Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje "Neander Park"
on: January 24, 2013, 18:17

“Neander Park”
Un científico de Harvard, especialista en xenética, ven de propoñer a creación de un Neandertal por medio de enxeñería xenética, disparando a polémica social de “resucitar” a unha especie extinguida, e non a unha especie calquera, senón á máis próxima á nosa. Os neandertais extinguíronse hai, tan só, 30.000 anos en Gibraltar.
O proceso de creación xenética desta “especie irmá”, aínda que un reto científico, sería factible en poucos anos, extraendo o ADN dos ósos de exemplares fósiles de neandertais. Aínda que os problemas técnicos para facer isto resultan evidentes, podemos plantexar que resulta un reto atractivo e cunha grande carga de dilemas éticos. Por qué resucitar a un neandertal? Cales son as vantaxes? Cales os inconvenientes? Ata onde chegan as nosas responsabilidades?
Pero agora non estamos a falar da creación de dinosaurios, como en Parque Xurásico, senón dunha especie humana intelixente e sensible (coidaba aos seus enfermos, enterraba aos seus mortos). E que fariamos con eles se as cousas non saen como agardábamos: exhibilos nun parque de atraccións?, metelos nunha gaiola?
Cal é a vosa opinión sobre este asunto?

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 24, 2013, 18:34

Eu non estou para nada de acordo con esta proposición. Non lle vexo sentido invertir millóns en un experimento que o único que vai a facer é resucitar a un antepasado noso. Teoricamente o ser humano evolucionou facendose máis complexo e intelixente, por que dar volta atrás na nosa especie? Porque si logran resucitar a un ser así, será unha persoa máis do noso mundo, con sentimentos e pensamento propio. Aínda que o experimento saia ben ese ser só vai ser utilizado para o dito: exhibición de circo. Atractiva é a ciencia que mediante os fósiles estuda como éramos no pasado, pero non a que pretende traer ese pasado a unha realidade futura. Iso paréceme un crime contra a história e a nosa evolución.

fab-ivango-
mez
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 24, 2013, 19:23

Que fin tendria este experimento?Saber cales eran as súas costumes e como vivían?Se queren unha resposta a esa pregunta non a van a obter neste experimento,porque se son os nosos antecedentes,farían igual que nós,aprender desde que son pequenos,dos seus pais e da súa especie,se se realiza ese experimento e traemos a vida a un neandertal,de quen vai a aprender?Non tería nadie da súa especie,aprendería a vivir como nós.
Penso que este experimento aparte de ser moi custoso non lle axudaría nas investigacións aos expertos e solo sería un neandertal igual as figuras de cera dos museos solo que tería vida.

fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 24, 2013, 23:58

Opino que, aínda que resulte un experimento realmente atractivo e arriscado é, por outra parte, excesivo. Tamén penso que hoxe en día quizais deberían centrarse máis na investigación das enfermidades máis entendidas e peligrosas para a poboación mundial. Non obstante, non quita que esa intriga e interese por saber máis sobre os nos os antepasados máis recentes na escala evolutiva siga latente.
Por un lado, de de o meu punto de vista, creo que tería moitos máis inconvenientes ca vantaxes, xa que se experimento fracasase sería imposible retroceder e facer a vista gorda. É un tema moi polémico, por unha banda sería un gran descubrimento se tivese éxito, e poderíamos seguir paso a paso e minuciosamente os seis costumes, pero tempos que contar que sería un tanto frío o trato con esta especie extinta.

fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 16:46

Eu creo que seria un gran avance se eso fose posible xa que non se comportarían como antes por que non estarían nas mesmas condicións externas, ambientais e non sería o mesmo comportamento nunha gaiola ca no seu habitat natural pero esta especie resucitala que fin tería, xa que se comportaba parecido a nós? non tería moito sentido resucitala solo por que era sentimental teria máis sentido resucitar a outras especies que nos aportaran algo a nosa xenética e poder aproveitarnos de esas aportacións e non dun neandertal que suponse que é case coma nos pero cunhas características físicas diferentes.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 17:08

Pareceme unha propósta científicamente impactante e moralmente pouco aceptable. Certo é que sería un gran avance científico, e dende que lin que sería posible, teño curiosidade por como sería, se se conseguría e como reaccionaria o propio individuo, se poderiase adaptar a noso sistema de vida acutal... Mais non é un xoguete, no podemos traer un novo individuo xa extinguido o mundo, e se estudialo e probablemente maltratalo a probas científicas co único fin de extraer de el a máxima información posible, sen ter enconta que, aínda que menos desenvolto, é un ser humano. Non carece de sentimentos,hai que ter eso en conta. Ser pensar nos efectos que podería ter se a sociedade se dedícase a recrear especies desaparecidas, podería desencadear extincións doutras xa existentes, incluso a nosa. Por iso, na miña opinión, aínda que sería verdaderamente interesante,increible, curioso, productivo, que parece sacado dunha película de ciencia-ficción,non podemos xogar a ser deuses.

fab-carlas-
eren
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 17:48

Paréceme unha proposta excesiva, arriscada e un pouco de mal gusto. Desde o meu punto de vista, é unha especie que viviu como nos o estamos á facer agora e que por determinadas causas e circunstancias se extinguiron, e que polo tanto, non ten sentido que despois de tantos anos queirase "resucitalos". Xa coñecemos suficientes datos coma para ter que facer isto, xa sabemos como eran, como se comportaban, as súas costumes, etc. O único que se conseguiría se esta proposta se levase a cabo é facer deles un circo, cousa que vexo innecesaria, por iso, non estou de acordo con esta proposta.

fab-estela-
padin
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 18:13

Non estou de acordo con esta proposta. O máis probable é que non salga ben de todo e para metelos en gaiolas ou para estar en parques de atraccións é mellor que non fagan nada.
Esa especie xa estivo na terra fai moitos anos e non fai falla resucitalos, en iso estou de acordo con Carla.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 18:18

😉 Gustariame que valorárades friamente o que, ao voso parecer, tería de bo e de malo levar a cabo este proxeto.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 19:09

Desde o meu punto de vista este proxecto ten máis cousas malas que boas. A parte boa quizás sería que os poderíamos estudar con máis exactitude e coñecelos máis de cerca pero iso trae consigo a parte mala que sería resucitar parte da historia dos noso antepasados para metela nunha gaiola. Ademais é un proxecto que non ten un fin común para as persoas a nivel mundial. É dicir, nestes tempos de crisis que estamos pasando penso que deberíamos centrarnos e invertir en avances e proxectos de cara o mundo futuro como na tecnoloxía e na medicina.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.082 segundos.

Os comentarios están pechados.