Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Autor Tema:Enerxía nuclear non, grazas TEMA CERRADO
faa-adrian-
feijoo
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 00:08

En España encóntranse en funcionamento seis centrais nucleares,todas elas na península,das cales dúas contan con dous reactores cada unha,polo que en total hai oito reactores,con unha potencia total instalada de 7.728MW.
Ademais tamén hai unha fábrica de combustible nuclear(Juzbado),e un centro de almacenamento de residuos radiactivos de baixa e media actividade en Córdoba.
A última central que se construíu foi a de “Trillo” en Guadalaxara no ano 1988.
En 2006 cesou a central máis coñecida como “Zorita”.E na actualidade a central 2Vandellós” atópase en proceso de desmantelamento o que require tomar certas medidas e coidados.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 00:19

Centrais nucleares en España:

-Garoña (Burgos). Construida en 1970. A súa refrixeración é aberta ao río Ebro. Peche programado para xullo de 2013.
-Almaraz I. Situada en Almaraz (Cáceres). Posta en marcha en 1980. Autorización ata 2020.
-Almaraz II. Situada en Almaraz (Cáceres). Posta en marcha en 1983. Autorización ata 2020.
-Ascó I. Situada en Ascó (Tarragona). Posta en marcha en 1982. Autorización ata o 1-10-2011.
-Ascó II. Situada en Ascó (Tarragona). Posta en marcha en 1985. Autorización ata o 1-10-2011.
-Cofrentes. Situada en Cofrentes (Valencia). Posta en marcha en 1984. Autorización ata 20-03-2011 (aínda que ten unha prórroga de 10 anos máis)
-Vandellós II. Situada en Vandellós (Tarragona). Posta en marcha en 1987.Autorización ata 2020.
-Trillo. Situada en Trillo (Guadalaxara). Posta en marcha en 1987. Autorización ata 15-11-2014.

fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 08:59

😉 Con esta situación respecto das centrais nucleares españolas, seméllavos que as políticas enerxéticas aplicadas por España plantexan como prioridade o uso da enerxía nuclear?

fab-noelia-
fernandez
Newbie
Mensajes: 4
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 12:17

Citado de fa-victor en May 9, 2012, 20:38
😉
Ata hai pouco tempo, varios concellos de España estaban a competir por conseguir que o futuro depósito de resíduos nucleares se creara nos seus terreos. Vos estaríades dispostos a que se construíra un no voso concello?

Pensades que é suficiente un consenso local ou que tamén habería que ter en conta a opinión do resto da comarca? Debería decidir o goberno autonómico?

Como credes que podería influír isto no desenvolvemento económico da nosa zona?

Eu si estaría disposta, creo que teñen unha seguridade casi perfecta e esto xeraría numerosos postos de traballo no concello, e dan moitas subencións ao concello por acoller estas estructuras, e repito que estou de acordo dado as súas máximas condicións de seguridade.
Penso que se deberia ter en conta toda a comarca, ao fin e ao cabo afectaríaslles tanto o bo como o malo de albergar esta estructura.
E respondendo a última pregunta e como xa dixen antes, esto sería unha gran fonte de ingresos para todo o concello e arredores, postos de traballo, subvencións....

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 12:41

Baixo o meu punto de vista, en España a enerxía nuclear ten prioridade respecto das enerxías renovables, posto que aínda hai seis centrais funcionando. Ademais por poñer un exemplo, se a central de Cofrentes tiña que pechar o pasado ano pero aumentóuselle o prazo de peche, será porque se aposta por este tipo de enerxía.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 14:57

Eu estou de acordo con Maria en España a máxima prioridade é para a enerxía nuclear xa que esta xera moito beneficio.E como ben di Maria está bastante por encima da enerxía renovable ou verde,xa que xera menos beneficios o bo desta e que non ten peligro.A enerxía nuclear creo eu que nunca vai acabar desaparecendo de España a este ritmo.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 15:37

Eu creo que en España a enerxía nuclear segue a ser importante e a predominar respecto das enerxías renovables xa que aínda hai centrais abertas pero na miña opinión, este tipo de enerxía xa non ten moito futuro e pouco a pouco irase substituíndo polas renovables.

faa-emilio-
abal
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 16:03

Eu non penso que a enerxía nuclear en España se decante pola enerxía nuclear porque somos a primeira potencia en enerxía eólica e temos moitas melloras noutras como a solar.

fab-paulaa-
lba
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 16:21

A enerxía nuclear é importante en España, de feito é a terceira fonte de enerxía do país. Ademais, retrasouse o peche das centrais alongando o periodo de vida útil ata os corenta anos.
Pese a isto, segue a existir un certo rechazo cara a enerxía nuclear polos seus perigos. Persoalmente, as enerxías renovables serían unha alternativa máis que suficiente para abastecer a toda España cando se desenvolvan por completo.

fab-alekse-
inogueira
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 15, 2012, 17:44

Eu non creo que en España se lle de prioridade ás centrais nucleares xa que comparado con outros paises e co potencial de consumo de enerxía eléctrica que poseemos temos moi poucas centrais nucleares. O anterior goberno decantouse polas enerxías renovables e podémolo ver xa aquí mesmo na xeografía galega, moitas serras contan con parques eólicos, tamén podemos observar esta decantación polas enerxías limpas en Castela (arroutada de instalacións fotovoltaicas)e nas demais comonunidades españolas, pero non só o anterior goberno se non que na ditadura xa se comezaron a construír un importante número de presas que a parte de abestecer á poboación utilízase para a producción de enerxía eléctrica. Outro dato que hai que sinalar para dar por feito que España se decanta polas enerxías renovables é que somos pioneiros en investigación e producción no ámbito das enerxías renovables .

Páginas: First << 5 6 7 [8] 9 10
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.109 segundos.

Os comentarios están pechados.