Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Autor Tema:"Neander Park" TEMA CERRADO
fab-estela-
vilanova
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 19:35

A gran parte positiva do experimento tería un compoñente sociolóxico fundamentalmente, dende o meu punto de vista. O que permitiría observar detenidamente como vivían estes antepasados, o seu hábitat natural e a forma na que estes se comunicarían. Non obstante, estarían completamente sometidos a nós, coma animais de laboratorio. Por outra banda, se o experimento salise mal, que faríamos?Esconder sen máis o fracaso? Para poder realizar esta proba penso que habería que estar totalmente seguros, e tratándose de experimentos, nunca se pode estar seguro ao cen por cen. Tamén opino que non é ético nin moral voltar a tales extremos históricos.

faa-marina-
duran
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 25, 2013, 22:57

Estou bastante de acordo ca miña compañeira Jessica, é certo que a vida dese ser que se crease, estaría destinada a únicamente vivir para que o estudasen,deixando de lado a súas características que o fan humano, e pensar únicamente no que poderíamos sacar del. Por iso penso que unha parte interesante deste proxecto, sería observar como actua frente as novas tecnoloxías e a vida do século XXI, más por mera curiosidade poderían causarse moitos problemas posteriores, que sería mellor evitar. Por iso persoalmente penso que sería un avance ,pero mirando o pasado e sen aportar moito novo que poida compensar, e un gran estudo ,no que se gastaría máis do que se puidese gañar, e isto faino innecesario.Tamén cursioso e que non merece que se rechace sen pensar os beneficios que se pode dar, ou todo o traballo que hai detrás deste proxecto para poder chegar aqui,pero non estou segura de que as vantaxes(que non estamos valorando, e si que as hai) sexan maiores cas desvantaxes, polo que non podería ser productivo, nin económicanin científicamente.

faa-lidiam-
artinez
Newbie
Mensajes: 20
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 11:42

En primeiro lugar estou de acordo cos meus compañeiros en que este experimento sería excesivo e non estou de acordo con el.
A parte positiva sería poder saber máis deste ser, ter máis investigacións e máis coñecemento del, pero como dixo Estela, esta criatura sería como un animal máis de laboratorio, para este experimento teríamso que gastar moito diñeiro e sen sequera saber si vai a saír mal ou ben, supónse que o ser humano evolucionou ata o que agora somos, facéndonos máis intelixentes, que sentido tería volver atrás nestes momentos?

fab-paulod-
iaz
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 13:26

Aínda que sería un experimento interesante, se esa especie está extinguida é por algo. Poderíamos aprender moito do noso pasado e descubrir partes da historia ata agora inaccesibles. Por outro lado, habería que invertir unha gradísima cantidade de cartos que sería moito máis útil utilizar para outros avances científicos en campos como a mediciña ou a nanotecnoloxía. Tamén é certo que estarían sometidos a nós. Entón, realmente vale a pena voltar ao pasado de esta forma? Non o creo.

fab-alexan-
dregrandal
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 14:31

E interesante o feito de contar coas capacidades para levar a cavo este experimento, eso remarca que cada vez vamos máis lonxe en coñecemento. Non obstante estou de acordo coas opinións dalgúns compañeiros, o feito de darlle vida a un neandertal no século XXI non nos vai revelar demasiado da súa forma de vida ou costumes, como moito será una curiosidade porque poderíamos ver a súa estrutura corporal externa e interna, pero eso é algo que en gran medida xa se pode facer grazas aos descubrimentos da paleoantropoloxía. Resumindo eu non o vexo práctico, e eso sin contar coas dudas de carácter ético.

faa-raulma-
rtinez
Newbie
Mensajes: 23
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 14:36

A min pareceme que o proxecto é aproveitable e pareceme ben que se leve a cabo. Isto supón un avance para a ciencia moi grande, e o que hai que observar neste experimento non é o que se faría co neandertal creado, senón o que se pode chegar a facer co ADN e a cantidade de especies extintas que se poden chegar a resucitar.

Ademais, o devolver á vida ao neandertal, permitirianos unha moi boa investigación dos nosos antepasados e obteríamos mellor información de como era a súa vida. E no canto ó presuposto non me parece un problema xa que prefiro que se destine a estas investigacións importantes que que acabe na conta bancaria dun político, que de seguro que si puxésemos o neandertal a gobernar, este país iría mellor.

faa-soniap-
orto
Newbie
Mensajes: 10
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 16:29

Eu estou dacordo cos demáis compañeiros xa que este proxecto sería excesivo e creo que ten máis partes malas que boas. A parte positiva quizás sería que os poderíamos estudalos con máis exactitude aínda que esto trae consigo as súas consecuencias que xa non se comportarían como antes debidi a que non queda ningunha especie como ela e non estan no seu habitat natural, o que si faría e ter un comportamento como o noso. Pero como dixo a miña compañeira Lidia e Estela, esta criatura sería como un animal máis de laboratorio, para este experimento teríamso que gastar moito diñeiro e sen sequera saber si vai a saír mal ou ben.

fab-mbelen-
alfonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 18:36

O meu parecer esta cuestion ten mais inconvenientes que vantaxes. Non lle vexo ningun sentido a que volva aparecer ese ser xa que ahora evolucionamos e non ten sentido que esa especie antiga volva a renacer. A unica vantaxe seria que poderiamos estudar mellor esa especie e a sua maneira de ser pero o facer iso despois que fariamos con eles? Non ten sentido que volvan a aparecer para que logo os encerremos. A verdade e que penso que o diñeiro para facer iso seria mais rentable utilizandoo en axudas para as persoas en paro ou para avances que fosen bos para o noso futuro,non que sea utilizado para cousas que nos farian volver o pasado.

fab-beatri-
zrivera
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 19:06

Eu penso que non ten un intereseprimordial, creo que hai fins máis importantes nos que invertir os cartos desa investigación, como por exemplo, a pobreza a fame ou a cura das enfermidades. Na miña opinión o único bó que tería esa investigación é que nos axudaría a comprender máis a nosa evolución. Enlazando co comentario no artigo sobre a vacina do alzheimer,non tódalas investigacións teñen os mesmos fins, e, como en todo hay fins primordiais, ao meu parecer. E nunha época como esta, penso que é momento de investigar, si, pero en fins que garanticen ou que polo menos axuden a conseguir o benestar da sociedade.

faa-sarama-
rino
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: "Neander Park"
on: January 26, 2013, 19:39

Desde a miña opinión, non estou completamente de acordo con este experimiento, pois non lle encontro unha finalidade necesaria nin clara. Este proceso custarianos cantidades importantes de diñeiro e pareceme innecesario , sobre todo nestes tempos, derrochar así os cartos nun experimento que o seu fin non é para nada imprescindible, pois o resultado sería unha recreación en vivo dun antepasado noso, que se adaptaría ás nosas condicións de vida e seguiría o seu camiño, o único atractivo que lle podo encontrar a isto é a curiosidade de comprobar en vivo como era esta especie, pois non se descubrirían demasiadas cousas novas sobre eles, xa que, por sorte xa existen numerosos estudios sobre eles. Ademáis sería unha patada para a evolución xenética, pois suponse que esta debe avanzar cara adiante e non cara atrás.

Páginas: 1 [2] 3 4 5 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.068 segundos.

Os comentarios están pechados.