Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Autor Tema:Enerxía nuclear non, grazas TEMA CERRADO
fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 14:30

Aclarando a algo que di Angel, creo que o da deforestación para poñer muiños eólicos en certo modo e verdad, pero o das aves non, xa que se demostrou que as aves estaban totalmente adaptadas a esas novas máquinas que se atopaban no seu entorno, tamén debemos considerar que actualmente, atópanse varías bases de muiños hidroeléctricos no océano, onde non molestan a ninguén. Con respecto ás presas hidroeléctricas, non se atoparía unha presa en todos os ríos e tampouco creo que en todos os ríos haxa salmóns. Os panéis solares, en Galicia, non sería totalmente rentables e como ben dis, as épocas de xeada poderían causar estropicios neles, pero hai outras partes no mundo onde sería verdadeiramente rentables.
Non creo que este ben financiar un estudo para investigar como destruir os resíduos radiactivos, creo que estaría mellor financiar estudios que investiguen a enerxía da fisión nuclear, xa que creo, que o futuro das enerxías atopase ahí.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 14:31

Eu creo que é demaisado arriscado que depositen os residuos radiactivos nun concello e por suposto no noso, xa que estes traen consigo unha enorme cantidade de problemas xa que nos podríamonos veneficiar das enerxías renovables con facilidade polo que non necesitaríamos a enerxía nuclear.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 15:34

Eu non estaría de acordo en que o meu concello se convertise nun depósito de residuos nucleares. Na miña opinión, o goberno debería decidir segundo a opinión de todo o pobo. Un depósito de residuos nucleares en Galicia por exemplo, onde a fauna e a flora son tan características e importantes afectaría moito ó seu hábitat. E xa non digamos as repercusións que tería na saúde de todos nós se se producise una fuga neses depósitos. Pero claro, o beneficio económico que recibe un concello por gardar residuos económicos é bastante importante e, como xa dixen moitas veces, o que importa son os cartos, e moito máis na situación actual. A min avergonzaríame que o meu concello estivese disposto a perxudicar gravemente o noso entorno natural por gardar os residuos nucleares; pero a que estarían dispostos eles por gañar máis cartos?

faa-josech-
aves
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 16:17

Eu opino que para construir un depósito de resíduos nucleares o primeiro que conta é se a xente que vive nesa zona está dacordo ou non coa operación. Se queren de veras contruilo nunha comarca, pois deberían de buscar un lugar que esté o suficiente lonxe de toda a xente para que non haxa problemas cós cidadáns.

faa-xosema-
rtinez
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 19:52

Respecto ó tema sobre a enerxía nuclear, eu penso que é certo que é unha fonte moi abundante de enerxía, aínda que debe ser reducida a medio prazo para dar paso ás enerxías renovables. Agora mesmo, as enerxías alternativas non están preparadas para soportar toda a produción enerxética dun país. Digo isto, porque neste sector, aínda é o principio e queda moitísimo por recorrer e o idóneo é ir convertendo tanto as centrais térmicas como nucleares en fontes renovables de enerxía.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 20:04

Respondendo a preguntade Víctor, non me gustaría ter no meu pobo un depósito de residuos nucleares, por outra banda creo que hai concellos que fan calquer cousa por conseguir unha boa economía e estable.

faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 23:13

Respecto a pregunta dos depósitos de residuos nucleares,non creo que sexa unha boa idea a de pelexarse por unha cousa como esta.Claro que da cartos ,e que pensan que total por ceder un anaco de terreo xa lle dan unha boa cantidade de diñeiro.Pero como todo ten unha cara negativa,e é que produce un impacto ambiental e ademais e moi perigoso xa que é moi contaminante.
Na miña opinión penso que ante unha cousa así habería que ter en conta a opinión de toda a comarca,e botar a ver que é o que pensa todo o mundo.Pero creo que por moito diñeiro que dea non todo o mundo vai querer ter un deposito de residuos nucleares no seu pobo.A min por exemplo non me gustaría que en Cambados tiveramos un depósito destes residuos.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 23:15

En resposta á pregunta que formulou Víctor; eu estaría totalmente en contra de que se fixese un depósito de resíduos no noso concello. E deberíase ter en conta a opinión de quenes viven nese terreo, as persoas da comarca.
Villar de Cañas, en Cuenca, foi elixida para almacenar resíduos nucleares. Parece mentira que dende ese instante, centos de persoas se despracen ata ese pobo para conseguir empleo ou outras posibilidades como poñer hostales, hoteles ou contruír casas. Está claro que a situación económica melloraría, pero a que prezo!

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 10, 2012, 23:32

O que se debe é emplear todos os recursos posibles para evitar que ocorran desastres do tipo de Fukuchima ou moito antes en Chernovil.
Tamén debense buscar alternativas ecolóxicas como a enerxia hidráulica ou eólica, inda que non cheguen para abastecer países como Xapón e que teñen que apoiarse na nuclear.

fab-cristi-
naporto
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 11, 2012, 18:54

Ben é certo que isto contribuiría ao desenvolvemento eonómico pero eu penso que a ninguén ou case ninguén lle gustaría un almacenamento de resíduos. Supón un gran impcto en alto risco para o medio ambiente.

Páginas: First << 2 3 4 [5] 6 7 8 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.066 segundos.

Os comentarios están pechados.