Podes acceder ao contido do foro antigo nesta ligazón.

Se non tes un usuario asignado podes crear un nesta ligazón.

Se tes un usuario pero non podes acceder o foro, seguramente a túa conta de usuario pertenza ao sistema antigo de blogs. Podes solicitar a actualización do teu blog e así poder acceder a este foro.

Bienvenido Invitado 

Mostrar / Ocultar encabezado

Bienvenido Invitado, publicar en este foro requiere registrarse.





Páginas: First << 8 9 10 [11] 12
Autor Tema:"SOPA" para todos? TEMA CERRADO
fab-martin-
franco
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 21:42

Na miña opinión esta lei deberia, se non avolirse, modificarse. Esta lei creouse co fin de protexer aos artistas e o seu traballo, ainda que hai artistas que non estan de acordo e suben o seu traballo á súa páxina na rede para que se poida descargar gratis, pero ao final acabou por infrinxir a liberdade de expresión que deberíamos ter todos. Eu creo que que os artistas "perdan" cartos non é unha excusa para poder aprobala, pois tamén é certo que a fama destes artistas creze a medida que as súas cancions se descargan da rede, e se aumenta a súa fama, aumentan tamen as sús ventas de discos ou de entradas para os seus concertos. A intervencion do FBI no peche de Megaupload pareceme escesivo pois eso só empeorara a reacción do pobo, o que queren é eliminar a única arma que temos pois polas redes sociais convocanse as manifestacion en contra desta lei e de tdala corrupción que estamos a vivir nestos momentos, sen Internet non hai redes sociais, e sen redes sociais non hai manifestacion, o que queren é calarnos.

faa-paulag-
ondar
Newbie
Mensajes: 7
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 22:48

Estou totalmente a favor co que di Martín. Penso que sí debería existir unha lei que controlase a piratería en internet, xa que a ninguén lle gusta perder cartos nin que lle plaxien as ideas. Poñer un prezo simbólico ás descargas sería unha boa solución. Pero chegar ó extremo de que o FBI interfira é algo excesivo. Non vexo ningún beneficio no peche de redes sociais. O único que vexo, como di Martín, é que o que buscan pechánoas é o noso silencio, xa que as redes sociais son un bo método de manifestaión e liberdade de expresión. Esta lei ten puntos a favor e puntos en contra (máis en contra), polo que non estou ó seu favor.

faa-luismd-
oval
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 8, 2012, 23:07

Na miña opinión,esta lei ten parte de razón, xa que se deben de protexer os dereitos dos autores e os custos desas películas,cancións,etc. Xa que estas persoas teñen que gañar máis diñeiro do invertido para que lles saia rentable,e coa transmisión ilegal, estas persoas perden gran cantidade de diñeiro. Pero por outra parte paréceme excesivo ata o nivel onde se quere chegar, xa que non todo é perxudicial para os autores, dado que tamén utilizan a rede como medio para darse a coñecer ou promocionarse. Eu vería como posible solución, modificar esta lei, facéndoa menos extricta e tamén vería como solución viable unha gran redución dos prezos, xa que unha das razóns polas que se descarga, en vez de comprar, é polo seu excesivo custo.

fab-aldara-
garcia
Newbie
Mensajes: 16
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 17:15

Estaría ben facer unha modificación como di Martín. Poder mercar as películas e música via internet, como xa ofrecen algunhas páxias. Pero habería que moderar os prezos, xa que actualmente o prezo que hai que pagar por ve runha película no cine e extremadamente elevado, xa que é dificil que baixe dos 5 euros, e é moito mási cara de é en 3D, como o son case todas hoxe en día. Ca crise que estamos a vivir a xente non está disposta a permetirse ir ao cine.
Se podésemos mercar as películas por internet a prezos de 3 ou 2 euros, moita xente faríao, o que pasa é que é moi cómodo baixarse unha película totalmente gratis, pero iso e ilegal, e temonos que empezar a concienciar.

fab-raquel-
blanco
Newbie
Mensajes: 13
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 20:36

Se vaixaran os prezos a xente comezaría a mercar as películas e a música, pero como dí Aldara nos tempos que estamos a xente non esta disposta a pagar 10€ por unha película. Pero como estamos acostumbrados a ter todo gratis agora pagar 10€ por unha película parécenos caro, pero se non queda outro remedio que comprala a xente acabaráo facendo pero sería mellor cun prezo máis baixo.

faa-nereap-
az
Newbie
Mensajes: 5
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 21:37

É certo que ten que existir un control en certos aspectos que se manexan na rede pero sen chegar ós extremos. No caso de descargar peliculas e música aínda que persoalmente me prexudicou entendo que a algún artistas non lles guste que outros obteñan o seu traballo sen darlle ningún benefecio. Sen embargo o peche dalgunhas páxinas por conter material pirata como é o caso das redes sociais ou incluso da wipipedia poden acarrear outrod problemas xa que son moitos os cantantes que empregan as redes sociais para promocionarse e facer unha publicidad da súa música.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 21:47

Señor Ruben, parece de tal punto de ignorancia dicir que o único que se quere facer é que os ricos aumenten os seus beneficios e os pobres empobrezan máis. Vostede quere ter dereito a roubar? Pois entón vou con vostede mañá a casa do máis rico que hai pola zona, e roubámoslle o coche, que total xa é rico. Por favor teña en conta que é maior de idade para dicir semellante aberración. O meu exemplo non sería grandilocuente, pero si serve para dar unha visión sobre o que estábamos facendo ata agora. Pero se non lle sirve o exemplo pois, pensen non furtivismo que ven sendo o mesmo. E outra cousa, agora queredes manter as descargas ilegais porque perduraron moito non tempo? Perdoádeme pero non hai moito escribían nun foro anterior, que os touros tiñan que desaparecer, é levan moitísimos máis anos. Sexan razoables, que por moitas descargas ilegais que fixeramos, iso non é motivo nin escusa para dicir que está ben.

faa-rubeng-
onzalez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 22:03

Señor Anxo, vexo que ten as ideas claras, cousa que me parece ben. Pero eu seguirei decindo que a lei SOPA é unha lei totalmente fora de lugar. Primerio, porque (volvo a reiterar) lévase "pirateando" dende fai moitos anos sen ningún impedimento, se de verdade estubera perxudicando gravemente os autores esta lei estaría en vigor dende fai moitos anos. Segundo, esta lei pode ter as suas criticas positivas e as suas negativas pero non me pode negar que esta lei chega no peor dos momentos, e isto fai que, exista mais xente en descordo que a favor. Como conclusion volver a decir que esta lei non fai mais que recortar dereitos e liberdades que os gobernos "instauraron" e non fixeron nada no seu momento por evitar e que agora nos queren quitar.

faa-angelf-
igueiras
Newbie
Mensajes: 17
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 22:28

Moitas grazas señor Ruben pola súa consideración na súas primeiras palabras hacia min. A época que estamos vivindo señor González, é un cúmulo de inutilidades que se fixeron nos últimos 6 anos. E esa lei chegase cando chegase persoas como vostede protestarían igual. E sinto moito pero eu non podo dicir o mesmo das súas ideas, porque lle volvo a reiterar que vostede dixo en comentarios de outros foros que os touros tiñan que desaparecer, segun a súa regra de tres, os touros levan máis anos, e nadie morreu, ousexa que teñen que seguir. Vólvolle dicir, dignifique e aclare as súas ideas, que xa é maior de idade para facelo.

faa-rubeng-
onzalez
Newbie
Mensajes: 8
Mensaje Re: "SOPA" para todos?
on: February 9, 2012, 22:38

Grazas por recordarme unha e outra vez a miña maioria de idade, pero iso non ben o conto. Os seus argumentos cada vez son mais escasos non me dixo nada con esa liñas que me dedicou. Simplemente me recordaches os motivos porque estamos nesta sitiuación economica, e comparou a ley SOPA cos touros, cousas que non teñen nada que ver, principalmente porque un e un problema a nivel nacional e o outro a nivel internacional.Pero deixando isto aparte, preguntareille outra vez (espero que esta vez me conteste) cree vostede que esta lei benificiaria a TODOS os afectados tanto dun bando como do outro na situación económica pola que pasamos? porque?

Páginas: First << 8 9 10 [11] 12
Foro Mingle by cartpauj
Versión: 1.0.30 ; Página cargada en: 0.085 segundos.

Os comentarios están pechados.