas sobre el o que é unha vantaxe, pero non o vexo imprescindible como para xogar con unha persoa, xa que o neandertal non é un animal de laboratorio, senon que ten sentimentos como calquer outro ser humano e polo tanto non se merece isto. Que farían despóis de investigalo ? non o van soltar pola rúa e tampouco o van a ter nun escaparate para que a xente o vexa polo que tendrían que matalo ou así e iso non o vexo xusto.
A este "experimento" véxolle máis inconvintes ca vantaxes, ademáis nin se quera sabemos cómo podría actuar ante unha vida tan distinta á da súa época.

Páginas: 1 2 3 [4] 5 6 7 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.065 segundos.

Os comentarios están pechados.