Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Autor Tema:Enerxía nuclear non, grazas TEMA CERRADO
fa-victor
Moderador
Mensajes: 112
Mensaje Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 08:56

Despois dun ano da traxedia de Fukushima en Xapón , o debate a favor das enerxías nucleares volve a reactivarse. O único país que se comprometeu a reducir a dependencia á enerxía nuclear foi Alemaña, posiblemente polo gran número de representantes que teñen os verdes no seu congreso, e o propio Xapón, polo que lle pasou fai un ano en Fukushima. Aquí en Galiza tamén se levaron a cabo medidas contra a enerxía nuclear, facendo a Galiza zona non nuclear. A partires de aquí comeza o debate sobre se na realidade vale a pena pagar menos luz ou reducir a dependencia enerxética do exterior aumentando o número de centrais nucleares e así consolidarse cunha boa fonte de enerxía para poder sustentar un crecemento económico constante, e aquí a cuestión, se aumentamos o número de centrais nucleares nun país como en España no que a agricultura e a gandeira, en resumo, todo o que ten que ver coa natureza, ten unha gran importancia económica para o país e sucede algo como en Fukushima acabaríamos arruinados, non será mellor investir en enerxías limpas e reducir as centrais nucleares para evitar un desastre coma o de Fukushima?
Non é cuestión de ideoloxías neste momento, da igual de esquerdas ou de dereitas, só hai que pensar no ben de todos e no medio ambiente, favorecendo así o investimento nas enerxías do futuro, que neste caso xa é a miña opinión que, son as enerxías verdes.

Autor: Aleksei Nogueira Cacabelos

faa-mariam-
artinez
Newbie
Mensajes: 12
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 10:47

A enerxía nuclear en España é a terceira fonte para xerar enerxía eléctrica cun 22% da produción no ano 2010. Un dos datos positivos é que as enerxías renovables representan o 35,4 % da produción e, baixo o meu punto de vista, deberíase investir en mellorar esta cifra, xa que un futuro mellor depende de nós. Na Península hai dez instalacións nucleares, seis centrais con oito reactores en total, ademais dunha fábrica de combustibles nucleares, un centro de almacenamento de residuos (de baixa e media actividade) e un proxecto para a
construción doutro almacén para os de maior radioactividade. Como xa dixen antes, penso que se debería botar man das enerxías renovables e deixar de lado a nuclear, xa que aínda que é máis económica, tamén é máis perigosa. As centrais son puntos de interese para posibles ataques terroristas e as consecuencias serían devastadoras, ademais da posibilidade de que haxa accidentes que causen moitos estragos e víctimas.

fab-amadeo-
abal
Beginner
Mensajes: 25
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 14:32

Eu creo que se debe inverter máis en enerxías limpas que en centrais nuceares,xa uq estas envían menos contaminación aos noso arredores.Pero a mellor enerxía é a solar porque o sol está en constante luminosidade, e entréganos en calquera hora do día(menos na noite).
No día cargamos de enerxía e na noite esta recarga utilízase.
Posee o mesmo prezo que a enerxía nuclear, non é dañina para o medio ambiente e é rentable.

fab-antiac-
hantada
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 16:17

Na miña opinión todos os países deberían de estar a favor das enerxía limpas, buscar novas alternativas para substituír as centrais nucleares, aínda que isto levaría moitos custes, eu creo que é necesario porque os residuos que xera a enerxía nuclear acabará levando a verdadeiros problemas na nosa natureza. Por iso, é mellor sacrificarse agora, e levar adiante iniciativas como as de Alemaña.

fab-fuensa-
ntabuceta
Newbie
Mensajes: 14
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 16:23

Creo que con accidentes como o de Fukushima ou o de Chernobil deberíamos darnos de conta do perigosa que é esta enerxía. Se ademáis temos en conta que os residuos xenerados por esta enerxía permanecen no medio durante miles de anos e que manter unha planta de enerxía nuclear costa grande sumas de cartos público (só a xestión de residuos radiactivos) deberiamos inclinar a balanza en favor das enerxías renovables.

fab-inesfe-
ijoo
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 16:33

Resulta incrible que cos avances que temos oxe en día, que ainda sigan apostando por enerxías como a nuclear, que de todas é a peor xa que sacando que nos dá enerxía, o resto todo son problemas polo que hai que concenciarse de que eso ten que cambiar. Temos que utilizar as enerxías limpas, xa que son as novas fontes de enerxía que por agora parece que non teñen problemas, ou polo menos os mínimos. Creo que hai que ir cos tempos e agora é o tempo das enerxías limpas.

fab-sandra-
romero
Newbie
Mensajes: 19
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 17:10

A día de hoxe, está claro que as enerxías renovables son o futuro. Entón, apostemos polo peche das centrais nucleares, que supoñen un alto risco e ademais xeneran un alto índice de resíduos tóxicos. O peche destas centrais, a curto prazo, pode que non sexa rentable (xeneran máis do 20 % da enerxía do país), pero a longo prazo si o será.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 17:57

Na miña opinión, Aleksei na presentación deste foro mestura dúas cousas totalmente diferentes: política e enerxías renovables.
Está de moda nos últimos tempos botarlle as culpas aos políticos de todo o que sucede, pero non nos damos de conta de que os políticos están aí porque os cidadáns os elexiron, que son un reflexo da sociedade.
En Alemaña, grazas á implicación dos Verdes, segundo Aleksei, conseguiuse apostar pola reducción das centrais nucleares.
En Alemaña os Verdes ocupan 68 escaños no Parlamento Alemán, mentres que en España os Verdes teñen 1 escaño no Congreso dos Deputados. Isto debe facernos reflexionar sobre que é o que queremos para o noso país e a quen queremos que dirixa o o noso país.

faa-victor-
inosouto
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 18:09

Concordo cos meus compañeiros que as enerxías do futuro son as renovables. Dito isto non todo o que vemos das renovables é tan bonito xa que tamén ten os seus inconbintes para a naturaleza. Algún exemplo son os parques eólicos que hai que desforestar un monte para poñer os muiños a parte de que moitas aves migratorias morren coas aspas a o voas a contra luz xa que non ven as aspas. Os encoros destrozan a fauna dunha zona xa que as troitas non poden seguir o curso do río para desovar os ovos a parte de que no fondo do encoro quedan almacenados os lodos do río e por se fora pouco aveces como no caso de Caldas a auga colle unha bateria e non é acta para o consumo. Unha enerxía que quizá se poida decir que non ten inconvintes é a solar xa que as placas fotovoltaicas pódense poñer nunha finca ou xardín e produce enerxía sen prexudicar a natureza. Na miña opinión a mellor enerxía alternativa é a solar pero se temos en conta que en Galicia solo fai sol de verdade no verán pois xa non é rendible na nosa comunidade. A parte de todo isto as enerxías renovables son moi caras as intalacións polo cal moi poca xente ten istaladas no tellado da sua casa unhas placas solares e toda a enerxía que consumen son a corrente eléctrica e os conbustibles fósiles.
Para concluir, como xa dixen o principio, o futuro van ser as renovables sen duda algunha pero de momento ainda lle queden moito que mellorar para que sexan interesantes a sua intalacións e a sua produción a o 100%.

fab-ismael-
agra
Newbie
Mensajes: 11
Mensaje Re: Enerxía nuclear non, grazas
on: May 8, 2012, 18:10

E con respecto ás enerxías renovables, non me cabe a menor dúbida de que máis pronto que tarde todos os países estarán concienciados da necesidade de apostar por elas en detrimento doutras enerxías como a nuclear.
España estábase convertendo nun país pioneiro en utilizar as enerxías renovables, pero a partir de agora pasará á cola dos países que as utilizan.
Un dos exemplos é a medida de revocar o peche da central nuclear de Garoña que xa estaba firmado anteriormente ou a aprobación dunha moratoria ás enerxías renovables.
Trátase dun grave error estratéxico na loita contra a crise porque o sector renovable é un dos máis viables e con máis capacidade de cración de emprego. É un suicido tanto económico como para o futuro enerxético de España.

Páginas: [1] 2 3 4 >> Last
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.162 segundos.

Os comentarios están pechados.