Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fab-daniel-
somoza
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 20:15

Anteriormente tamén se quixera facer unha cousa parecida neste caso foi a famosa ouvella Dolly que foi froito dunha combinación nuclear dende unha célula donante diferenciada a un óvulo non fecundado e anucleado e os 5 anos sufría de artrosis e 2 anos máis tarde tiverona que sacrificar por un fallo de vía respiratoria. Con esto quero decir que se queren usar a resurreccion do Neandertal con estes mesmos principios de Dolly, o mellor neste momento sería probar antes con outros animais para perfeccionar a técnica da resurreción. Por outra parte resucitar o Neandertal non tería ningún punto de interese para o ser humano e se o que se quere e estudar a vida deste non podería ser posible xa que non estamos nas mesmas características ambientais nas que estaban eles daquela e o comportamento deste antecesor noso sería distinto do seu comportamento verdadeiro dos anos nos que vivíu. Pero estou a favor de que se poda intentar a resucitar cousas para próximos avances e en contra de resucitar os Neandertais.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 20:39

Pois eu estou en contra dos que están en contra deste proxecto. Necesitamos avanzar e progresar para poder inventar cousas inimaxinables e para iso necesitamos investigar e experimentar, aínda que non nos guste o método, porque con este experimento estase a lograr un gran avance, que é conseguir resucitar individuos de especies extintas, algo que se leva intentando dende hai moitísimo tempo e nunca se logrou, e posiblemente este sexa outro intento máis, pero... Quen sabe si esta vez pode saír ben? Para iso debemos levar a cabo o experimento. E tamén, quen pode saber si nun futuro esta investigación se desarrolla e se descubren cousas ata agora impensables? O ser humano foi curioso e experimentador dende a súa creación e non se vai deixar de selo porque á xente non lle pareza ben que se investigue a un ser creado nun laboratorio e tan solo polos sentimentos que poida ter.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 13:01

Paréceme moi interesante a oponión de Raúl, e en certo modo a comparto. Pareceme un gran paso para a ciencia, unha porta que se abre con camiños como as mutacións,a crioxénesis, as clonacións... E incluso o poder "reevivir" a xente que faleceu con anterioridade, xa postos a estudar casos de ciencia ficción. Pero o que eu non acabo de estar de acordo e que se empece con revivir unha especie extinta dun humano, sen saber como reaccionaria esta especie ante as súas evolucións, ou se acabaría con estas. Isto o fai un proxecto moi avanzado quizáis para as nosas mentalidades, para os nosos coñecementos sobre a ciencia neste aspecto, e sobre o traballo e probas que leva este proxecto xa realizadas,provocando que dende un primer momento o tachemos de locura, sen pensar en que os que propoñen esta idea estudaron (probablemente)tamén as inconvintes, e se seguen adiante co experimento, será por que nos pode aportar moito máis do que perxudica.

fab-martin-
perez
Newbie
Mensajes: 9
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 15:01

Eu tamén estou dacordo en certo modo coa opinión de Raul,pero no so habería que mirar o noso avance na ciencia senón tamén os problemas que poderían causar o rexurdimento da raza Neandertal,non saberiamos como poderían reaccionar.E se reaccionan de foma negativa?seguramente nos matariamos noso propio experimento,a demais,nunca poderiamos saber como se comportaban antes debido a que o medio no que vivían cambiou radicalmente,agora toparíanse con tribus de persoas da mesma clase que nos e iso cambiaría o seu comportamento,si é un gran paso para a ciencia,pero habería que miralo dende todas as perspectivas.

faa-bertaf-
erreiro
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 15:16

A mín parece unha proposta moi atractiva desde o punto de vista de que o ser humano poida resucitar unha especia xa estingida, pareceme que os avances da ciencia son increibles. Pero por outra parte penso que estaríamos xogando un pouco a ser Deus. A única vantaxe que lle vexo é que se podería coñecer e estudar mellor esa especie e a causa que fixo que se extinguise ,pero si as cousas non saen como os científicos pensan non o vería desde o meu punto de vista éticamente correcto metelos en gaiolas para exhibilos o público, como si se tratase dunha atración, xa que esta especie é moi parecida a nós e sería como meter a unha persoa nunha gaiola.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 21:33

😉 Semella que os argumentos en contra de crear a un individuo "neardental" son, sobre todo, de tipo ético; cal sería o argumento de tipo ético que vos utilizaríades para non realizar este "experimento"?

fab-estefa-
niamuras
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 22:00

Ainda que sería un gran logro, desde o meu punto de vista non estaría ben. Para que o fan? Para exivilo nun zoo? Pareceme unha tontería e sería invertir os cartos por invertir. O tempo dos naendertais xa pasou, evolucionamos e chegamos ata hoxe en día, non está ben volver así ao pasado. A parte si o consiguen como viviría o noso antepasado, non pensan que sería algo raro para el, ver como cambiamos, donde vivimos e toda a tecnoloxía que nos rodea, creo que el pasaríao mal.

faa-fabiol-
aalbornoz
Newbie
Mensajes: 15
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 22:38

Esta porposta parece sacado dunha película de ciencia ficción. Creo que traerá máis consecuencias ca vantaxes, sen falar en profundidade de que non sería ético. Estamos a falar dunha especia humana resucitada noutra época. Xa para empezar non creo que sobreviva se se leva a cabo este experimento.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 27, 2013, 23:37

Citado de fab-martinperez en January 27, 2013, 15:01
Eu tamén estou dacordo en certo modo coa opinión de Raul,pero no so habería que mirar o noso avance na ciencia senón tamén os problemas que poderían causar o rexurdimento da raza Neandertal,non saberiamos como poderían reaccionar.E se reaccionan de foma negativa?seguramente nos matariamos noso propio experimento,a demais,nunca poderiamos saber como se comportaban antes debido a que o medio no que vivían cambiou radicalmente,agora toparíanse con tribus de persoas da mesma clase que nos e iso cambiaría o seu comportamento,si é un gran paso para a ciencia,pero habería que miralo dende todas as perspectivas.

Martin, afirmas estar de acordo conmigo, pero no resto do comentario non parece que esteas tan de acordo. Tamén dis que o experimento ten os seus perigos e das a entender que o neandertal pode reaccionar de forma negativa e, según eu entendín nesta oración, que nos mataría noso propio experimento. Cousa pouco probable ó meu pensar. Tamén aseguras que non podemos estudialos correctamente debido a que o medio actual non é o mesmo medio no que vivían antes. A isto digoche que os científicos non creo que solten ao neandertal pola calle para estudialo. Non sei como o van a facer, incluso poderían facer unha reconstrucción do bioma no que vivián, pero pola calle non o soltan, Iso seguro. Ademais, non sabía que na actulidade vivísemos en tribus. Estou de acordo contigo en que é un gran paso para a ciencia e penso que as perspectivas posibles xa estan máis que estudadas.

faa-jessic-
acalo
Newbie
Mensajes: 22
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 28, 2013, 01:14

Citado de faa-raulmartinez en January 27, 2013, 23:37

Pois Raul sinto decirche que te comes uns pequenos detalles na tua opinión. Obviamente eu respeto o teu punto de vista, que haberá moitos que pensen como ti. É un experimento que reconoce un gran paso na ciencia e nos avances tecnolóxicos. Si, pero paremos de pensar en nós e pensemos no ser que vamos a crear. É un ser racional, autónomo, intelixente e con sentimentos. A ti gustaríanche que te formasen da nada, nun mundo que descoñeces, que te rodeen personas distintas a ti, que te encerren, te observen, te suxeiten a máquinas, etc? Creo que non. Non se trata dun animal o cal si o metes nunha xaula ambientada como o seu hábitat xa está feliz. Non. É un ser humano, como ti e coma min, solo que doutra época, época que pertence ó pasado e a nosa historia. E a historia hai que respetala, estudala si, pero dentro duns límites. Penso que este proxecto se podería desviar a outros camiños e en ver de resucitar un ser prehistórico podíamos resucitar especies animais importantes para a cadea alimenticia no día de hoxe, que por culpa da nosa actividade desapareceu. Creo que lle debemos ese pequeno favor a actual fauna.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.183 segundos.

Os comentarios están pechados.