Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Autor Tema:Enerxía nuclear non, grazas TEMA CERRADO
fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 15:12

Respondendo á pregunta de Victor, nunha central nuclear que funciona correctamente a radiación que se emite e totalmente tolerable xa que atópase dentro dos índices de radiación que hai normalmente na natureza. O problema ocurre cando se produce un accidente nunha central nuclear. Os defendores da enerxía nuclear un argumento que sempre empregan é que esta é menos contaminante que os combustibles fósiles, e con esto respondo a pregunta de Victor, xa que comparativamente, as centrais nucleares emiten moitos menos gases contaminantes á atmósfera que os combustibles fósiles. Pero o problema que presentan as centrais nucleares é que facer cos seus residuos, que son os que son altamente contaminantes.

fab-isaaca-
bal
Beginner
Mensajes: 26
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 16:14

Debése buscar alternativas a enerxía nuclear, pero mentres tanto é para moitos países a unica forma de obtención de enerxía para abastecer a toda a súa industría e fogares. As enerxías renovable non contaminan ni xeran residuos, pero no chegan e teñen un gran impacto medioambiental. As enerxías procedentes de combustibles fósiles son estremadamente contaminante e non alcanzan os niveis de producción que si alcanza a enerxía nuclear.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 16:31

Considero máis contaminantes aos resíduos tóxicos, xa que as centrais nucleares non comtaminan; pero xeran unha serie de resíduos radiactivos que se consideran moi tóxicos.

faa-iriago-
ndar
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 17:08

A enerxía nuclear é unha enerxía que da pe a unha gran polémica. Dita enerxía e temida por todos os cidadáns debido a alta radiactividade que é nociva para os seres vivos . A xestión de residuos tamén é un dos grandes problemas que ten esta enerxía. Os residuos químicos pódense clasificar segundo as súas características químicas, físicas e pola súa actividade :
- Residuos nucleares de alta actividade, compostos polos elementos do combustible gañado.
- Residuos nucleares de media actividade, son radionucleidos producidos no proceso de fisión nuclear.
- Residuos nucleares de baixa actividade, basicamente trátase das ferramentas, roupas e material diverso utilizado para o mantemento dunha central de enerxía nuclear.
Os residuos nucleares de baixa/media actividade radiactiva (roupas, ferramentas, etc.) prénsanse e mestúranse con formigón formando un bloque sólido. Introdúcense en bidóns de aceiro e trasládanse a centros de almacenamento .
Os residuos de alta actividade prodúcense cando se gasta o combustible nunha central de enerxía nuclear, extráese do reactor para almacenarse temporalmente nunha piscina de auga construída de formigón e paredes de aceiro inoxidable dentro da central para crear unha barreira ás radiacións e evitar escapes. Unha das solucións que máis se aceptan entre expertos é o Almacenamento Xeolóxico Profundo (AGP), xeralmente en minas escavadas en formacións xeolóxicas estables.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 17:30

Como resposta a pregunta de Víctor, penso que son máis contaminantes os combustibles fósiles, xa que as centrais nucleares contaminan menos pero o seu problema é que facer cos residuos que son moi perxudiciais.

fab-mariaj-
blanco
Newbie
Mensajes: 2
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 17:31

Con respecto a este tema a miña maneira de pensar é moi clara, estou en contra das enerxías nucleares. Pero unha vez xa implantada esta enerxía nun pais como foi en Xapón que ten unha gran importancia na producción da súa enerxía non deberian deixar xa inmediatamente de usar este metodo, eu creo que neste caso o de Xapón o uqe deben facer é ir pouco a pouco reducindo esta productividade de enerxía nuclear e ir aunmentando as enerxías limpas, asi chegaria un momento no que as centrais nucleais xa non serian necesarias.

faa-luismd-
oval
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 17:48

No que respecta a miña opinión e creo que tamén o que pensa a maioría de nosoutros, habería que apostar polas enerxías limpas.Pero hai varios inconvenientes, un deles é que as enerxías limpas non aportarían o mesmo rendemento que a enerxía nuclear ademais de que son moi variables, coma podería ser o caso da enerxía mareomotriz e tamén por outra parte, que pouco se comenta, é que a enerxía eólica provoca un gran dano paisaxístico e sobre todo, sobre as aves. A miña conclusión é que as centrais nucleares non se poden eliminar así coma así, antes habería que buscar opcións perfectamente viables.Outra opción que se podería manexar, sería a dun gasto menor de enerxía, pero as costumes desta sociedade fan que esta opción, na miña opinión, sexa case inviable.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 18:50

Eu estou acordo que o futuro van ser as renovables, pero pensemos, de verdade son totalmente limpas?. Eu creo que no, porque o seu abuso, por exemplo no tocante a eólica podería carrear unha deforestación salvaxe, así como unha matanza de aves moi importante. Se nos diriximos a os encoros, pois os peixes como o salmón, non poderían subir polo cauce do río para poder desovar. E se falamos da solar estamos a dicir que queremos perder cartos, posto que os días de sol en Galicia son contado, así como as granizadas e xeadas son moi abundantes podendo causar estropicios nos paneis. En canto a Enerxía Nuclear, pois sitúas unha central, na que non se deforma moito o só, e se produce enerxía, o principal problema, os residuos. Pois ben, eu apoiaría estudos nos que se chegase a descubrir un método no que se puidese desintegrar estes residuos. Sí as enerxías verdes, non son tan verdes como parecen.

faa-iagogo-
nzalez
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 19:01

Eu estou absolutamente dacorco có meu compañeiro Angel, con quen comparto a opinión de que as enerxías renovables temén chamadas "limpas" non son tan limpas como parecen, pois causan máis danos no entorno no que se atopan ubicadas mesmo que as consideradas enerxías non renovables ou "sucias", como a enerxía nuclear e os combustibles fósiles.Por outro lado, tamén apoio estas enerxías, posto que a pesar de todos os problemas que poden causar nos ecosistemas nos que se ubiquen, temén teñes a ventaxa de ser renovables, feito que contribúe á que cada vez sexan máis empregadas.

faa-breixo-
alonso
Newbie
Mensajes: 6
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 9, 2012, 19:04

Considero máis contaminantes os combustibles fósiles xa que afectan directamente a atmósfera mentres que no caso da enerxía núclear os seus residuos almacenanse. Eu estou a favor da enerxía nuclear xa que actualmente, a enerxía nuclear é máis segura, barata, fiable e eficiente. De fieto, as plantas máis modernas permiten un mellor tratamento dos residuos, de forma que xa non son esas grandes cantidades de material radioactivo de vida moi larga, senon que son cantidades moito menores e de vida máis corta.

Páginas: 1 2 [3] 4 5 6 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.116 segundos.

Os comentarios están pechados.